Etiquetas

Rexistrado en Safe Creative ______________________________

domingo, 29 de agosto de 2010

O ISLEÑA - ¿Un naufraxio esquecido?

    Hoxe escribirei sobor dun naufraxio, que non foi contado nos libros, a xente sempre oio falar del, pero con datos  moi confusos, en algunhas publicacións nomease mal a situación, ou o número de mariñeiros, xa que foi uns dos naufráxios coñecidos de xente de Fisterra, quero dende aquí facer unha lembranza deses mariñeiros.

    Era o día 23 de Xaneiro do ano 1961, o mar estaba moi malo, rompian os baixos da "parede" debaixo do faro de Fisterra, o "Isleña", un barco de unhas 7 toneladas,  con matrícula de Vigo e con base no porto de Fisterra,  estaba recollendo os aparellos no lugar do "leixón", cando un golpe de mar procedente do baixo da "parede", alcanzous de costado facendo voltear o barco, os seos sete tripulantes caeron a auga, esto todo foi visto polo mariñeiro que estaba destinado no faro de Fisterra,Nazario Rivera "pintura", que cheo de nervos, collío a sua bicicleta e pedaleou os case tres kilometros que separan o faro do porto, chegando a este exahusto, case que non respiraba docansado que estaba, avisou aos mariñeiros de que o isleña, dera volta de quilla debaixo do faro. De seguido, saio a toda máquina o " Segundo Choupín", patroneado por José Antonio Martinez, "o repoleiro",mentres, os homes loitaban por manterse a flote,un destes mariñeiros,Moncho "de Rosina", foi quen, dende o primeiro momento na procura dos seos compañeiros, collendo a , Juan "da Cueva" botandoo enrriba da quilla do barco que ainda se mantiña a flote, logo proseguío na procura de outro, Bautista,e asi ata  tres compañeiros, o último destes era "o  Meijiño",antes de, voltar el mesmo pra emrriba do barco, falou co motorista, que por mor do gasoil  non via nada  e estaba desorientado,decídolle que aguantase que os viñan buscar, el xa non podía facer máis estaba rendido do cansancio, o motorista,José López, foi un dos que morreran, xunto con dous  irmans,  Manolo e ModestoMarcote Redonda. O "Segundo Choupín ",  abreulle máquina ao seo motor, botándo rumbo ao lugar do naufraxio, recollendo con vida a catro dos seos sete tripulantes, non pudo salvar aos outros tres que desapareceran nas augas do mar. Ao chegar a porto montouse entre os barcos do porto, un efectivo de búsqueda dos desaparecidos, dando o seo fruto poco despois recollendo entre os aparellos os corpos dos desafortunados mariñeiros.
    o seguinte día, montouse un gran funeral con autoridades civis e militares pra darlle o último adeos a, aqueles homes que deixaron a sua vida no mar de Fisterra.

viernes, 20 de agosto de 2010

Xan "das crebas" (XV)

Mentres, botouse a fumar un pitillo. Axitou a cabeza dun lado pra outro, como querendo facerse borrar da sua memoría eses pensamentos, Xan, non quería, nin debía namorarse....el non era así. Deveron ser os asubios dos paxaros cando baixaba polo camiño, o que, lle fixera porse melancólico. Apurou o pitillo, e dirixíose a escomenzar remexer na procura de algunha cousa de valor que o mar arroxara. Ademáis, esquecería aqueles pensamentos que lle viñan a cabeza. Seguía buscando entre tablas e demáis obxectos que o mar trouxera, alzou a vista ,ollando, como unha persona viña facendo o mesmo  dende a outra punta, non era raro atoparse con algún crebeiro deses de cando en vez, máis ao ollar pra forma de remexer  daquela persoa, notaba Xan que era un crebeiro profesional, sabía o que facía. Mentres, Xan volteaba os algazos, na procura de algo que poidera vender. O home acercabase máis, Xan, parando, alzou a vista , agardando a que chegase a sua altura, cando isto sucedeo, Xan saudouno dando os bos dias, o home, repostoulle co mesmo saudo. Logo dunha pequena pausa proseguio aquel home decindo - vexo que vostede se adica a esto, e, nunca antes o vira por estes lugares, ¿dedícase vostede as crebas?. Xan contestoulle - ¡si! xa levo uns anos adicándome a isto, e agora vou por toda a costa, na procura de crebas, así deleitome coa paixase e máis coa forma de ser da xente - o home contestoulle botándolle un sonrriso, mentres axitaba a cabeza afirmando aquelas verbas, logo, dixo - ¡asi me justa!, a iso, chámalle a miña dona, andar a rascar o nabo polo mundo adiante, jajajaja - riuse, logo voltou a falar - pois sí, eu tamen me adico a procura de crebas dende xa fai tempo, esta praia e moi boa pra isto, as correntes do  mar favorecen que salgan moitas, ainda que, como ben  podes saber, as que frotan non son as mellores, o metal pagano ben.

Soando van os murmullos
que con mala fe, ían contando,
sabedores que nas súas casas,
tiñan as galiñas cun galo.
   Non se pode facer caso
nin vivir das faladurías,
pois moita xente alégrase
e danar, é a súa enerxía.
   Xuzgan sen saber nada,
basándose duns contos,.
que lle traen coma un dedo
coma un brazo mailo hombro.
   Traicioneira que é a envexa
e non o queren evitar,
viven na hipocresía
e no mundo da maldade *

    Xan, díxolle - eso mesmo, máis eu polo momento non teño queixa, fun quitandolle algo de cando en vez. O home escomenzoulle a falar de que, efectivamente el tamén vivia diso, ainda que con unha diferencia...¡estaba casado!. Enton o home escomenzou a falar - boulle  decir unha cousa, nos pobos e aldeas pequenas coñecémonos todos,e... as malas linguas, non deixan desenrrolar con normalidade un oficio coma iste, a miña dona xa esta cansa de tanta faladuría. - Xan díxolle - mire...sentémonos a fumar un pitillo que lle invito eu e explicolle como é o tema ese. Aquel home aceptou o ofrecemento de Xan, sentáronse enrriba duns dos troncos que sairan a praia, sacando o tabaco de picadura máis o papel de liar,  Xan botouse a facer un par de pitillos mentres falaba con aquel home  - pois...como lle ía decindo, a xente ao coñecerse xuzga o comportamento dos demáis, como unha norma de control sobor da vida social da aldea ou pobo, entón así, a xente, por medo a esa crítica  procura comportarse dun xeito que non estean nas bocas da xente. Asi mesmo tamen o fan algúns ca bruxería, así calquera que se comporta dun xeito raro, é sospeitoso de bruxería, e ninguen quere que se lle relacione con ela, xa que, está vencellada co demo. Así, podolle nomear varios, como o mal de ollo, que din que ten un enrriba cando, por envexa, a xente di que esa persoa  provoca emfermedades e trastornos, así en sitios é coñecido o mal de ollo como envexa. Esa é unhas das funcións do mal de ollo , o de que a xente controle a envexa dos seos veciños. E así, contrólase que a xente, por medio do sentimento da vergoña, se comporte socialmente, ninguén quere ser acusado de ter mal de ollo ou de ser bruxo, por eso unha persoa que cumpre as normas de convivencia dise dela que é vergoñenta. - ¡que tanta razón ten vostede! - exclamou aquel home - debe de ter estudiado na escola. - Xan respostoulle  - sí, estudiei na escola, pero...na escola da vida, esa é, a mellor escola que temos a xente probe. - ¡pois sabe vostede moito! - exclamou o home - Xan erguéndose mentras sacudía o pantalón comentou - pra vivir neste mundo ai que espabilar e non durmirse, e, ter medo dos vivos non dos finados, que, eses si que non fan nada os probes, aínda que culpas levan dabondas. O outro home xa se erguera e poñéndose en camiño seguiron os dous remexendo en buscas de crebas...

