Hoxe escribirei sobor dun naufraxio, que non foi contado nos libros, a xente sempre oio falar del, pero con datos moi confusos, en algunhas publicacións nomease mal a situación, ou o número de mariñeiros, xa que foi uns dos naufráxios coñecidos de xente de Fisterra, quero dende aquí facer unha lembranza deses mariñeiros.
Era o día 23 de Xaneiro do ano 1961, o mar estaba moi malo, rompian os baixos da "parede" debaixo do faro de Fisterra, o "Isleña", un barco de unhas 7 toneladas, con matrícula de Vigo e con base no porto de Fisterra, estaba recollendo os aparellos no lugar do "leixón", cando un golpe de mar procedente do baixo da "parede", alcanzous de costado facendo voltear o barco, os seos sete tripulantes caeron a auga, esto todo foi visto polo mariñeiro que estaba destinado no faro de Fisterra,Nazario Rivera "pintura", que cheo de nervos, collío a sua bicicleta e pedaleou os case tres kilometros que separan o faro do porto, chegando a este exahusto, case que non respiraba docansado que estaba, avisou aos mariñeiros de que o isleña, dera volta de quilla debaixo do faro. De seguido, saio a toda máquina o " Segundo Choupín", patroneado por José Antonio Martinez, "o repoleiro",mentres, os homes loitaban por manterse a flote,un destes mariñeiros,Moncho "de Rosina", foi quen, dende o primeiro momento na procura dos seos compañeiros, collendo a , Juan "da Cueva" botandoo enrriba da quilla do barco que ainda se mantiña a flote, logo proseguío na procura de outro, Bautista,e asi ata tres compañeiros, o último destes era "o Meijiño",antes de, voltar el mesmo pra emrriba do barco, falou co motorista, que por mor do gasoil non via nada e estaba desorientado,decídolle que aguantase que os viñan buscar, el xa non podía facer máis estaba rendido do cansancio, o motorista,José López, foi un dos que morreran, xunto con dous irmans, Manolo e ModestoMarcote Redonda. O "Segundo Choupín ", abreulle máquina ao seo motor, botándo rumbo ao lugar do naufraxio, recollendo con vida a catro dos seos sete tripulantes, non pudo salvar aos outros tres que desapareceran nas augas do mar. Ao chegar a porto montouse entre os barcos do porto, un efectivo de búsqueda dos desaparecidos, dando o seo fruto poco despois recollendo entre os aparellos os corpos dos desafortunados mariñeiros.
o seguinte día, montouse un gran funeral con autoridades civis e militares pra darlle o último adeos a, aqueles homes que deixaron a sua vida no mar de Fisterra.
Rexistrado en Safe Creative
______________________________
Mostrando entradas con la etiqueta Naufráxios. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Naufráxios. Mostrar todas las entradas
domingo, 29 de agosto de 2010
jueves, 12 de agosto de 2010
O "BARITO"- unha morte predecible
Polas emisoras de radio, oíase falar do achegamento dos restos dun novo ciclón... o Klaus, cando, non había moitos dias, fixera o mesmo o Hortensia. Era o día 15 de Novembro do 1984, o Barito, un pequeno barco duns 5 metros de eslora estaba recollendo as nasas pola zona da "illa de Santa Catalina" en Tal,.Había mar de fondo, cando.. un golpe de mar dalle volta de quilla o barco, os dous tripulantes caen o mar, Antonio Domingo Lado "Cuco" de 17, ao sair a superficie non vio ao patrón, Ángel .Lestón Formoso de 48 anos, entón foi cando se puxo nadar pra terra en busca de axuda, ao chegar foi como pudo a unha casa chamou por teléfono a muller do patrón dandolle a mala nova. Púxose en marcha un mecanismo de busca, aparecendo horas máis tarde o corpo de Angel Lestón Formoso, máis coñecido como "Gelito", era moi querido na vila de Muros, xa que, foi un dos fundadores do club de remo de Muros, sendo Antonio, tamen remeiro do club, e, asi son as cousas da vida, un poco tempo despois, moi preto de onde morrera o seo presidente, perden a vidas, outros tres remeiros máis nun accidente de circulación. A súa viuda Socorro Leal recorda o suceso como algo horrible pero ,ó mesmo tempo, incluso previsible, xa que, "...era un home que non lle tiña medo a nada, por que a súa complexión fisica forte facíao moi confiado. Levaba toda a vida no mar ca experiencia de ter pasado por distintos tipos de barcos e, ademais, nadaba como un peixe pero pese a ser un home de mar faltáballe a cualidade mais importante que debe ter un mariñeiro,...respetalo mar. Téñolle berrado en multitude de ocasións por sair a faenar co noso fillo Lito cando so tiña uns 10 anos de idade en condicións meteorolóxicas moi adversas, e, o propio Lito tenme contado que moitas veces pasaran mais dun apuro intentando evitar que o barco lles volcase.
