Etiquetas

Rexistrado en Safe Creative ______________________________

martes, 22 de junio de 2010

Xan " das crebas "( XI )

      ...Esa dor no peito matabao, aínda era cedo pra facer esforzos, máis el, sentía berrar  n´outro lado da casa, Foi acercándose  cara onde procedían os sons, e, vio a nai berrándolle a un dos pequenos, Xán, preguntóulle cal era o motivo de tal discusión, e contéstoulle que o neno xa había dias que non comía, que estaba debil...entón Xan, díxolle - agardade aí que vou  volto agora, e, dirixíndose cara a porta marchou... Ao remate de unha hora e pico ala chegou, na man traía  algo e ...pousouno no chan e collío unhas espadanas secas que vira debaixo do cabazo, prendéndolles fogo, o vello que estaba fora díxolle - ¡Xan! agarda un intre que te poño unha man, xa sei que vas facer...eu...xa llo dixen pero ela nin caso. Xan e máis o vello  mentres fumeaban aquelas espadanas, foron buscar ao rapaz, o cal pasaron varias veces polo fume...¡estaban a facer o rito do meigallo!.

    Airiños ,airiños aires...
airiños de maldición,
entran,sin cós chames,
rasgando o corazón.

Malas serpes de envexa
non paran de nos danar,
se fosen pra unha rexa
xa sería outro cantar.

Nesta vida van levar
unha pouca de mistura,
do que están a sembrar,
que sóo trae amargura. *
  
Xan, díxolle o vello - vostede tiña xa preparadas as espadanas, ¿pasa moito isto por eiquí? - non moito - contestoulle o vello - pero eu sempre o día do Sacramento recollo un feixe de espadanas despois de pasar o Santísimo, e botoas a secar por si acaso fan falla,  e, desta vez, fixoo. Xan asentou coa cabeza e seguio conversando con el - eu, aprendino da miña avoa que cando era máis nova facía destas cousas. - Pois eu - dixo o vello- son o primoxénito de cinco irmáns e entre outras cousas tocoume o aprender isto, e máis tamén me tocou a "capa dos enterros" como lle chamo eu, que a usamos cando morre alguen é, ademais  temos que asistir os velorios cunha vela, a cal depositamola nunha taboa que ten os furados pra por estas, e os homes temos que levar unha capa negra, eu non tiven que mercala xa que o ser o primoxénito correspóndeme a do meo pai, e antes de sair o enterro do finado facemos fora unha lumerada con carozos, e cada un de nos, os homes, polo turno que nos toque, saltámola e ,no intre de saltar, abaneamos a capa pra escorrentar os malos fados. E... algún espabilado no abanea ben e despois pasan estas cousas. Despois de saltar todos os homes, saímos cara o camposanto e tras nosa veñen as choronas, ademais cando remata o enterro,  temos unha enchenta na casa do finado, que...as veces, rematan algúns cantando.
    Xan, despois de isto, deulle as grazas tanto a el como a sua filla, e díxolle que tiña que seguir a sua andaina, que quería sair de día, collío as suas pertenzas e botounas o lombo. Collío un camiño que daba o faro polo cal  xa fora cando lle ocurreo a desgraza e... pasoú por unha torre grande que estaba nuha cima do monte. Seguío camiñando por un paraxe inóspito, ata atopar unha pequena aldea, o primeiro que lle pasou pola cabeza e que, o debío camiñar moito, ou... algo pasaba, xa que, case a maioría dos que alo vivian, ¡eran loiros, e...tiñan a pel branca!, igualiño a un monte que vira por aló, preguntou a un dos veciños e díxolle que non sabía.... que xa llo tiñan dito, o  seo antepasado sería algún dos que se salvaran en algún dos moitos  naufraxios que por esa zona había. Despois desta conversa Xan encarou cara o lado do mar e.... (continuará)