*Poesía de Pacola González

jueves, 12 de agosto de 2010

O "BARITO"- unha morte predecible

      Polas emisoras de radio, oíase falar do achegamento dos restos dun novo ciclón... o Klaus, cando, non había moitos dias, fixera o mesmo o Hortensia. Era o día 15 de Novembro do 1984, o Barito, un pequeno barco duns 5 metros de eslora  estaba recollendo as nasas pola zona da "illa de Santa Catalina" en Tal,.Había mar de fondo, cando.. un golpe de mar dalle volta de quilla o barco, os dous tripulantes caen o mar, Antonio Domingo Lado "Cuco" de 17, ao sair a superficie non vio ao patrón, Ángel .Lestón Formoso de  48 anos, entón foi cando se puxo nadar pra terra en busca de axuda, ao chegar foi como pudo a unha casa  chamou por teléfono a muller do patrón dandolle a mala nova. Púxose en marcha un mecanismo de busca, aparecendo horas máis tarde o corpo de Angel Lestón Formoso, máis coñecido como "Gelito",  era moi querido na vila de Muros, xa que, foi un dos fundadores do club de remo de Muros, sendo Antonio, tamen remeiro do club, e, asi son  as cousas da vida,  un poco tempo despois,  moi preto de onde morrera o seo presidente, perden a vidas, outros tres remeiros máis nun accidente de circulación.
     A súa viuda Socorro Leal recorda o suceso como algo horrible pero ,ó mesmo tempo, incluso previsible,  xa que,  "...era un home que non lle tiña medo a nada,  por que a súa complexión fisica forte facíao moi confiado. Levaba toda a vida no mar ca experiencia de ter pasado por distintos tipos de barcos e, ademais, nadaba como un peixe pero pese a ser un home de mar faltáballe a cualidade mais importante que debe ter un mariñeiro,...respetalo  mar. Téñolle berrado en multitude de ocasións por sair a faenar co noso fillo Lito cando so tiña uns 10 anos de idade en condicións meteorolóxicas moi adversas,  e,  o propio Lito tenme contado que moitas veces pasaran mais dun apuro intentando evitar que o barco lles volcase.
    O día do accidente serían as 12 da mañá cando recibín a fatídica noticia a través dunha chamada telefónica do tripulante Antonio Domingo que traballaba con él, dentro do lóxico estado de shock no que quedei, de seguido, avisei tanto á Comandancia de Marina como a familiares e veciños. lembro que, chovía e ventaba moito,  pero en poucos minutos xa se xuntaran todos pra... en coche, desplazarse ata  as proximidades do lugar do naufraxio.
    A miña cabeza empezou a asumir que as posibilidades de topalo con vida, eran poucas, pero... ainda así, pra o descanso da familia, o feito de que atopen o corpo é un pequeno alivio pra evitar volverse tolo.
    So tiveron que pasar unhas poucas horas pra certificarla mala nova... ¡acababan de topalo corpo do meu home sin vida!. Non so acababa de perder a persoa ca que formara unha familia, si non que, ademais, xa non estaba o motor do sustento da mesma, e, polo tanto, sentía que estaba embarcando nun navío que se iba polo mar abaixo, sen viveres ...e con catro fillos que sacar adiante. Grazas a Deus, a mente, moi pouco a pouco fai que vaiamos topando o bo rumbo da vida e sigamos loitando polos nosos seres queridos. A pesar das adversidades, unha das cousas que máis me desafogou foi... comenzar a escribir pensamentos,que logo se convertirian en poesías, sen moito valor literario pero con moita carga emocional, que fixeron que recargase forzas para posteriormente facer todo tipo de actividades ca xente da miña idade. Seguir adiante e moi duro, pero é a mellor terapia para que a cabeza comence a descargar tensións e sigamos o curso da vida axudando ós fillos e non condenandoos tamén a eles a ir a pique.
     Hoxe por sorte os meus catro fillos teñen a súa vida e os seus traballos do que eu estou moi orgullosa, pero sei que, eles tamén o están de min, por que, sempre que teñen oportunidade, me recordan como unha cualidade persoal o meu espíritu de loita e sacrificio."
   