O día do accidente serían as 12 da mañá cando recibín a fatídica noticia a través dunha chamada telefónica do tripulante Antonio Domingo que traballaba con él, dentro do lóxico estado de shock no que quedei, de seguido, avisei tanto á Comandancia de Marina como a familiares e veciños. lembro que, chovía e ventaba moito, pero en poucos minutos xa se xuntaran todos pra... en coche, desplazarse ata as proximidades do lugar do naufraxio.
A miña cabeza empezou a asumir que as posibilidades de topalo con vida, eran poucas, pero... ainda así, pra o descanso da familia, o feito de que atopen o corpo é un pequeno alivio pra evitar volverse tolo.
So tiveron que pasar unhas poucas horas pra certificarla mala nova... ¡acababan de topalo corpo do meu home sin vida!. Non so acababa de perder a persoa ca que formara unha familia, si non que, ademais, xa non estaba o motor do sustento da mesma, e, polo tanto, sentía que estaba embarcando nun navío que se iba polo mar abaixo, sen viveres ...e con catro fillos que sacar adiante. Grazas a Deus, a mente, moi pouco a pouco fai que vaiamos topando o bo rumbo da vida e sigamos loitando polos nosos seres queridos. A pesar das adversidades, unha das cousas que máis me desafogou foi... comenzar a escribir pensamentos,que logo se convertirian en poesías, sen moito valor literario pero con moita carga emocional, que fixeron que recargase forzas para posteriormente facer todo tipo de actividades ca xente da miña idade. Seguir adiante e moi duro, pero é a mellor terapia para que a cabeza comence a descargar tensións e sigamos o curso da vida axudando ós fillos e non condenandoos tamén a eles a ir a pique.
Hoxe por sorte os meus catro fillos teñen a súa vida e os seus traballos do que eu estou moi orgullosa, pero sei que, eles tamén o están de min, por que, sempre que teñen oportunidade, me recordan como unha cualidade persoal o meu espíritu de loita e sacrificio."
O mar, o que tanto da, pero que...tanto nos quita, cobrouse unha nova vida, ¿podíase predecir?, non sabemos, máis, o que sabemos é ...que ao mar, non se lle pode perder o medo, cando...iso pasa, estaremos sendo unhas víctimas en potencia, un día u outro...convertirémonos noutra victima que engadir a larga lista de ....náufragos do mar.....

jueves, 15 de julio de 2010
O Enero...lembranza o Carme
13 de Febrero de 1987, eran sobre as seis da mañán, frente a Corrubedo, cando o patrón do arrastreiro Enero,( un pequeno barco mercado en Cambados e reconvertido en arrastreiro pra suceder ao María Auxiliadora, que queimara xunto a praia da Virxe de Muros), mandou largar o aparello, había unha pouca marexada, escomenzaron a maniobra, cando....un "rabo de jalo"de unha das portas, enganchouse con unha das palas da helice, o golpe foi moi forte..., Aurelio Santiago Pedrosa, engrasador do Enero, corrío cara o rancho de popa, e ...baixou a onde estaba a bocina da hélice, ollando que entraba moitisima auga, na sua mente rapidamente pasaronlle tres imaxenes pola cabeza, a da filla que tiña dous anos (xa que el perdera a seu pai cando tiña tres, e pensaba que..podía pasar o mesmo), a da sua dona ,e ...a da Virxe do Carme.Subío pra a cuberta, onde os seos compañeiros xa estaban agardando por un naseiro que faneaba pola zona, a pequena embarcación debido a marexada tiña que facer bastantes manobras pra coller a xente, tiña xa todos a bordo menos a Aurelio, que, como o barco xa estaba sumerxindose tívose que tirar o mar, e despois, recolleronno os do barco, pasaronnos a todos ao María Auxiliadora, barco o cal os levou pra Muros e no cal aos oito dias embarcaría Aurelio.
