Etiquetas

Rexistrado en Safe Creative ______________________________

jueves, 27 de mayo de 2010

O naufraxio do "Urlea"

Era o día 28 de Marzo do 1984. Como todolas noites que non tiña garda, él deixaba a roupa de faena encartada xunto a cama por si había unha chamada de socorro, xa prendera no sono cando sentío o inconfundible son do teléfono. Erguéuse e, avalanzouse sobre o mesmo, o seu interlocutor comentoulle que habían recibido un S.O.S. dun barco que se estaba indo a pique cerca da "Muniz". Deulle a interruptor pero non había luz, vestiuse sabedor de onde tiña a roupa de faena, e saío correndo pra base de salvamento. A noite era moi oscura, con forte vento do suroeste e chovía con forza. Ao chegar a base o compañeiro que estaba nela entregoulle o parte da incidencia onde iba escrito tanto o nome como as coordenadas e todo referente ao aviso, tamen comounicoulle que xa estaban todos avisados e cando viñera un foran pra lancha de salvamento e a puxeran en marcha pra axilizar a salida cara o lugar do sinistro. Ollou a folla fijandose no nome do barco, era o Urlea, que por mor dun forte golpe de mar, a altura da "muniz", sufrio un corrimento da carga, producindolle unha escora moi pronunciada e que ían proceder ao abandono do buque, ¿pero ese non era?,  pensou, xa mirareí. Mentres outro membro do equipo de rescate chegaba, abandonando ambos os dous a base para  preparar a lancha, ao non haber luz e ser unha noite cerrada con forte  vento e choiva, os dous membros tiñan que ir collidos das mans por medo a que se desviaran e caeran ao mar. Chegaron a rambla e colleron unha das gamelas que alo estaban amarradas, púxose un a cada remo e bogaron forte pra chegar a lancha de salvamento que distaba uns vinte metros de terra. Atracaron nesta e, abriron a ponte de mando, activaron as baterias e abriron os grifos de fondo, arrancando os dous motores  i encenderon todolos equipos  electrónicos, tamén se encendio un dos reflectores enfocándolles o camiño os demais membros da tripulación que viñan a toda presa, sairon a buscalos e logo de embarcalos, vestiron os equipos de supervivencia e púxose en contacto ca base comunicándolles ésta que o abandono do buque xa se produxera e un mercante que estaba cerca do lugar  o Loredo, estaba chegando a xunto onde se atopaba a balsa salvavidas. A lancha xa se atopaba cerca do cabo de Fisterra, o mar era unha blancura, esta ía a toda máquina e por mor das ondas tocaba coas antenas no mar..subía e ... o baixar, metía a proa, chocando as rutías cos cristales da ponte, as veces os limpias paraban por mor dos impactos, o Loredo, comunicou que  xa avistara a balsa  e  que lle estaban a facer abrigo a espera de que chegara a lancha de salvamento, éste dixolle que estarían a unhas sete millas pero que debido o temporal que iba arreciando tiñan que abrirse moito do cabo Fisterra pra despois facer un xiro de 180º, debido a esto, terían que botarlle o costado as fortes ondas durante un tempo que, o patrón da lancha quería fora o menor posible,  xa que,  podía facerlle moito daño a lancha. Xa estaban bastante abaixo cando o patrón dicía que lle comunicara ao Loredo que os rescataran eles, que nos non eramos capaces.... él insistíalle que fixera o posible, que os tiñamos aí, pero ...non  era seguro, e xa que, estaba aló que os collera o mercante. Comunicóuse co mercante decíndolles que procederan eles co rescate, respostándolles éste que como ían facer, que era dificil, él díxolle que se puxeran a sotavento da balsa salvavidas, e que se viñera ganando a barlovento, ao chegar a altura da balsa que lles mandaran tres ou catro cabos, que algún deles collerían e despois facerlle abrigo co barco e acercar a balsa, ademáis quedaba a  lancha en "standby" hasta que os rescataran, que si non, arriscarianse. Mentres a lancha estaba "capeando", mantíñanse as comunicacións, tanto ca base, ca costeira, como co Loredo,a cabo dun tempo,  este último dixo que acababan de rescatar aos tripulantes, pero que, estes lles dixeran que cando se producío o abandono do buque, o segundo maquinista Jerónimo Berlés Boronat, non foi quen de chegar a balsa e dandoo por desaparecido, sendo encontrado dias despois no coido de touriñán. Os tripulantes serían levados polo Loredo, hasta Leixoes, donde serían desembarcados. Sendo por esta acción de salvamento condecorados todos os tripulantes do Loredo, ca medalla de plata  da S.E.S.N.