* Poesía de Pacola González Campelo

martes, 8 de junio de 2010

Frank C - o que o mar nos arrebatou


       A 1 da madrugada do día  2  de  Octubro de 1991, a 30 millas ao noroeste de Rochall, un barco danés, o Nuka Ittuk, divisaba unha balsa salvavidas con un  home dentro, era Gerardo Pérez Pose, patrón de costa do pesqueiro Frank C, nese intre o barco danés, avisa as autoridades do Reino unido do afundimento dun barco, que rescataran a un, e que, faltaban 15 mariñeiros máis, de inmediato sairon un avión e máis un barco do servizo de gardacostas das islas Hebridas, pero... nin rastro dos homes, nin da balsa, na que, tiñan espranza poideran estar os mariñeiros.
        María del Carmen Couso, muller de Benito Carabelos Rosales, un dos mariñeiros desaparecidos cóntame como foi, como viviu,  e que sentío, dende o momento da chamada, ata o día que ...tivo que decirllo a sua filla  de 9 anos:
         "A mín chamáronme por teléfono da oficina de Pesca Arosa,  decindome que o barco tiña a radio estropeada e perderan a comunicación con eles.  Xa me puxen nerviosa e, busquéi quen me levara a Vilagarcía, lugar onde estaba a oficina, pero...mentres, encendín a tele, e... estaban a decir que o Frank C, fora a pique no Gran Sol, non podía cos nervios e, chamei a un familiar contándolle a triste nova, pero este creío que eu toleara e que, non era posible. Máis, eu tiña ansia de respostas a tantas preguntas que me pasaban pola cabeza, marchei pra oficina e alí buscaba a persoa que tivera respostas as miñas preguntas, máis.....¡ non había!. Sentía dor... .moita dor, pensando como sería o que lle pasara, a miña vida, parecía que se me ía con el, o meo home, o meo compañeiro, o pai da miña pequena...non volvería máis. Así, estiben dun lado pra outro pola oficina durante duas semanas, movendo a xente que sabía, pero, sempre cos mesmos resultados.
        A miña pequena, xa a mandara  o primer día, pra casa da miña cuñada, deixándolle dito que ninguén lle contara nada do sucedido ao pai, que llo quería contar eu, i....... ¡ese día chegóu!, ían case duas semanas dende o naufraxio, xa rematara a busca, a pouca espraza xa se esvaecera, pero...¿como explicarlle a unha filla o que, nin eu podía ou quería creer? ¿como decirlle que seu pai, polo que tiña tanta adoración, non voltaría máis?.  Foi entón, cando pensei en darlle forma de conto pra que, así o fose asimilando, díxenlle, o principio, que seguramente o seu pai estaría nunha isla deserta, esperando que o rescataran, que estaría ben, e que, faría unha casiña de troncos, que cazaría.....pero..¡non!, non o entendía, quería que, seu pai viñera pra casa, que o fóramos a buscar...¡entón!..era hora de contarlle a verdade. Díxenlle, que, o barco tivera un problema moi grande, que se perdera no mar, e que Deus, levara a seu pai pra xunta del, ela... gritaba de dor, seguíalle decindolle que como era tan bo, que Deus o quería ter o seu lado, pero ela choraba .. gritaba de dor, decia, por que Deus o levou, si era tan bo, tería que deixalo aquí con nos....como  ía entender unha nena de 9 anos, unha cousa que, nin eu entendía....choraba... daba patadas...gritaba...,eu... sentíame impotente, xa que non podía aliviar a sua dor, a nena estaba muy unida o seo pai, eran como unha mesma persona...e así pasandoo mal levou moito, moito tempo...ata que, pouco a pouco fomos falando do acontecido, e...fomos encontrando un pouco de paz. aínda hoxe... ilusa de mín, penso que, en calquer intre vai entrar pola porta..."
        Priscila Carabelos, a filla, lémbranos os recordos bonitos ,as mostras de cariño...:
       "O primer día que fun o colexio, estaban todas miñas amigas esperándome, na mán tiñan unha cartiñas, e ademáis cada unha delas tiña un paquetiño con un lazo pra mín. Fíxome moita ilusión, foi un xesto moi bonito, inocente e sincero, como unhas nenas de 9 anos demostráronme, a sua maneira, que estaban aí, conmigo.  Nunca me esquecerei.
        Estaba muy unida a meo pai, por pouco tempo que el pasara na casa, os poucos dias que estaba, non me separaba do seu lado, íamos a casa da sua nai a coller peras de san xoan, subiame de pe enrribas del e collias, lembrome da sua canción favorita " a lambada", de que xogábamos moito a supermán e supermana, tamén...dos chichos que se deixaba facer, ca cinta de "carrocero", dous a cada lado da cabeza e un enrriba facendo unha palmeriña....cando íamos pescar, un día.. deixeme os dentes nas pedras, cando collío un peixe tan grande que non cabía na cesta, emocioneime tanto que fun correndo e...todolos dentes de "sombrilla". Ou cando ía a esperalo o muelle, que non lle daba tempo a que o barco atracase de todo, pra tirarme, colléndome os seus compañeiros i eu corría por aquel barco pra abrazalo.
       Aínda hoxe, non me acerco moito os muelles, un día subime a un mercante e...¡ de súpeto, escomenzóuseme a encoller, absorvíame, non podía respirar, tiveronme que baixar do barco. soño con el, avísame en soños de cousas malas que van pasar, ainda que pareza mentira....soño con un fuselaxe, e, o día seguinte estrelase un avión, soño con que vamos nun tren, e descarrila un o día seguinte, érgome chorando da angustia de non poder facer nada pra salvar a esa xente.
       O último día que vin a meo pai...foi...¡ na miña primeira comunión!, ¡sí!, os demáis nenos fixéronna no vrán, i eu e máis outra nena agardamos a que nosos pais chegaran do mar. Sí, ese foi o último día que vin a meo pai..."