Pero o destino tiñalle gardado a este mariñeiro de Muros outra sorpresa, xa que, ao pouco, sería el un de tantos que velan pola seguridade dos nosos barcos, no Servizo de Busqueda e Salvamento, agora mesmo esta no remolcador Ria de Vigo, e sempre ten presente a Virxe do Carme nas suas plegarias.
jueves, 1 de julio de 2010
Gran Soleiro II: Un rescate, unha perda...
Era o día 24 de Abril do 1987, cando despois de faenar, o barco Playa da Cruz, dirixíase cara o porto de Muxía. Había mar de sudoeste, levaba posto o canal 16 de VHF, cando…escoitou un aviso de Protección Civil, indicando que un barco, dera volta no coido de Touriñán, sen dubidalo un intre, o patrón, puxo rumbo cara o lugar do naufraxio, alertou a sua tripulación e doulle avante a toda, o tempo... como el ben sabía, era crucial para efectuar o salvamento. Mentres, a tripulación preparaba na cuberta os cabos e aros salvavidas, sabedores de que, farían falta. Chegaron ao lugar, e viron o barco volteando con cada golpe de mar, tamén divisaron efectivos de protección Civil por terra. Ollaron, entre a escuma e divisaron dous homes, pero…había bastantes cabos do barco aboiando, tamén había vento do sur en contra, a manobra era arriscada…non era intre de dubidar... a eses homes, había que quitalos do mar.
Un destes naúfragos, debido os golpes de mar era empuxado cara a terra, ollaron pra o outro e, decidiron ir a por el e, tiraronlle un aro salvavidas amarrado con un cabo…o mar e o vento alonxábano, o pobre, case sin folgos non podía loitar en contra do vento, quería pero… non era capaz, mentres, o aro salvavidas, era lanzado repetidas veces ,máis…era case imposible. Un dos tripulantes ofreceuse a tirarse o mar amarrado con un cabo para rescatalo, entón foi cando…logrou asirse o aro, foise tirando pouco a pouco por.. si se soltase tivese o aro máis preto, así, foronno arrimando ao barco, mentres o que estaba máis preto de terra, era rescatado por Protección Civil. O naúfrago, chegou ao costado do barco e... cando o puxeron a bordo, ollou pra eles... a sua expresión decíao todo, agradeciulles aos seos rescatadore e…desmallouse, voltaba en sí e desmallábase, sufría de hipotermia debido ao tempo que estivo na auga, os mariñeiros do Playa da cruz, apresuraronse a quitarlle a roupa e envolvelo en mantas, puxeronno no sitio mais quente do barco, ao lado do motor, mentres, o barco dirixíase ao porto. Os mariñeiros dabanlle ánimos, decíndolle que estaban preto de terra…,que xa chegaban, que todo ía ben, máis... o que non sabían, era ...que un terceiro tripulante que ía cos naúfragos xa non voltaría, que os dous que se salvaron, cando sufriron o accidente mantíñano a flote debido a que pouco sabía nadar, pero…foise, entre o tempo que levaban na auga, e, os golpes de mar estos soltáronse, e… cada un tivo que preocuparse da sua propia vida. Esto todo, era observado por un pescador que estaba nas rochas no momento do percance do Gran Soleiro II, e foi el, o que, dou aviso a Protección Civil, a manobra do Praya da Cruz, foi meritoria e arriscada, máis, valio a pena. Salvou a Ambrosio Carril Martínez de 28 anos, mentres que fixo o mesmo Protección Civil con Francisco Carril Martínez de 30 anos, non poidendo ter a mesma sorte o primo de ambos, Marcos Samil Carril, todos eles de Camariñas.