   O barco afundido Urlea, fora o que na madrugada do 17 de xaneiro do 1977, cando entraba no porto de Barcelona, atopouse con unha lancha de desembarco, a LCM 6, que saía dun lado do muelle e levaba uns 140 marines dos  barcos Trento e Guam, de regreso a seus barcos e ao tratar de esquivalo, os soldados arrimaronse a unha banda, e ao levatarse ésta, foi arrastrada polo costado do Urlea, dando volta e afundíndose. Neste tráxico episodio morreron 48 marines e 1 desaparecido.
  

miércoles, 19 de mayo de 2010

Xan "das Crebas" ( IX )


Despóis de descansar un pouco, e picar algo, Xan dirixíose cara a costa, o vento de sudoeste ía arreciando, acercóuse a un valado e quitóu unha picadura e máis papel e púxose a liar un pitillo, botóu a man no peto sacando un chisqueiro que, logo prendío o cigarro, eran o que tiñan de bo ese mecheros, que canto máis vento facía, máis prendían. Mentres estaba fumando, apareceron unhas mulleres que parecían levaban presa, logo chegaron a altura del, déronlle os bos días ao que Xan lles respostou - ¡nos de Deus!. Ían falando entre  elas,  pero... o único que lle oíra Xan, era que falaban da Manolita e máis da Rosa. Xan pensóu pra sí de que, estarían falando de mulleres, o único que lle extrañaba era como ían con tamaño temporal por aquel camiño. Proseguío a súa marcha non moi lonxe delas, as cales, aló arriba colleron cara o monte. Xan seguíoas, haber que ían facer naquel sitio, xa che lle entrara un pouco a curiosidade, ao chegar arriba, vío unha pequena capela,  aquelas mulleres que ían diante del, colleron unha escala que estaba deitada no chan, erguendoa e botándose unha a escalar por ela, a Xan quedoulle a cara de parvo, a muller que estaba subida movio unha tella botándoa dun xeito que non era lóxico, Xan acercouse a elas e dixolles - ¡perdoen vostedes!, non é que eu sepa moito de "retellador", pero a min paréceme que si viñeron aquí porque chovía na capela, ¡tal como poñen vostedes as tellas, vai diluviar dentro!. Ao que lle contesta unha das mulleres que estaba tremendo da escala - ¡cale señor!, que non estamos pra bromas, que están no mar os nosos homes e fillos e collios este temporal, e, as lanchas con este vento non poden vir ben pra terra e viñemos "a cambiar a tella", pra que a nosa Virxe do Monte nos mande un vento mellor, e así os nosos homes e fillos  poidan vir sans pra terra. -¡Disculpen Vostedes!, e que,  nunca antes vira esta maneira de pedir un bo vento - contestou Xan, ao que lle resposta outra das alí presentes - ¡mire señor!, a  nosa Virxen do Monte, e moi milagreira, xa dende moito antes de nacer as nosas avoas, un home que lle chamaban......,¿como era Carmen?- preguntou, e contéstalle outra das mulleres - Fernando Mendez, que ía no San Antonio e Ánimas, ao chegar pola altura desta costa formóuselle un grande temporal con moito cerrazón e ofrecendose a nosa virxen,  pra que lle descubrise terra, e según rematou a sua petición clarexou,¡ai Pepa!, cando vas a aprender o conto, - ¡nunca!, si xa o sabes ti, abóndame, respostoulle a outra muller . Xan, dandolle as grazas, marchou cara o outro lado da capela, dende alí, viase o monte onde él e o seo amigo foran, e que, lle causara tan grande impresión. Ruborizouse un pouco ca lembranza dese día, e acercando a man aos ollos, limpou as baguas, e dixo:

Aló, o outro lado da ria,
no alto d´aquel penedo,
tiven a sensación
de estar cerca do ceo.

Deixei un gran amigo,
pra mín, máis que un irmán,
estaba só no mundo,
ata coller a sua amistad.

Adeus, monte Corpiño
xa nos voltaremos ver,
que xunto ao meu amigo
eu sei que e de volver.