    O mar, o que tanto da, pero que...tanto nos quita, cobrouse unha nova vida, ¿podíase predecir?, non  sabemos, máis, o que sabemos é ...que ao mar, non se lle pode perder o medo, cando...iso pasa, estaremos sendo unhas víctimas en potencia, un día u outro...convertirémonos noutra victima que engadir a larga lista de ....náufragos do mar.....

jueves, 5 de agosto de 2010

Xan "das crebas" (XIV)


..anduvo un bo treito, logo, púxose a descansar debaixo dun carballo que estaba ao pe do camiño, meditaba sobre a xente que ...coñecera, e que, a pesar de ser un descoñecido, sempre había quen lle puxese unha man. Do seo chaquetón quitou unha caixiña con tabaco de picadura máis papel de fumar,dispoñíase a liar un pitillo, cando...polo camiño, acercábase unha persoa, Xan, xirando a cabeza, ollou pra ela, era un home delgado, tiña unha boina na cabeza e vestía roupa de festa, camiñaba coa mirada perdida nas pedras do camiño, Xan, ao pasar o home por onde el estaba saudounno  - ¡bos dias! - o home sobresaltouse, non se decatara da sua presenza, e, con unha voz profunda respostoulle - ¡nos de Deus! - proseguindo despois - vostede ¿ non é deste lugar? - Xan dixo - non, eu sou de máis ao sur - o home voltoulle a falar - pois... de por alo veño eu, ía a ver si me curaba das miñas doenzas o "sabio de Villastose", pero, ca mala sorte de que xa Deus dera conta del, morrera, unha magua,  érache... bo curandeiro ese home, sabía todalas artimañas pra descubrir os tramposos, ademáis de curandeiro, pero... ¡ e a vida! , agora  no seu sitio ai un rapaz novo - Xan díxolle - sí, oira falar del, pero xa ai moito tempo... E vai Xan e pónselle a cantar unha pequena copla a aquel home:
   No lugar de Villastose
ai un cura moi cabal,
tanto descubre o tramposo
como che cura un mal.
   Un dia duas mulleres
levabanlle duas ducias de ovos,
na metade do camiño
gardaron unha  nos toxos.
   Ao rematar a consulta
con aquel cura tan sabio,
entregaronlle os doce ovos
 e díxolles el de contado:
     ¡vaianse,vaianse, señoras
 que fanvos máis falta a vos,
 arrimádeos xunto da outra
 que no camiño quedou...

- o home díxolle a Xan  -  moi bonita esa copla nunca a oira - Xan respostoulle - cantábama a finada de miña nai cando era un cativo, o home volveo a decirlle -moi ben  e...¿ vostede vai cara a aldea?, ao que Xan respostou - Sí, si se refiren cara ese lado do camiño, sí, vou. entón o home pediolle que fose con el , así contarian cousas polo camiño, e, irían máis entretidos. Erguéndose, Xan botouse a andar , o home que o acompañaba escomenzoulle falar  -  pois, ¿vostede, a que se dedica? - Xan díxolle  - sou un crebeiro, e ando pola costa en busca de crebas   - o home volveo a falar - pois mire, un pouco máis adiante ai unha gran praia, e sempre sae algo nela. Mentres andaban, pasaron por unha igrexa , o home díxolle - esta igrexa, e famosa por un caso que pasara con un soldado dalo de escocia, pois o moi pillo entrou  nela , quería roubar o copón de prata, onde el pensaba que estaba o Santísimo Sacramento, pero...non o atopou, e así comio todas sagradas formas que este contiña no seo interior, dándolle, alo ao pouco, unha grande dor que tivo que arrastrarse pola igrexa, rabeando como un can e...morrendo pouco despois. Cando os veciños voltaron, atoparonno,i enterraronno nun buraco, cubrindo con pedras ao finado, pero, ¿ que fixeron? despois foi peor , o cheiro tan grande que despedía fixo que en moito tempo non se poidese facer misa. - Xan dixo - en cada sitio que vou, sempre atopo cousas raras que pasaron, bueno meo home, vexo que a praia está preto e xa o deixo, voume ver si atopo algo - o home respostou - encantado de coñecelo e que sexa un bo dia pra vostede. Xan, collio un camiño de pe e baixou por el cara a praia, tiña que pasar por preto dunha lagoa na que estaba chea de paxaros de todos tipos, ao chegar a praia, deixou a seo saco na area, e foi cara a beira do mar, había bastantes cousas que truxera o mar e tiña que remexer entre elas,  pero Xan ese dia non tiña presa, estaba melancólico,  sentouse enrriba dunha caixa e...botouse ollar o mar, ese mar que tanto lle dera, que tanto lle quería, e pensou na xente que deixara atras, por segunda vez,  e... na viuva, aquela boa muller que o salvara dunha morte segura...non sei eu, pero Xan...estábase a namorar...