Unha vez máis a Costa da Morte fixo honrra ao seo nome…

martes, 8 de junio de 2010
Frank C - o que o mar nos arrebatou
A 1 da madrugada do día 2 de Octubro de 1991, a 30 millas ao noroeste de Rochall, un barco danés, o Nuka Ittuk, divisaba unha balsa salvavidas con un home dentro, era Gerardo Pérez Pose, patrón de costa do pesqueiro Frank C, nese intre o barco danés, avisa as autoridades do Reino unido do afundimento dun barco, que rescataran a un, e que, faltaban 15 mariñeiros máis, de inmediato sairon un avión e máis un barco do servizo de gardacostas das islas Hebridas, pero... nin rastro dos homes, nin da balsa, na que, tiñan espranza poideran estar os mariñeiros. María del Carmen Couso, muller de Benito Carabelos Rosales, un dos mariñeiros desaparecidos cóntame como foi, como viviu, e que sentío, dende o momento da chamada, ata o día que ...tivo que decirllo a sua filla de 9 anos:
"A mín chamáronme por teléfono da oficina de Pesca Arosa, decindome que o barco tiña a radio estropeada e perderan a comunicación con eles. Xa me puxen nerviosa e, busquéi quen me levara a Vilagarcía, lugar onde estaba a oficina, pero...mentres, encendín a tele, e... estaban a decir que o Frank C, fora a pique no Gran Sol, non podía cos nervios e, chamei a un familiar contándolle a triste nova, pero este creío que eu toleara e que, non era posible. Máis, eu tiña ansia de respostas a tantas preguntas que me pasaban pola cabeza, marchei pra oficina e alí buscaba a persoa que tivera respostas as miñas preguntas, máis.....¡ non había!. Sentía dor... .moita dor, pensando como sería o que lle pasara, a miña vida, parecía que se me ía con el, o meo home, o meo compañeiro, o pai da miña pequena...non volvería máis. Así, estiben dun lado pra outro pola oficina durante duas semanas, movendo a xente que sabía, pero, sempre cos mesmos resultados.
A miña pequena, xa a mandara o primer día, pra casa da miña cuñada, deixándolle dito que ninguén lle contara nada do sucedido ao pai, que llo quería contar eu, i....... ¡ese día chegóu!, ían case duas semanas dende o naufraxio, xa rematara a busca, a pouca espraza xa se esvaecera, pero...¿como explicarlle a unha filla o que, nin eu podía ou quería creer? ¿como decirlle que seu pai, polo que tiña tanta adoración, non voltaría máis?. Foi entón, cando pensei en darlle forma de conto pra que, así o fose asimilando, díxenlle, o principio, que seguramente o seu pai estaría nunha isla deserta, esperando que o rescataran, que estaría ben, e que, faría unha casiña de troncos, que cazaría.....pero..¡non!, non o entendía, quería que, seu pai viñera pra casa, que o fóramos a buscar...¡entón!..era hora de contarlle a verdade. Díxenlle, que, o barco tivera un problema moi grande, que se perdera no mar, e que Deus, levara a seu pai pra xunta del, ela... gritaba de dor, seguíalle decindolle que como era tan bo, que Deus o quería ter o seu lado, pero ela choraba .. gritaba de dor, decia, por que Deus o levou, si era tan bo, tería que deixalo aquí con nos....como ía entender unha nena de 9 anos, unha cousa que, nin eu entendía....choraba... daba patadas...gritaba...,eu... sentíame impotente, xa que non podía aliviar a sua dor, a nena estaba muy unida o seo pai, eran como unha mesma persona...e así pasandoo mal levou moito, moito tempo...ata que, pouco a pouco fomos falando do acontecido, e...fomos encontrando un pouco de paz. aínda hoxe... ilusa de mín, penso que, en calquer intre vai entrar pola porta..."
Priscila Carabelos, a filla, lémbranos os recordos bonitos ,as mostras de cariño...:
"O primer día que fun o colexio, estaban todas miñas amigas esperándome, na mán tiñan unha cartiñas, e ademáis cada unha delas tiña un paquetiño con un lazo pra mín. Fíxome moita ilusión, foi un xesto moi bonito, inocente e sincero, como unhas nenas de 9 anos demostráronme, a sua maneira, que estaban aí, conmigo. Nunca me esquecerei.