  Con esto, volvéu sobre os seus pasos, as mulleres xa non estaban, o vento, seguía soprando con forza, e baixou a unha praía que vira cando subío, ao chegar, vio que abondaban as "crebas" cativas, esas que flotan na auga e non valen pra moito, tamén había madeira, pero non tiña Xan ganas de cargar, pra catro perras que lle podían dar, ademáis non estaba no seu pobo, e pra facer viaxes longos, mellor era buscar algo máis doado de levar, ou se cadra maís valioso, aínda que....se non atopaba teríase que conformarse ca madeira. De pronto.... un forte chubasco fixo cambiar o vento,e.... nese intre, pensou que as mulleres que vira antes tiñan razón. Buscóu un abrigo mentres pasaba o chubasco,para despois seguir remexendo haber si atopaba algo. Mentres estaba sacudíndo a roupa algo lle fixo que puxera a mirada cara o mar, pero....sería o que se estaba imaxinando....( continuará)

miércoles, 12 de mayo de 2010

O naufraxio do "Good Lion"

                   
Era unha noite de forte temporal de sudoeste, concretamente a do 19 de decembro do 1983, estaba ceando xa que, o día seguinte tocáballe garda, de súpeto....,chámalle o presidente da Cruz Vermella local,  pra... que saíra o máis axíña posible a base, ¡un  barco embarrancou en Talón!. Saío correndo, o chegar, os curiosos dificultábanlle o acceso aos equipos de transmisión, polos altavoces oíase a costeira falando en varios idiomas pra intentar restablecer a comunicación perdida. El, comunícase con esta, a cal o informa da situación e nome do  barco, por mor dunha avería eléctrica o Good Lion, foi encallar a punta de Talón, e que se perdera a comunicación, contestándolle este que se ía comunicar no código "Q". Así foi, escomenzóu decindo:
    - Good Lion, Good Lion, Good Lion, QTQ*
a segunda vez que o dí , síntese polos altavoces:
    - QRA*, Good Lion,Good Lion,Good Lion
rompendo nunha gran ovación e aplausos os curiosos que  alo estaban. El, seguío falando co barco sinestrado o cal díxolle que tiña unha avería eléctrica, unha escora de 25º a estribor, e que, querían ser rescatados por mar.
     Organizóuse o salvamento, sairon o patrón , o motorista, tres mariñeiros, mais él cara a lancha de salvamento Arasolis, poñendo rumbo  a zona do embarrancamento. Había moito mar de fondo, e moito vento, un barco que viña do Gran Sol e ía para Vigo ofreceu axuda, a cal foi reixetada por mor de que ía ser moi dificil a evacuación por mar, preguntándolle a costera polo tempo que había, díxolle que había sudoeste forza 12 e mar de fondo duns 5 ou 6 metros. Entre estas comunicacións chegaron a preto do barco, o cal era golpeado con furia polo mar, lanzáronlles uns cabos coas pistolas lanzacabos alcanzando a cuberta, e ante a imposibilidade de acercarse a menos de trinta metros, fíxose coa zodiac un andarivel marino, pero......a xente desaparecía, e..os cabos caían ao mar, a lancha,  acercábase maís, pero...nada. Collío a radio e comunicouse con eles, respostando ahora que querían ser evacuados por terra. A lancha de salvamento, puxo rumbo o porto, ao chegar a base fixeronse dous equipos, un por terra e outro por mar, ademáis solicitóuselle a Axudantía de Marina de Corcubión  un andarivel, repostando esta que tiña que vir de Coruña e tardaría unhas horas, pero que o Axudante e maís o Celador ían cara a zona a dirigir o rescate por terra. Estándo na base, volveron  os mandos do Good Lion, solicitar ser evacuados por mar, no cal, voltaron a lancha e dirixíronse cara o lugar do acidente. O mar cada vez estaba peor, lanzoulle os cabos, pero nada....,estes non eran recollidos en cuberta. O equipo de terra composto de xente do pobo, improvisou un andarivel con cordas, no cal os tripulantes do barco escomenzaron a pasarlles as maletas, ao chegar a terra a terceira ou cuarta , foi tirada ao mar, xa que a xente quería que fose a tripulación quen abandonase o barco, e que, as maletas xa as collerían cando poidensen subir de novo, pero eles seguían insistindo:
   - ¡Valija...valija..!
ao que lle contestaban de terra:
   - ¡Valija  no,valija no....vosotros...!
   Mentres tanto , a lancha de salvamento seguía intentándoo por mar. El, foi un momento a sala da cuberta inferior da lancha a sentarse un pouco e tomar un café, alí estaba outro compañeiro sentado, de súpeto....... escomenzaron a dar voltas e chocar con todo, subiron pra ponte, e , alí dixénronlles que un forte golpe de mar fixo que a lancha case dera volta de quilla ( aínda que esto sucedese, voltaría a porse dereita, xa que a quilla de mercurio facía contrapeso coma se fose un boneco "tentempés"). Nesto recibíuse unha comunicación do axudante de marina que fosen pra terra que non se arriscaran máis, xa que a xente estaba sendo evacuada polos efectivos que se desplazaran por terra. Acatóuse a orden e mentres a lancha dirixíase a porto, os tripulantes eran postos a salvo un a un , sendo trasladados a un hotel de Fisterra onde pasarían o que quedaba de noite, xa que eran as cinco da mañán. Xa en terra e reunidos todos efectivos que fixeron o salvamento, os membros da tripulación da Arasolis, foron felicitados polas autoridades militares, aínda que recalcaron que en proximos salvamentos fosen mais cautos e non se arriscasen tanto, ao que el lles contestóu:
   - hay que estar no sitio... e ver e sentir aos naúfragos para non facer todo posible por salvalos.
    Contestandolle os os xefes con uns simples movementos de cabeza afirmativos...

*QTQ - desexo comunicarme con vostede polo codigo "Q"
*QRA - chámome...

miércoles, 5 de mayo de 2010

Xan "das crebas" ( VIII )

Pasóu unhas casas de pedra que estaban a beira do rio, e seguío camiñando, alonxándose daquel lugar. Chegóu a unha aldea cercana e botouse a durmir ao refuxio dun muro de pedra a carón do camiño. Aínda non saíra a raxor e xa se erguera, foi a lavarse a unha fonte cercana e púxose  a camiñar buscando o seguinte pobo, ao chegar a entrada sorprendéuse ao ver nalgunhas portas a mulleres laboreándo cuns paos cheos de fíos, os cales,  facían xirar formándo uns bonitos debuxos . Acercóuse a unha vellina que estaba  entretenida ca sua labor cantando:


Palilleira que palillas
no cordón da almofada,
dime tí, palilleiriña,
a quen tés palabra dada.


O amor da palilleira
non o queiras meo irmán,
porque leva todo o día
sempre sentada no chan.


Eu nacín en Camariñas,
unha vila mariñeira,
onde teño os meus amores
cunha nena palilleira. *


 e preguntóulle - ¡Bos dias teña vostede señora!, ¿podía decirme que e iso que está a facer ?. - ¡encaixe señor...!, estóu a facer encaixe de bolillos entón..,¿vostede non o vira nunca?, contestóulle ela,  - ¡ pois non !, a verdade e que non - exclamóu Xan - Pois mire, díxolle a muller, esto ben de vello cando aquí na vila vivía un mozo que estába prendido dunha moza moi juapa, pero.. ¿que quere?, os probiños non tiñan nin peso pra casarse e o mociño pasaba os dias que non ía o pescar, aló nas pedras mirando pra o mar, un día, saíolle unha serea que lle dixo que estaba namorado del, e quixo que fora con ela, ¿pero como ía marchar o meo probiño, si de quen estaba namorado era da moza do pobo?, o probe mozo, cóntalle o conto polo cal non pode ir con ela, decíndolle ademáis o motivo polo que non podían casarse. E vai nesto... meo filliño, ela sacóu unha caracola tan bonitíña..., era bonita,  era..., estabache feita de estrelas, escuma e aljas, o mozo ao chejar a xunta da moza,  regaloulla,  e contoulle o conto, ela miróu ben pra caracola,  e púxose a escoitala o cal inspiroa a facer encaixe, e cada vez que a oía,  viñalle a cabeza un novo deseño, e,  así facendo encaixe e vendendo foí a maneira de se casaren despóis  - ¡ moi bo conto ! . díxolle Xan  -  a vella algo enoxada repóstalle - ¿oío?...non che é un conto, que é verdade.- ¡ xa, xa ! señora, digo que é moi bonita a lenda, mire.... ¿ e moi dificil aprender a facer iso? - preguntóu  Xan - meu filliño, aiche que ir a escola... non é moi doado, non - repostóu a muller - ¿escola?- díxolle Xan - sí meu filliño, as escolas esas chamámoslles "palilladas", aiche varias no pobo , a de Carmen, a de Manuela ..., bueno, varias, e fanse na "sala" da casa que é a habitación máis grande, botándose as veteranas nun lado e as mais novas enfrente, e se é de noite encenden o carburo no medio. Tamén as mozas novas justalle vir, por que así falan cos seos mozos , eles poñense na ventana e cantan coplas que lles respostan elas, pero tamen teñen que facer as puntíllas que marca a jefa , que si non.... ¡ai leña!, e as fillas botánse ao lado das nais, así, estas poden correxílas no seo aprendisaxe, e.....  asi  é señor - dixo a vella - bueno moitas grazas señora, e deíxoa en paz que se non hoxe non fai nada pola miña culpa - repostóu Xan,- de nada meu filliño, de nada, ¡ala veña! - contestóulle a vella. Con esto Xan botóu o saco ao lombo e proseguío cara o centro do pobo entrando nun bar para tomar unha copa , sentarse un pouco e picar calquera cousa que tivera, antes de proseguir na árdua procura de crebas.... ( continuará )

* cantíga popular