Etiquetas

Rexistrado en Safe Creative ______________________________

miércoles 28 de julio de 2010

¡ UNHA HORA ! truncouse unha vida nunha hora...

Era o 14 de Xullo do 2006, o día ía sendo tranquilo , embarcado nun mercante que navegaba polas augas de Malta, Rafael León Caamaño dispúsoxe a chamar á sua casa , polo cumpreanos de seu irmán e máis da sua dona .O reloxo marcaba as 15:00 h de España .
Unha hora despois voltaba a soar o teléfono , ó descolgalo o interlocutor comuníca ; que Rafael morrera .

Estaban a facer un simulacro de salvamento , cando baixando ó bote , rompíuse o cabo . Caeron ao mar tres mariñeiros , ca mala sorte de que o bote lles fora enriba ; morrendo no acto Rafael e deixando feridos graves ós outros compañeiros.
Ramona , sua irmá , dirixiase á casa de Pilar de la horadada (Alacante) despois de rematar o traballo cando lle soa o teléfono para comunicarlle a triste nova. O seo corpo escomenzou a tremer ¡ Non podía creer o que estaba a escoitar ...

O primeiro que lle pasou pola sua mente foi que en vinte anos só se viran catro ou cinco veces , tiñan falado por teléfono pero... Non era o mesmo, non sentía a calidez dunha aperta, e xa non o ía poder facer . Tamén pensou nos seus tres fillos pequenos que quedaban sin pai e os xemelgos de dez meses que apenas os vira unha vez , cando tiñan a idade de catro meses.
"Meu probe irmán ..." -Pensaba Ramona e a sua familia , inda non estaban recuperados do impacto emocional que sufriran dez dias antes co accidente de moto do outro irmán pequeno , ó cal lle tiveran que amputa-la perna dereita e lle quedara o brazo esquerdo inútil , e...¡Agora isto!
Dez dias tardaron en repatriar o corpo de Rafael . Dez dias de angustias , choros e lamentos : Os pais xa non se tiñan en pé , máis Ramona sacaba forzas para sostelos , non quería perder a máis seres queridos . Pensaba que tiña que ser forte porque nada voltaría a ser o mesmo. Rafael foi enterrado e seu irmán pequeno estivo catro meses no hospital.

A vida ás veces , semella ser moi inxusta , golpea forte e os sentimentos de apoio axudan pero... Ás veces queda algo dentro sen botar , un día síntese un-unha máis capaz de contalo e na honra do seu nome decídese a facelo .

E isto espero axude a xente a superar as suas penas e que saiban que o falar ... Libera .
" Que este relato sexa un homenaxe no teo nome Rafa, e que saibas que nunca te esqueceremos,que mentras che lembremos estarás aquí con nós ".

1 comentarios:

Anónimo dijo...

Hola,son María León Caamaño, prima de Rafa... non é que o coñecera moito, de feito apenas o coñecía, pero recordarei o día da súa perda como un dos días máis tristes da miña vida. Como ben relatas Xusto, foi unha desgraza tras outra.... calquera podería dicir que como apenas o coñecía non debería de sentirme tan mal non??, pois todo o contrario, cando vin os meus tios (pais de Rafa) sufrindo de aquela manerira, os meus primos, a muller de Rafa... chorei tanto ese día.
Só podo rematar dicindo q o q máis me doe é non haberte coñecido mellor primo.