Estaba muy unida a meo pai, por pouco tempo que el pasara na casa, os poucos dias que estaba, non me separaba do seu lado, íamos a casa da sua nai a coller peras de san xoan, subiame de pe enrribas del e collias, lembrome da sua canción favorita " a lambada", de que xogábamos moito a supermán e supermana, tamén...dos chichos que se deixaba facer, ca cinta de "carrocero", dous a cada lado da cabeza e un enrriba facendo unha palmeriña....cando íamos pescar, un día.. deixeme os dentes nas pedras, cando collío un peixe tan grande que non cabía na cesta, emocioneime tanto que fun correndo e...todolos dentes de "sombrilla". Ou cando ía a esperalo o muelle, que non lle daba tempo a que o barco atracase de todo, pra tirarme, colléndome os seus compañeiros i eu corría por aquel barco pra abrazalo.
Aínda hoxe, non me acerco moito os muelles, un día subime a un mercante e...¡ de súpeto, escomenzóuseme a encoller, absorvíame, non podía respirar, tiveronme que baixar do barco. soño con el, avísame en soños de cousas malas que van pasar, ainda que pareza mentira....soño con un fuselaxe, e, o día seguinte estrelase un avión, soño con que vamos nun tren, e descarrila un o día seguinte, érgome chorando da angustia de non poder facer nada pra salvar a esa xente.
O último día que vin a meo pai...foi...¡ na miña primeira comunión!, ¡sí!, os demáis nenos fixéronna no vrán, i eu e máis outra nena agardamos a que nosos pais chegaran do mar. Sí, ese foi o último día que vin a meo pai..."
Dende aquí, quero agradecer a Mary, e a sua filla Priscila, que se fixaran en mín, pra que, fose o que lle redactara a crónica dos seus sentimentos, que esto, axude a ambas a superalo. Tamén, dende aquí quería facer un chamamento, para que, polo menos nos camposantos dos pobos mariñeiros, axa un sitio no cal os familiares dos desaparecidos no mar, podanlle levar unhas frores, e, rezarlles unhas plegarias polas almas deles.
Remato pondo a lista de persoas desaparecidas no Frank C, tiñan entre 16 e 40 anos :
Manfred Appeizoler capitán Alemania
Jorge López Baña patrón pesca A coruña
Javier Cabaleiro Juncal primer mecánico Bueu
Manuel Piñeiro Pastoriza segundo mecánico Bueu
Severo Malvido Parcero engrasador Cangas
Jaime Gestido Cabanelas cociñeiro Cangas
José Manuel Otero Vilas mariñeiro MarínAgustín Soaje Paz " Bueu
Jose A. Rodriguez Marta " Carballo
Benito Carabelos Rosales " Marín
Vicente Rios Pena Moaña apareceu despois dun tempo
José Antonio Rodriguez Verdía Carballo
Celestino Faría Santomé " Moaña
Jaime Sánchez Gallego " Moaña
Antonio López Cardero " Moaña
Nelson Brown Surafrica
jueves, 27 de mayo de 2010
O naufraxio do "Urlea"
Era o día 28 de Marzo do 1984. Como todolas noites que non tiña garda, él deixaba a roupa de faena encartada xunto a cama por si había unha chamada de socorro, xa prendera no sono cando sentío o inconfundible son do teléfono. Erguéuse e, avalanzouse sobre o mesmo, o seu interlocutor comentoulle que habían recibido un S.O.S. dun barco que se estaba indo a pique cerca da "Muniz". Deulle a interruptor pero non había luz, vestiuse sabedor de onde tiña a roupa de faena, e saío correndo pra base de salvamento. A noite era moi oscura, con forte vento do suroeste e chovía con forza. Ao chegar a base o compañeiro que estaba nela entregoulle o parte da incidencia onde iba escrito tanto o nome como as coordenadas e todo referente ao aviso, tamen comounicoulle que xa estaban todos avisados e cando viñera un foran pra lancha de salvamento e a puxeran en marcha pra axilizar a salida cara o lugar do sinistro. Ollou a folla fijandose no nome do barco, era o Urlea, que por mor dun forte golpe de mar, a altura da "muniz", sufrio un corrimento da