Etiquetas

Rexistrado en Safe Creative ______________________________

jueves, 15 de julio de 2010

O Enero...lembranza o Carme

        13 de Febrero de 1987, eran sobre as seis da mañán, frente a Corrubedo, cando o patrón do arrastreiro Enero,( un pequeno barco mercado en Cambados e reconvertido en arrastreiro pra suceder ao María Auxiliadora, que queimara xunto a praia da Virxe de Muros), mandou largar o aparello, había unha pouca marexada, escomenzaron a maniobra, cando....un "rabo de jalo"de unha das portas, enganchouse con unha das palas da helice, o golpe foi moi forte..., Aurelio Santiago Pedrosa, engrasador do Enero, corrío cara o rancho de popa, e ...baixou a onde estaba a bocina da hélice, ollando que entraba moitisima auga, na sua mente rapidamente pasaronlle tres imaxenes pola cabeza, a da filla que tiña dous anos (xa que el perdera a seu pai cando tiña tres, e pensaba que..podía pasar o mesmo), a da sua dona ,e ...a da Virxe do Carme.
       Subío pra a cuberta, onde os seos compañeiros xa estaban agardando por un naseiro que faneaba pola zona, a pequena embarcación debido a marexada tiña que facer bastantes manobras pra coller a xente, tiña xa todos a bordo menos a Aurelio, que, como o barco xa estaba sumerxindose tívose que tirar o mar, e despois, recolleronno os do barco, pasaronnos a todos ao María Auxiliadora, barco o cal os levou pra Muros e no cal aos oito dias embarcaría Aurelio.
       Pero o destino tiñalle gardado a este mariñeiro de Muros outra sorpresa, xa que, ao pouco, sería el un de tantos que velan pola seguridade dos nosos barcos, no Servizo de Busqueda e Salvamento, agora mesmo esta no remolcador Ria de Vigo, e sempre ten presente a Virxe do Carme nas suas plegarias.

No hay comentarios: