Etiquetas

Rexistrado en Safe Creative ______________________________

domingo, 28 de febrero de 2010

TESTAMENTO DEL LICENCIADO D. ANDRES CANOSA DE CAAMAÑO

O téstamento este caeo nas miñas mans e o titulo e:

TESTAMENTO DEL LICENCIADO D. ANDRES CAAMAÑO,
QUE FUE CURA PARROCO DE PEREIRIÑA

Receloso de la muerte
segura a todo mortal
es mi deber principal
disponerme de esta suerte;
para que trance tan fuerte
no me coja descuidado
quiero tener arreglado
mis cosas por testamento
para que al fallecimiento no haya ningún altercado.

Empiezo, pués, diligente
a hacer disposición
con la mas sana intención,
del modo y forma siguiente:

Confieso estar bueno y sano
con mi juicio cabal;
aunque decirlo esté mal
soy católico cristiano.

Creo en la divinidad
según mi fé y misterio
y creo en el alto misterio
de la Santísima Trinidad.

A Dios encomiendo el alma
que la creó de la nada,
para que vaya con calma
a la celestial morada.

También a la sepultura
dejo el cuerpo inanimado
y que sea amortajado
con clerical vestidura.

Es mi gusto y voluntad
el que asistan a mi entierro
veinte curas y un cencerro
para más solemnidad.

Encargando a cada cual
después de que digan misa
el que me entierren deprisa 
porque les debo oler mal.

Dejo a la Santa Cruzada
los únicos doce reales
que marcan los sidonales
con que la dejo apartada.

Y prohibo a la justicia
y a todo otro funcionario
el que formen inventario
a pretexto de paricia.

Todo el mundo se halla acorde
de que soy un cura prieto
hijo de mi padre y nieto
del canónigo de Estorde.

Estoy del sepulturero al borde
como está todo mortal
si en la elección obré mal
por ser mi oposición crítica
razones de alta política
me hicieron ser desleal.

Dejo al fondo parroquial
los mil y pico de duros
que para ciertos apuros
sisé de su capital.

Y mando sea puntual
en su pago el cumplidor
con tal de que el enterrador
al tiempo de abrir la fosa
encontrase alguna cosa
que sea de aquel valor.

Al esposo de Paquita
lego por mucha adhesión
mis insignias de varón
porque bien las necesita;
le encargo por Santa Rita
aunque "conosco"no es lerdo
que ande con ellas y muy "cordo"
y les ponga algún resorte
a fin de que a su consorte
les sirvan de algún recuerdo.

Al hermano Baldomar
que está hoy de interventor,
dejo en prueba de mi amor
lo que tenga en palomar;
y si se llega a ordenar
como me han asegurado
entiendase legatado
a su favor siendo cura
la clerical vestidura
con que fuera amortajado.

A mi compadre Patricio
a quien aprecio infinito
dejo un compás de perito
para que vuelva al oficio
aunque bien lo merecía
pués por indiscrepción mía
en la pasada elección
"perdera" la intervención
y además la secretaría.

Item más a D. Patricio
mi compadre y compañero
todo el vino del Ribero
para que sostenga el vicio
pués siempre estuvo propicio
en adorar al Dios Baco
con cierto aire de taco
que es preciso confesar
lo sabe muy tragar
el grandísimo bellaco.

A Lires,Rial y Riestra,
en prueba de amistad fina
dejo el ajuar de cocina
con el pote y el caldero
en prueba de que le quiero
con afición harto ciega
les mejoro en tercio y quinto
en el vino blanco y tinto
que se encuentra en mi bodega.

Declaro de buena fé
que tuve doce criadas
a quienes puse preñadas
sin pagarles su porqué:
es mi intención se le dé
en retribución del daño
toda la carne del baño
la grasa de los pucheros
las ovejas y carneros
que componen mi rebaño.

Item dejo al capellán
la sotana y el manteo
el gorro y el solideo
y el estiercol del zaguán.