carga, producindolle unha escora moi pronunciada e que ían proceder ao abandono do buque, ¿pero ese non era?, pensou, xa mirareí. Mentres outro membro do equipo de rescate chegaba, abandonando ambos os dous a base para preparar a lancha, ao non haber luz e ser unha noite cerrada con forte vento e choiva, os dous membros tiñan que ir collidos das mans por medo a que se desviaran e caeran ao mar. Chegaron a rambla e colleron unha das gamelas que alo estaban amarradas, púxose un a cada remo e bogaron forte pra chegar a lancha de salvamento que distaba uns vinte metros de terra. Atracaron nesta e, abriron a ponte de mando, activaron as baterias e abriron os grifos de fondo, arrancando os dous motores i encenderon todolos equipos electrónicos, tamén se encendio un dos reflectores enfocándolles o camiño os demais membros da tripulación que viñan a toda presa, sairon a buscalos e logo de embarcalos, vestiron os equipos de supervivencia e púxose en contacto ca base comunicándolles ésta que o abandono do buque xa se produxera e un mercante que estaba cerca do lugar o Loredo, estaba chegando a xunto onde se atopaba a balsa salvavidas. A lancha xa se atopaba cerca do cabo de Fisterra, o mar era unha blancura, esta ía a toda máquina e por mor das ondas tocaba coas antenas no mar..subía e ... o baixar, metía a proa, chocando as rutías cos cristales da ponte, as veces os limpias paraban por mor dos impactos, o Loredo, comunicou que xa avistara a balsa e que lle estaban a facer abrigo a espera de que chegara a lancha de salvamento, éste dixolle que estarían a unhas sete millas pero que debido o temporal que iba arreciando tiñan que abrirse moito do cabo Fisterra pra despois facer un xiro de 180º, debido a esto, terían que botarlle o costado as fortes ondas durante un tempo que, o patrón da lancha quería fora o menor posible, xa que, podía facerlle moito daño a lancha. Xa estaban bastante abaixo cando o patrón dicía que lle comunicara ao Loredo que os rescataran eles, que nos non eramos capaces.... él insistíalle que fixera o posible, que os tiñamos aí, pero ...non era seguro, e xa que, estaba aló que os collera o mercante. Comunicóuse co mercante decíndolles que procederan eles co rescate, respostándolles éste que como ían facer, que era dificil, él díxolle que se puxeran a sotavento da balsa salvavidas, e que se viñera ganando a barlovento, ao chegar a altura da balsa que lles mandaran tres ou catro cabos, que algún deles collerían e despois facerlle abrigo co barco e acercar a balsa, ademáis quedaba a lancha en "standby" hasta que os rescataran, que si non, arriscarianse. Mentres a lancha estaba "capeando", mantíñanse as comunicacións, tanto ca base, ca costeira, como co Loredo,a cabo dun tempo, este último dixo que acababan de rescatar aos tripulantes, pero que, estes lles dixeran que cando se producío o abandono do buque, o segundo maquinista Jerónimo Berlés Boronat, non foi quen de chegar a balsa e dandoo por desaparecido, sendo encontrado dias despois no coido de touriñán. Os tripulantes serían levados polo Loredo, hasta Leixoes, donde serían desembarcados. Sendo por esta acción de salvamento condecorados todos os tripulantes do Loredo, ca medalla de plata da S.E.S.N.
O barco afundido Urlea, fora o que na madrugada do 17 de xaneiro do 1977, cando entraba no porto de Barcelona, atopouse con unha lancha de desembarco, a LCM 6, que saía dun lado do muelle e levaba uns 140 marines dos barcos Trento e Guam, de regreso a seus barcos e ao tratar de esquivalo, os soldados arrimaronse a unha banda, e ao levatarse ésta, foi arrastrada polo costado do Urlea, dando volta e afundíndose. Neste tráxico episodio morreron 48 marines e 1 desaparecido.

miércoles, 12 de mayo de 2010
O naufraxio do "Good Lion"
Era unha noite de forte temporal de sudoeste, concretamente a do 19 de decembro do 1983, estaba ceando xa que, o día seguinte tocáballe garda, de súpeto....,chámalle o presidente da Cruz Vermella local, pra... que saíra o máis axíña posible a base, ¡un barco embarrancou en Talón!. Saío correndo, o chegar, os curiosos dificultábanlle o acceso aos equipos de transmisión, polos altavoces oíase a costeira falando en varios idiomas pra intentar restablecer a comunicación perdida. El, comunícase con esta, a cal o informa da situación e nome do barco, por mor dunha avería eléctrica o Good Lion, foi encallar a punta de Talón, e que se perdera a comunicación, contestándolle este que se ía comunicar no código "Q". Así foi, escomenzóu decindo:
- Good Lion, Good Lion, Good Lion, QTQ*a segunda vez que o dí , síntese polos altavoces:
- QRA*, Good Lion,Good Lion,Good Lion
rompendo nunha gran ovación e aplausos os curiosos que alo estaban. El, seguío falando co barco sinestrado o cal díxolle que tiña unha avería eléctrica, unha escora de 25º a estribor, e que, querían ser rescatados por mar.
Organizóuse o salvamento, sairon o patrón , o motorista, tres mariñeiros, mais él cara a lancha de salvamento Arasolis, poñendo rumbo a zona do embarrancamento. Había moito mar de fondo, e moito vento, un barco que viña do Gran Sol e ía para Vigo ofreceu axuda, a cal foi reixetada por mor de que ía ser moi dificil a evacuación por mar, preguntándolle a costera polo tempo que había, díxolle que había sudoeste forza 12 e mar de fondo duns 5 ou 6 metros. Entre estas comunicacións chegaron a preto do barco, o cal era golpeado con furia polo mar, lanzáronlles uns cabos coas pistolas lanzacabos alcanzando a cuberta, e ante a imposibilidade de acercarse a menos de trinta metros, fíxose coa zodiac un andarivel marino, pero......a xente desaparecía, e..os cabos caían ao mar, a lancha, acercábase maís, pero...nada. Collío a radio e comunicouse con eles, respostando ahora que querían ser evacuados por terra. A lancha de salvamento, puxo rumbo o porto, ao chegar a base fixeronse dous equipos, un por terra e outro por mar, ademáis solicitóuselle a Axudantía de Marina de Corcubión un andarivel, repostando esta que tiña que vir de Coruña e tardaría unhas horas, pero que o Axudante e maís o Celador ían cara a zona a dirigir o rescate por terra. Estándo na base, volveron os mandos do Good Lion, solicitar ser evacuados por mar, no cal, voltaron a lancha e dirixíronse cara o lugar do acidente. O mar cada vez estaba peor, lanzoulle os cabos, pero nada....,estes non eran recollidos en cuberta. O equipo de terra composto de xente do pobo, improvisou un andarivel con cordas, no cal os tripulantes do barco escomenzaron a pasarlles as maletas, ao chegar a terra a terceira ou cuarta , foi tirada ao mar, xa que a xente quería que fose a tripulación quen abandonase o barco, e que, as maletas xa as collerían cando poidensen subir de novo, pero eles seguían insistindo:
- ¡Valija...valija..!
ao que lle contestaban de terra:
- ¡Valija no,valija no....vosotros...!
Mentres tanto , a lancha de salvamento seguía intentándoo por mar. El, foi un momento a sala da cuberta inferior da lancha a sentarse un pouco e tomar un café, alí estaba outro compañeiro sentado, de súpeto....... escomenzaron a dar voltas e chocar con todo, subiron pra ponte, e , alí dixénronlles que un forte golpe de mar fixo que a lancha case dera volta de quilla ( aínda que esto sucedese, voltaría a porse dereita, xa que a quilla de mercurio facía contrapeso coma se fose un boneco "tentempés"). Nesto recibíuse unha comunicación do axudante de marina que fosen pra terra que non se arriscaran máis, xa que a xente estaba sendo evacuada polos efectivos que se desplazaran por terra. Acatóuse a orden e mentres a lancha dirixíase a porto, os tripulantes eran postos a salvo un a un , sendo trasladados a un hotel de Fisterra onde pasarían o que quedaba de noite, xa que eran as cinco da mañán. Xa en terra e reunidos todos efectivos que fixeron o salvamento, os membros da tripulación da Arasolis, foron felicitados polas autoridades militares, aínda que recalcaron que en proximos salvamentos fosen mais cautos e non se arriscasen tanto, ao que el lles contestóu:
- hay que estar no sitio... e ver e sentir aos naúfragos para non facer todo posible por salvalos.
