caín, agora que me coñece señor home, pídolle de favor.....¿ gárdame o
segredo?. Nisto, Xan respostándolle- ¡como non! trataríanme por tolo, podes quedar tranquilo, e xirou a cabeza cara o lugar onde se atopaba aquel trasno, o cal xa non estaba alí.
Tendida na branca area da praia
mirando as formas das nubes,
e o murmullo do mar
deixeime levar polo soño.
Máis de súpeto....
sentín un ruido,
era un golpe místico
que viña hacia min.
O que eu nunca pensara!!!
atopar aquel ser o meu lado,
era un trasno,pequeniño e orelludo
non o podía contar....
Ver,escoitar e calar
Quen creería a Xan das Crebas
que topara un trasno,
no seu andar???
Cousas que pasan nesta vida
cousas que nin podes contar
pois parecen increíbles
e por tolo vanche tomar!!!
Mellor seguir o camiño
e non mirar atrás,
pois pra diante sempre atopas
algo novo pra loitar!!! *
Xan proseguío o seo camiño baixando por un camiño cara a costa, a cal estaba sin tanto misterios nin personaxes, as praias que ollaba ao lonxe eran amplia con bancos de area, síntoma de que se estaba acercando a desembocadura dun rio,e que se atopaba nunha zona onde podía haber crebas, apaisaxe como case todas da costa era fermosa, foi baixando cara a praia onde se atopou cuns homes nunha embarcación que o que estaban a facer era preparando un boliche pra lanzalo na praía , este aparello consiste nun aparello en forma de copo, con un brazos laterais que rematan en unhas cordas polas cales se tiran de elas, eses homen ían lanzalo, é dixeronlle a Xan si lle botaba unha man, el aceptou xa que quería comer peixe e así era unha boa maneira de facelo. A chalana levou o aparello deixando un cabo en terra cos homes, alonxouse un pouco de terra e foi lanzando o aparello en paralelo a costa, e, o rematar o aparello foi buscando a orilla do mar entregandolle o outro extremo aos homes que estaban aló, asi pois, Xan e máis tres homes estaban a dereita cunha corda na man e a uns cincuenta metros a esquerda os demais con outra corda,o patrón dou a orden e escomenzaron a tirar, as cordas tiñan cada certa distancia unha marca, a cal, cando chegaba as mans se cantaba decindo- ¡marca!! e agardando a que os do outro lado cantaran a sua, así o aparello vería en igualdade de distancia por ambos extremos, tamén nas marcas, uns e outros se axuntaban máis, pechando asi o aparello de cada vez, así cando faltaba pouco ambos grupos de homes estaban a tan so un metro e tirando a rás de area quitaban o cope da auga, o cal viña cheo de peixes e outros animais mariños que se atopaban no camiño do boliche........
Poesía de Pacola González Campelo
No hay comentarios:
Publicar un comentario