Recomiendo al sancristán
por lo que pueda importar
pierda el vicio de sisar
como tiene de estribillo
la limosna del cepillo
y la cera del altar.

Al cura de Vimianzo
por su genio atribiliario
ya que más no alcanzo
le dejo mi breviario.

A Salto,el hipocritilla
con su vocita gangosa
no veo tener ya cosa
que legatar al moinilla
a no ser una cartilla
pero además como amigo
después de mi muerte digo
y encargo al cumplidor
le regale a este señor
la perilla  del ombligo.

Tambien dejo al pirillan
del cura de la Ameijenda
de la mitad en ofrenda
la pelliz y el balandrán.

A Teijeira el trifulqueiro
como mas docho escribano
dejo contento y ufano
papel plumas y tintero
porque juzgo y considero
sin igual y sin pareja
en las trampas que maneja
con discreción y con maña
a esta fiera alimaña
vestida de piel de oveja.

Y al licenciado, Marcote
por ser un poco animal
un yugo para el cogote
y la ley electoral.

Cerdeiras mi camarada
que lleve pronto y sin tregua
los arreos de mi yegua
con un pienso de cebada.

Evitar todo cohecho
en la herencia remanente
sea heredero preferente
quien tenga mejor derecho
para lo cual aprovecho
la ocasión de declarar
que aquel que me ha de heredar
tiene cierto documento
el que a mi fallecimiento
debe pronto presentar.

Para que cumplido sea
del modo y  forma mejor
nombro por mi cumplidor
al amigo Chimenea.

Con lo cual concluyo ufano
mi testamento formal
en mi casa rectoral
ante el presente escribano
son testigos Juan Temprano,
Pedro Trillo,José Mera,
el sastre y la costurera
y para evitar mas prosa
firmo yo Andrés Canosa
ante mi quidan cualquiera.

lunes, 22 de febrero de 2010

O " MARIA BENITA "

Libros e comentarios de naufraxios ai moitos, pero hoxe comentaréi un do que me falou o meu amigo Gabriel Satti, e un dos típicos naufráxios sin victimas dos que non se soe falar moito pero con unha cousa que o fai especial, que a pesares de ser no 1947 quedounos un documento fotográfico para o recordo,este barco era o "María Benita " tiña once metros de eslora e unhas dez toneladas de rexistro bruto, outra peculiaridade é que era uns dos primeiros no porto de Fisterra en ter un motor a gasoil, o armador e patrón era o xuiz de paz de Fisterra por aquel tempo chamabanlle Juan "de Benita", tamen iban o seo irmán Pepe, Manolo "de cuello", o seu sobriño Victorino, Juan "da cova", Jose "de cusculias", Segundo "da chona" e de motorista iba Roque Insua.
   Aquel día, a tripulación estaba preparando os palangres do concro para despois ao redor das once da noite sair cara  o "mar d´area ", mar de fora a largalos e ter o asexo. Despóis de darlle unhas catro horas,,foron a recollelos pero o vento e a chuvía arreciaban, vestiron o sudeste, pero o vento iba a máis, Juan "de Benita", mandóu refuxiarse aos seos homes no rancho do medio, e puxo rumbo a casa. Sobre as oito e media da mañan,estaban frente ao faro do cabo Fisterra, vixíabaos dende este o sobriño de Juan que estaba a facer o servicio militar, o barco subía e baixaba, a auga entráballe as máquinas cando se puxo de través para virar,do golpe que le deu saltaronlle as tapas dos cuarteles,logo deulle a popa e enfilou cara Fisterra, tiña que parar a veces a marcha para non embalarse na "popada",xa que de facelo podíase meter a proa na rutía que o precedía,e.....xa non subiría o barco quedando a  merced da seguinte. Sobre as dez menos cuarto pasan frente a cabanas, achicando a auga que entraba pola borda, lentamente avanzaba, quedáballes unha milla pra chegar, e sobre as once,viran a babor e encallan o barco na práia da Ribeira, alí estabanos agardando case que todo o pobo, lágrimas, risas, e sobre todo este documento fotográfico que nos lembra o que sucedeo o un de Fevreiro do ano 47.
   
