Dende fai tempo, leva rondando pola miña cabeza escribir un artigo sobre este tema, o certo é que dende que escoitei na Radio Galega, nun programa de Xusto López Carril, a un percebeiro de Muxía decindo .." os que din de que cando ves a morte os ollos, lembraste da muller ou dos fillos, é mentira, do que te lemras é ... a que sitio vin morrer, ou a onde vin acabar...". Eu xa nese intre deille a razón, xa que nos percances cercanos a morte que tiven nun barcos no me lembrei deles, nin de ningún santo, lémbrome que, era día de reis, nunca fora o mar ese día siñalado, o primeiro que me pasou pola mente foi....a única vez que viñen o mar o dia de reis, vou morrer afogado, despois lembreime do sitio en onde ía morrer. Noutros percances na carretera, e no máis preto ai uns dias, o pensamento e algo distinto, cando, te ves "vendido", soltas unha palabrota, despois so te lembras no sitio onde a vas a palmar, nunca se me pasou pola mente , nin a familia nin os santos, nin nada parecido, só, o sitio onde tes a tua. con isto, non quero decir que, nun accidente no cal se está moito tempo de angustia, se pode lembrar na familia que deixas, ou suplicar a intercesión dalgún santo, máis, non en primeiro lugar, eso nos primeiros momentos non pasa pola mente, queda moi ben de cara a galería, decir que se lembra nos fillos ou na muller.
Tamén con esto quero recalcar máis que o destino xa o temos escrito, é que cada un ten a sua no sitio, o meo do outro día fixo que, a pesares de ir uns centos de metros derrapando,esquivando ao probe do home que me avisaba, o cal ao correr cando vio que me ía esnafrar cara onde estaban os outros coches, caío na carretera, e que fora o coche que, máis arriba quedara, nun sitio privilexiado ,facendo que, o meo cometido fora en alertar os coches que entraban naquela ratoneira, minimizando así os daños causados,ese mesmo destino foi que fixo que, cando asumín de que o impacto co coche ía ser nun intre ou noutro, gardase a calma e, así,controlar a situación.Con este artigo quero deixar clara a miña opinión sobre dous temas; que no primeiro que se pensa non é na familia (pódese pensar décimas despois ), senón no sitio, no dia,etc. é que, o destino de cada un témolo escrito, sei que a miña opinión vai traer diferencias, máis so é eso....unha opinión.
Rexistrado en Safe Creative
______________________________
Mostrando entradas con la etiqueta Opinión. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Opinión. Mostrar todas las entradas
domingo, 5 de diciembre de 2010
sábado, 3 de abril de 2010
O Santo Enterro visto por un costaleiro
O nervos escomenzan a asomar, está preto o momento da salida, vai entrando no camposanto e acércase as tumbas dos seres queridos, i, en silenzo, reza unha oración, marcha apenado, venlle a memoría os recordos dos anos en que todos disfrutaban deste día. Acércase ao trono da Cofradía do Santo Sepulcro da que el é cofrade, colócase no sítio asignado, xa que, acercanse traendo o corpo de Xesús pra botalo na urna que está enrriba do trono, silencio, e o que se escoita cando o están pondo, cerran a tapa de cristal, prenden as luces, o capataz da a orden de salir, súben o trono e deixano pousar nos seos hombros, comenzando a andar, van pasando pola xente que está polos lados mirando pra urna, uns rezan outros santíguanse e outros contemplan a solemnidade con que marchan os costaleiros. El pon a mirada fija pra diante, decátase que o que o precede vai descalzo, de cando en vez pensa nas persoas polas cales se ofreceu a levar, rezando ou pra así coller máis forza pra aguantar o peso. A banda de música toca "La muerte no es el final", unha marcha fúnebre que transmite máis emocións, a cara ruborízase e , o trono escomenza a "bailar", a xente párase, mira, algunha chora, son os momentos máis emotivos, desvía a cara da xente e bótase ollar pra diante, ten medo que se asome algunha bagua e...non quere. No medio da procesión escomenza a chover, ao principio esa auga alivia a calor que leva, despois xa e bastante o que chove, párase de andar por uns minutos, mentres deciden si acortar a procesión ou facer o percorido, preguntan e veñen a darlle a nova ao capataz decindo que se acortaba, firme o capataz contesta decindo que o Santo Sepulcro continúa o percorrido establecido, facendo con esta decisión que continúe como estaba previsto, os centos de fieis siguen acompañando, logo de quince minutos escampóu nonchovendo máis, seguiron marchando en procesión transmitindo máis solemnidade por mor de que a chuvia os mollara,e a auga escorríalle pola cara abaixo, a xente asentaba coa cabeza aceptando a decisión do Santo Sepulcro, cada vez había máis fieis, eso daballe a el maís ánimos, xa que a pesar da chuvia axente aguantóu. Sube o Santo Enterro buscando o campo preto do Sepulcro, a xente enche ambos lados, esperan a urna , o costeleiro mira prao chan, e noite pechada e avanza cara o Sepulcro, paran, esperan pola Dolorosa, xa que San Juan , a Verónica e a Santa Cruz están facendo pasillo, ao chegar a Dolorosa quitan o corpo do Cristo envolto da urna e danllo aos encargandos de depositalo no Sepucro que está no alto do montículo. A urna vacía avanza coas luces apagadas cara o sítio de partida, os sentimentos e a dor escomenzan a aparecer, esa dor que unha vez acabado, é menguado polos ánimos dos séus, que lles felicitan por la decisión tomada.
viernes, 12 de febrero de 2010
A peregrinacion das camisetas
Hoxe non tiña pensado editar nada pero por mor dun enlace que me levou a páxina do concello de Muxía,e para ser mais preciso a "Crónicas de primeira peregrinación do ano2010",púxenme a ollala e vín : "...En Olveiroa puidemos comprobar o que cambiou esta aldea desde que se abríu aquí o albergue para peregrinos no ano 2000.E aquí estaba o alcalde de Dumbría e Puri,a encargada do albergue e unha das persoas que pode direccionar aos peregrinos.E Xosé Manuel Pequeño dixo que o concello de Dumbría estaba interesado nesta aventura muxiá, pois neste ano empezaban as obras dun novo albergue na capital do seu Concello e o éxito do mesmo dependerá dos peregrinos que opten por ir a Muxía.Desexámoslle pois moitos éxitos." O sexa queren direccionar aos peregrinos cara a Muxía,esto a min non me colleo de sorpresa xa que por circunstancia do traballo tocoume traballar no albergue aló por o ano 2001,e a encargada do albergue xa direccionaba a algún peregrino decindo de "Muxía era moi bonita ",era o único motivo que lles daba,Pero o que me sorprendeu é que o puxesen por escrito na páxina do concello,ademais Pequeño estaba interesado,non era mellor que o señor Pequello lle dixera señor Porto remate en Fisterra por que alo e o Fín do camiño,e o lema da camiseta era mellor que puxera " Muxía no Camiño",ademais decirlle xuntemonos todos os concellos ( esto digo eu que son tachado de localista ),e fagamos por promocionar o camiño a Fisterra,pasando polos nosos concellos ademais de Cee e Corcubión para rematar no único fin do camiño: Fisterra.Non non o dixo.... Mais adiante o señor Manuel Vilar segue escribindo: "Sen Muxía o camiño a este Cabo do Mundo
estaría coxo,faltaríalle algo, a parte relacionada lendariamente co culto xacobeo e coa presenza do Apóstolo na nosa terra."¿ A que cabo do mundo se refire?, ¿quen dixo que Muxía quedaba fora ? acaso ¿onde deixástedes a Fisterra?, ademais sin Fisterra ¿ como estaría o camiño en cadeira de rodas?,deixemonos de tanto egoismo e de levar as ascuas a nosa sardiña,de acusar as victimas de localistas por defender unha agresión a nosa historia,ben o dixo o príncipe "...hasta Finisterre",non dixo los Finisterres nin el Finisterre,dixo como tiña que decilo Finisterre, e non lledean mais volta a tortilla.

martes, 9 de febrero de 2010
FISTERRA
Estaba case durmida
e as feras agardaban,
ian pouco a pouco levando
as cousas que ela gañara.
¡Apresa,apresa!,decían,
vamos que non se decata,
logo cando se desperte
non lle vai quedar xa nada.
Pero o que non sabían
esas feras malvadas,
era que dentro de ela
a xente a despertaba.
¡Desperta,desperta! Fisterra
levanta,e ponte en marcha,
que che queren levar todo
nome, historia e palabra.
¡Acougade un momento!
dixolle a xente,Fisterra,
¿elogo,os meus gobernantes
acaso,non me defendan?
Ata que nos te chamamos,
eles nin un chio deran,
ningun dos catro partidos
por aquí aparecera.
Pero aquí estamos nos
dende o castillo,asta a cerca,
pasando pola calle patres
e tamén veñen da aldea.
Fixemos unha plataforma
boa, grande e con sentido,
e un lema por bandeira :
lunes, 8 de febrero de 2010
Eu non digo nada ,pero vaia
Cando hay xa un par de anos Fedri Tácito escomenzou a achegarnos a historia do noso pobo,un "mouro", repostáballe dándolle apoio e decindo"..será recordada e contada por un crítico defensor da única fin do camiño". Pois si, ainda non se fixera a por min chamada"marcha das camisetas" e, o "mouro" xa recalcaba o
de única Fin do Camiño,¿era un visionario?non,o que pasaba era que a el xa lle caeran as vendas dos ollos,
avisabanos tanto el como Fredi de nos estaban quitando o noso,que se estaban aproveitando do noso nome,e o que é peor...que por intereses comerciais,a memoria histórica dun pobo non ia valer pra nada.
Como pensadores dixeron: "..si por nos non pasa o camiño,pois traijamos o camiño a nos",e así fixeron
unha ruta a que eu chámolle,a "ruta dos negocios",tanto da que non pase por un sitio que forma parte do camiño,con tal de que pase por o negocio que eles rexentan.Outros din pois xa que os Fisterrans non protestan e teñen o debate si Fin-isterre ou Fis-terra,que se queden ca -terra e nos levamolle o Fin.¡Mais non!,ata ahí podíamos chegar,eran as palabras mágicas para que despertaramos e xuntos decir.: FISTERRA:ÚNICA FIN DO CAMIÑO,non señores,dixeron os Fisterrans da pé,aquí estamos nos pra
defender o noso,estamos unidos pra decirlles con datos na man onde verdadeiramente remata o camiño,
e xa esta ben de aproveitarse de nos e do noso nome,non nos importa que nos etiqueten de localistas,sí
son localista,si con eso evito a usurpacion da nosa historia,pero.....quen nos tacha de localistas son os que
se queren aproveitar de nos......

domingo, 7 de febrero de 2010
Saludos
Bueno,despois de que algunha xente me dixera que fixera un blog, para que comentara as novas,as informacions e os meos puntos de vista das cousas que suceden no noso pobo e tamén,como si no,
na comarca, eu farei comentarios dun xeito ameno e divertido que faga en vostedes un pequeno sonrriso.....graciñas,de anteman por perder un pouco do voso tempo aquí.
na comarca, eu farei comentarios dun xeito ameno e divertido que faga en vostedes un pequeno sonrriso.....graciñas,de anteman por perder un pouco do voso tempo aquí.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)