Dende aquí, quero agradecer a Mary, e a sua filla Priscila,  que se fixaran en mín, pra que, fose o que lle redactara a crónica dos seus sentimentos, que esto, axude a ambas a superalo. Tamén, dende aquí quería facer un chamamento, para que, polo menos nos camposantos dos pobos mariñeiros, axa un sitio no cal os familiares dos desaparecidos no mar, podanlle levar unhas frores, e, rezarlles unhas plegarias polas almas deles.

     Remato pondo a lista de persoas desaparecidas no Frank C, tiñan entre 16 e 40 anos :


      Manfred Appeizoler               capitán          Alemania
      Jorge López Baña              patrón pesca    A coruña
      Javier Cabaleiro Juncal     primer mecánico      Bueu
      Manuel Piñeiro Pastoriza   segundo mecánico    Bueu
      Severo Malvido Parcero       engrasador           Cangas
      Jaime Gestido Cabanelas      cociñeiro             Cangas
      José Manuel Otero Vilas      mariñeiro             Marín
      Agustín Soaje Paz                  "                       Bueu
      Jose A. Rodriguez Marta        "                      Carballo
      Benito Carabelos Rosales      "                        Marín
      Vicente Rios Pena    Moaña  apareceu despois dun tempo
      José Antonio Rodriguez Verdía                    Carballo
      Celestino Faría Santomé        "                    Moaña
      Jaime Sánchez Gallego           "                    Moaña
      Antonio López Cardero          "                    Moaña
      Nelson Brown                                           Surafrica

jueves, 3 de junio de 2010

Xan "das crebas" ( X )