    Esta historia, vai dedicada a todos os que perderon a vida nestas augas.
    Tamén quero darlle un agradecemento especial a meo amigo Gabriel por facilitarme esta documentación.

jueves, 18 de febrero de 2010

Xan "das crebas" ( II )

 .....Xan dixolle: - ¿que tes Suso, morreuche aljen?,Suso contestoulle: -non Xan,e que levan os meus rapaces un par de días sin ter que botar a boca, e... na praia tampouco saío nada. - ¡anda!,ven conmijo que pra min non pateaches ben a praia. Suso insistiolle que pateara a praia duas veces,pero Xan recalcaballe que ian atopar algo. Ao final e tras convencelo, Xan levouno a xunta un aserradero que había preto da praia, collio un par de tablons de uns tres metros, levounos a beira do mar, mollounos, tiroulle area por riba, e botoulle un poutado de piche, frotounos tan ben que parecía que aqueles tablons anduberan uns cinco meses polo mar adiante, púxolle un no lombo de Suso i el  erguío o outro, e collendo camiño da casa dixolle a Suso :- e disto nin chio......
      Así era Xan das crebas, teimudo, boa persoa no fondo e....¿supersticioso?, bueno vos diredes si era, logo de leer o que lle pasara , por que, unha noite do mes das flores, estaba Xan caminando pra praía cando, ....sentío como un ruído ao lonxe, case alo no alto, xunta o cruce que vai ao monte... entón escomenzou a cavilar...."a noite e oscura, sin lua e cando paseí pola casa do Antón sentín ladrar uns cans.... e, agora lémbrome dos contos do meu avó, que na paz descanse, contabame que nas  noites así anda  a "Rolda" na procura das ánimas dos mozos que  se cruzan con ela, tamen me dixo que as veces, non sempre, escoitase a campanilla con que o espíritu que vai diante avisa da sua presenza e ademais verse as luces das candeas desa lúgubre procesión. E si un se atopa con eles, o que vai diante daralle unha cruz, é dende entón, será el o que encabece o macabro desfile no cal a sua ánima irá cada noite mentres enflaquece,volvese a de cor pálida e verdosa e logo morre". Naquel intre, Xan, ollou que efectivamente acercábase unha luz ondulante seguida doutras que non se daban acabado, e, dirixíanse cara el,
en vez de correr dixo - ¡pois moi ben!, agora bou saber que pintas teñen estas ánimas, xa que nunca vin unha e si me agocho tras estas pedras non che me han de ver ( a eso chamolle eu ter un bo "paquete" ). Así o fixo, e canto mais se acercaban, mais lle resultaba familiar a cara do que ía diante,- "paréceme que xa colleron a un",pensou. Ao pasar xusto onde el estaba, recoñecío a ánima que abría a procesión, mentres que aos demais non lograba velos, sin dudalo un intre dixo -¡Manolo,Manolo do crejo!¿a onde che levan?, sobresaltado, e con un susto que case lle da un ataque contestalle Manolo - X..a..n.,X..a..n, ¿ e.s tí ?, e Xan dille - ¡arredemo que sou eu! e, como non che deixen marchar, larjolles uns fumeirasos que van enterrarse eles soiños, - pero..... Xan, si vou eu soamente,contestoulle, - elojo esas luces todas, ¿queremes decir que non vas ca "Rolda"?,voltoulle a decir Xan, - ¡ ai Xanciño!, como estas, o que pasa e que onte extravióuseme unha ovella, e ía a ver si a procuraba,  e como non atopaba o candil, e facía tanto vento,  para que se me aguantara a vela encendida tívenlle que poñer un anáco de plástico e ao queimarseme solta unhas pingas deixando unha estela de luces, - pois..., ¡ menudo susto me destes! que  si son outro e dou volta...xa decía mañá que vira a " rolda" a pasear por estes lares....
   Un día de temporal Xan como case sempre....( continuará)

domingo, 14 de febrero de 2010

Xan "das crebas" ( I )

