Hoxe escribirei sobor dun naufraxio, que non foi contado nos libros, a xente sempre oio falar del, pero con datos moi confusos, en algunhas publicacións nomease mal a situación, ou o número de mariñeiros, xa que foi uns dos naufráxios coñecidos de xente de Fisterra, quero dende aquí facer unha lembranza deses mariñeiros.
Era o día 23 de Xaneiro do ano 1961, o mar estaba moi malo, rompian os baixos da "parede" debaixo do faro de Fisterra, o "Isleña", un barco de unhas 7 toneladas, con matrícula de Vigo e con base no porto de Fisterra, estaba recollendo os aparellos no lugar do "leixón", cando un golpe de mar procedente do baixo da "parede", alcanzous de costado facendo voltear o barco, os seos sete tripulantes caeron a auga, esto todo foi visto polo mariñeiro que estaba destinado no faro de Fisterra,Nazario Rivera "pintura", que cheo de nervos, collío a sua bicicleta e pedaleou os case tres kilometros que separan o faro do porto, chegando a este exahusto, case que non respiraba docansado que estaba, avisou aos mariñeiros de que o isleña, dera volta de quilla debaixo do faro. De seguido, saio a toda máquina o " Segundo Choupín", patroneado por José Antonio Martinez, "o repoleiro",mentres, os homes loitaban por manterse a flote,un destes mariñeiros,Moncho "de Rosina", foi quen, dende o primeiro momento na procura dos seos compañeiros, collendo a , Juan "da Cueva" botandoo enrriba da quilla do barco que ainda se mantiña a flote, logo proseguío na procura de outro, Bautista,e asi ata tres compañeiros, o último destes era "o Meijiño",antes de, voltar el mesmo pra emrriba do barco, falou co motorista, que por mor do gasoil non via nada e estaba desorientado,decídolle que aguantase que os viñan buscar, el xa non podía facer máis estaba rendido do cansancio, o motorista,José López, foi un dos que morreran, xunto con dous irmans, Manolo e ModestoMarcote Redonda. O "Segundo Choupín ", abreulle máquina ao seo motor, botándo rumbo ao lugar do naufraxio, recollendo con vida a catro dos seos sete tripulantes, non pudo salvar aos outros tres que desapareceran nas augas do mar. Ao chegar a porto montouse entre os barcos do porto, un efectivo de búsqueda dos desaparecidos, dando o seo fruto poco despois recollendo entre os aparellos os corpos dos desafortunados mariñeiros.
o seguinte día, montouse un gran funeral con autoridades civis e militares pra darlle o último adeos a, aqueles homes que deixaron a sua vida no mar de Fisterra.
5 comentarios:
Nunca habia oido falar deste naufraxio. Moi interesante Xusto
Que desgarrador relato de la lucha diaria de los pescadores con la mar para extraerle su tesoro, y ella la mar, recogiendo el su tributo en vidas. Este es un símil de mi gente: Los mineros, unos con la terra y otros con la mar, mas al fin vidas parejas.
Saludos
Xusto, he feto el comentario de la mar y la mina, anónimo, pues no tengo clave en Google.
Saludos Celada
Hola Xusto, atopei o teu blog por casualidade, seguindo un artigo da Voz de Galicia. Unha boa sorpresa, de gran sensibilidade. Parabens!
gracias,que artigo? o do Frank C
Publicar un comentario