...pois..., foise acercándo pouco a pouco, e buscando ver a "creba" que viña aos sons das ondas, a escuma tapábaa de cando en vez, e logo saía a superficie, máis...pola forma que tiña, non podía ser outra cousa  que...¡un baul!, sí, eso era, pensou pra sí. Corrío cara o baul, como si lle fora a vida nelo, metíose na auga, e ... ao querer porlle a man enrriba, éste co impulso dun golpe de mar petoulle no peito e pasoulle por riba. Xan, nese intre... perdeu o coñecemento, quedando flotando a uns metros de terra firme. Outro golpe de mar fixo que o baul encallase na area. Xan, sangraba pola frente, e,  xa estaba agonizando, nun día como ese que ía estar por alo. Outro golpe de mar fixo que Xan quedase tamén encallado preto da sua "creba", mais....se non espertara pronto, outra onda podía levalo pra fora. Pero.... o golpe era forte, si, bastante forte. Unha terceira onda golpealle na cara, facendo que a Xan entraralle auga pola boca,, esto, ademáis fixo que voltara en sí, e ...abrio os ollos, a vista, nublábase, máis el sentía o mar nos pes, decatándose que, se quedaba alo podía levalo o mar. Intentou erguerse.....unha  forte dor no peito fixo que caese de novo a area, os pinchazos esos non eran boa siñal......arrastrouse fincando os dedos nas areas, axudándose dos xeonllos, ata que, estivo libre da forza do mar, xiróuse quedando boca arriba... nese intre, debido tamén o esforzo feito pra porse a salvo, volveo perder o coñecemento............Unha caricia na cara,  fixo que, voltara abrir os ollos, ollou un fermoso sonrriso,  entón dixo - ...moi..tas  grazas.. señora... serea, - a muller, que lle sostiña a cabeza, e que,  uns intres antes xa lla vendara cuns panos, os cales, atoparaos no baul, respostoulle - non son unha serea señor, sonche, unha muller a que, este... mar, deixou ..viuva, e, con dous pequerrechos, ademáis de meu pai ,que, xa  o probiño vai vello e non pode ir o mar, e, para poder comer, ando as veces buscando "crebas" polas praias .... tivo sorte señor, que,  xa vira o baul cando estaba no alto, e, ao chegar aquí atopeime isto, ¿elogo, vostede e naúfrago dun barco? - Xan respostoulle - ¡non!..señora, eu... ando vagando polos lugares en busca de "crebas", e...ao estar abrigado do chubasco vin que se acercaba unha, e ..parecía boa, entón, sain correndo pra collela ca mala sorte de que se me botou enrriba..¡aaah!... esta dor.. no peito.- ¡non se apure! non teña presa...que eu,  teño aí un carro con un burro, xa que,  traio sempre que veño as crebas, ademáis este baúl soio traía roupa de muller, a cal  xa levei pro carro, o baul queda aco xa que e moi pesado - contestou ela. E así,  Xan, foi axudado pola muller que o levou  ata a casa  do medico da vila, o cal lle fixo as curas e vendoulle o peito porque tiña un par de costelas rotas. Este, dixo que tiña que ter uns dias de repouso, e a muller contestoulle que podia poñelo na cama dos nenos, que estes dormirian con seu avó.
     Era xa cerca das tres da tarde do seguinte día cando xan abrío os ollos, alo se topou con uns pequenos que o estaban axexando dende a porta, o mais vello escapou correndo chamando a sua nai decindolle que xa espertara o señor, esta logo chegou acompañada dun vello, e díxolle a Xan - ¿dormio vostede ben?, Xan  asentiu coa cabeza, ela volveo decirlle mire traiolle agora un caldiño, tomeo e descanse  e xa vera mañan como se encontra mellor. Así foi, e do caldo que lle trouxera, Xan tomou case todo, voltando quedar durmido ata o dia seguinte, mentres, entre a muller e o ancián facian turnos pra vixiar o forasteiro.
    O día seguinte, Xan xa se atopara mellor e ata se ergueu da cama, agradeceu a muller e o vello o que lle fixeran, e dixo que non sabía como ía a pagarlles, eles repostanronlle que non tiña porque darlles nada. Logo entablou unha conversa co vello falando de cousas de mar. Este decía que o oficio que el andara era ao xeito e... púxose a contarlle como facían pra "encascar as pesas":
    Pois nós, íamos o xeito cas "pesas" de algodón, e, cando había moito nordés  o patrón aproveitaba pra secarlas, entón, nos colliamos as "pesas" da lancha e lavámolas, palmeámolas unha a unha, collendo cada duas ou tres brazas e ...¡un, dous,tres!, golpeámolas contra o mar pra quitarlle as escamas e mais os restos das cabezas de sardiña que ían prendidas. Así seguido ata rematar unha "pesa", ésta collíana os outros e levábana pra praia a estirar na area, e así ata rematar a "casea". Logo, cando estiveran secas, normalmente era o seguinte día, collíamos un barril con auga e metíamolo ferver, añadíamos cascas de pino, e de aí ben o de "encascar as pesas", removíamolo, e facía unha pasta. As pesas secas metíamolas nunha "vacía", na cal vaciábamos o contido daquela coción, é removíamos os aparellos ata lograr que todo pano se impregnara daquela pasta,e así meu filliño, quedaba o algodón das mallas revestido con ésta, e, sería mais forte ,non rompéndose tan facilmente.
     Xan, agredecío moito os contos que lle contaba aquel vello, alegrábase que se topara con xente tan boa no seo vagar pola costa, e despois disto quixo erguerse pra marchar,  pero... ( continuará )