   Na metade do século pasado había en case todos pobos costeiros da Costa da Morte xente que se adicaba, a patear as plaias en busca de obxectos que a bravura deste mar arroxara nelas. Estes homes eran os "crebeiros", habíaos que o facían ocasionalmente cando a furia do inverno deixaba aos mariñeiros moitos dias sin ir a pescar, e sin ter un corrocho de pan que levarlle aos fillos, e tamén , había quenes eran semiprofesionais que combinaban esta laboura coa do campo.
   Xan das crebas, era un destes últimos, tiña un gran renome na bisbarra, sempre que ia a plaia atopaba algo, ben fora tablons, caixas, botes de manteiga, e restos dalgún naufráxio que por desgracia abundaban naqueles anos. Xan, era forte e alto, pero tamen teimudo, e non lle gustaba nada que lle "enbalaran o mar". Cando, chegaba a praia antes da raxor do día  e  decatábase que non era o primeiro, argallaba algunha  fechoría pra "espantar" aos outros crebeiros,claro que, xa levaba pensado o que facer ( esto hoxe en día chamase o plan "B" ). Pois, un dia de inverno duro, estando Xan  baixando pra praía, sentío que se lle viña acercando unha
persoa que traía unha caixa  bastante pesada, douse conta por que sentíao respirar moi apresa , tanto que case afogaba ." ¡Moi ben! ",pensou Xan, hoxe vaime ser doado, e nisto tirouse ao chan, desabrochou a camisa e deixando que o mar lle mollara asta os tobillos, fixose o morto. O outro home ao chegar a sua altura dixo: -¡arredemo, un morto! , ao mesmo tempo que arroxaba a caixa e correndo como si vira a mesmisima "rolda" marchose co pasmo no corpo, levou dous dias sin verse por as praias. Así era Xan, pero non creades que non tiña sentimentos, pois dunha vez atopou a un crebeiro chorando no camiño a praia.....( continuará )

viernes, 12 de febrero de 2010

A peregrinacion das camisetas

Hoxe non tiña pensado editar nada pero por mor dun enlace que me levou a páxina do concello de Muxía,e para ser mais preciso a "Crónicas de primeira peregrinación do ano2010",púxenme a ollala e vín : "...En Olveiroa puidemos comprobar o que cambiou esta aldea desde que se abríu aquí o albergue para peregrinos no ano 2000.E aquí estaba o alcalde de Dumbría e Puri,a encargada do albergue e unha das persoas que pode direccionar aos peregrinos.E Xosé Manuel Pequeño dixo que o concello de Dumbría estaba interesado nesta aventura muxiá, pois neste ano empezaban as obras dun novo albergue na capital do seu Concello e o éxito do mesmo dependerá dos peregrinos que opten por ir a Muxía.Desexámoslle pois moitos éxitos." O sexa queren direccionar aos peregrinos cara a Muxía,esto a min non me colleo de sorpresa xa que por circunstancia do traballo tocoume traballar no albergue aló por o ano 2001,e a encargada do albergue xa direccionaba a algún peregrino decindo de "Muxía era moi bonita ",era o único motivo que lles daba,Pero o que me sorprendeu é que o puxesen por escrito na páxina do concello,ademais Pequeño estaba interesado,non era mellor que o señor Pequello lle dixera señor Porto remate en Fisterra por que alo e o Fín do camiño,e o lema da camiseta era mellor que puxera " Muxía no Camiño",ademais decirlle xuntemonos todos os concellos (  esto digo eu que son tachado de localista ),e fagamos por promocionar o camiño a Fisterra,pasando polos nosos concellos ademais de Cee e Corcubión para rematar no único fin do camiño: Fisterra.Non non o dixo....    Mais adiante o señor Manuel Vilar segue escribindo: "Sen Muxía o camiño a este Cabo do Mundo
estaría coxo,faltaríalle algo, a parte relacionada lendariamente co culto xacobeo e coa presenza do Apóstolo na nosa terra."¿ A que cabo do mundo se refire?, ¿quen dixo que Muxía quedaba fora ? acaso ¿onde deixástedes a Fisterra?, ademais sin Fisterra ¿ como estaría o camiño en cadeira de rodas?,deixemonos de tanto egoismo e de levar as ascuas a nosa sardiña,de acusar as victimas de localistas por defender unha agresión a nosa historia,ben o dixo o príncipe "...hasta Finisterre",non dixo los Finisterres nin el Finisterre,dixo como tiña que decilo Finisterre, e non lledean mais volta a tortilla.

martes, 9 de febrero de 2010

FISTERRA

Estaba case durmida
e as feras agardaban,
ian pouco a pouco levando
as cousas que ela gañara.

¡Apresa,apresa!,decían,
vamos que non se decata,
logo cando se desperte
non lle vai quedar xa nada.

Pero o que non sabían
esas feras malvadas,
era que dentro de ela
a xente a despertaba.

¡Desperta,desperta! Fisterra
levanta,e ponte en marcha,
que che queren levar todo
nome, historia e palabra.

¡Acougade un momento!
dixolle a xente,Fisterra,
¿elogo,os meus gobernantes
acaso,non me defendan?

Ata que nos te chamamos,
eles nin un chio deran,
ningun dos catro partidos
por aquí aparecera.

Pero aquí estamos nos
dende o castillo,asta a cerca,
pasando pola calle patres
e  tamén veñen da aldea.

Fixemos unha plataforma
boa, grande e con sentido,
e un lema por bandeira :

lunes, 8 de febrero de 2010

Eu non digo nada ,pero vaia

Cando hay xa un par de anos  Fedri Tácito escomenzou a achegarnos a historia do noso pobo,un "mouro", repostáballe dándolle apoio e decindo"..será recordada e contada por un crítico defensor da única fin do camiño". Pois si, ainda non se fixera a por min chamada"marcha das camisetas" e, o "mouro" xa recalcaba o
de única Fin do Camiño,¿era un visionario?non,o que pasaba era  que a el xa lle caeran as vendas dos ollos,
avisabanos tanto el como Fredi de nos estaban quitando o noso,que se estaban aproveitando do noso nome,e o que é peor...que por intereses comerciais,a memoria histórica dun pobo non ia valer pra nada.
  Como pensadores dixeron: "..si por nos non pasa o camiño,pois traijamos o camiño a nos",e así fixeron
unha ruta a que eu chámolle,a "ruta dos negocios",tanto da que non pase por un sitio que forma parte do camiño,con tal de que pase por o negocio que eles rexentan.Outros din pois xa que os Fisterrans non protestan e teñen o debate si Fin-isterre ou Fis-terra,que se queden ca -terra e nos levamolle o Fin.¡Mais non!,ata ahí podíamos chegar,eran as palabras mágicas para que despertaramos e xuntos decir.: FISTERRA:ÚNICA FIN DO CAMIÑO,non señores,dixeron os Fisterrans da pé,aquí estamos nos pra 
defender o noso,estamos unidos pra decirlles con datos na man onde verdadeiramente remata o camiño,
e xa esta ben de aproveitarse de nos e do noso nome,non nos importa que nos etiqueten de localistas,sí
son localista,si con eso evito a usurpacion da nosa historia,pero.....quen nos tacha de localistas son os que
se queren aproveitar de nos......

domingo, 7 de febrero de 2010

Saludos

Bueno,despois de que algunha xente me dixera que fixera un blog, para que comentara as novas,as informacions e os meos puntos de vista das cousas que suceden no noso pobo e tamén,como si no,
na comarca, eu farei comentarios dun xeito ameno e divertido que faga en vostedes un pequeno sonrriso.....graciñas,de anteman por perder un pouco do voso tempo aquí.