Contestandolle os os xefes con uns simples movementos de cabeza afirmativos...
*QTQ - desexo comunicarme con vostede polo codigo "Q"
*QRA - chámome...
miércoles, 24 de marzo de 2010
O " Sunrise ", e os séus salvadores
Hoxe contaréi a historia de un naufraxio no cal quedou pra posteridade unha lámina cos protagonistas do rescate.
No atardecer do día 20 do mes de San Xoan do 1882, a néboa viña facendo acto de presenza pola punta do cabo do mundo, dándose presa, recollían os aparellos, José Dominguez Pazos e máis os seus dous fillos, que, aínda rapaciños, ningún deles pasaba dos doce anos,de súpeto viron a que pasaba moi preto deles un gran barco, e minutos máis tarde sentiron un gran cruxido e...gristos e lamentos.José mandou a seus fillos apurar e que armaran os remos, bogaron rápidamente cara a onde procedían as voces, ao chegar viron ao Sunrise escorado e con claros signos de irse a pique, acababa de quellar encallado nos baixos de Duyo, quitaron da auga ao maquinista Charles Hall e despois ao mariñeiro Guillermo Castles, este último ao estar medio espido deulle José parte da sua roupa, os demaís tripulantes estaban en dous botes que lle dera tempo de arriar, en total foron 33 os naúfragos daquel barco de 1382 toneladas, encabezando a marcha cara a terra firme ía a lancha de José, atrás viñan as outras duas, era xa de noite cando chegaron. Non se sabe que motivo levou a estes naúfragos a non querer a axuda que lle ofreceo a xente cando estaban en terra.Uns días máis tarde o goberno Inglés recompensóu a este mariñeiro con 124,5 pesetas, algo máis doulle a Sociedade Española de Salvamento de Naúfragos, que lle otorgou unha medalla de bronce e máis 150 pesetas, que boa
falta lle facían xa que este mariñeiro fisterrán tiña sete fillos e a sua dona enferma encamada facía xa catro anos, ademáis el tamen estaba enfermo pero tiña que traballar pra que a súa familia non pasase moitas necesidades.
No atardecer do día 20 do mes de San Xoan do 1882, a néboa viña facendo acto de presenza pola punta do cabo do mundo, dándose presa, recollían os aparellos, José Dominguez Pazos e máis os seus dous fillos, que, aínda rapaciños, ningún deles pasaba dos doce anos,de súpeto viron a que pasaba moi preto deles un gran barco, e minutos máis tarde sentiron un gran cruxido e...gristos e lamentos.José mandou a seus fillos apurar e que armaran os remos, bogaron rápidamente cara a onde procedían as voces, ao chegar viron ao Sunrise escorado e con claros signos de irse a pique, acababa de quellar encallado nos baixos de Duyo, quitaron da auga ao maquinista Charles Hall e despois ao mariñeiro Guillermo Castles, este último ao estar medio espido deulle José parte da sua roupa, os demaís tripulantes estaban en dous botes que lle dera tempo de arriar, en total foron 33 os naúfragos daquel barco de 1382 toneladas, encabezando a marcha cara a terra firme ía a lancha de José, atrás viñan as outras duas, era xa de noite cando chegaron. Non se sabe que motivo levou a estes naúfragos a non querer a axuda que lle ofreceo a xente cando estaban en terra.Uns días máis tarde o goberno Inglés recompensóu a este mariñeiro con 124,5 pesetas, algo máis doulle a Sociedade Española de Salvamento de Naúfragos, que lle otorgou unha medalla de bronce e máis 150 pesetas, que boafalta lle facían xa que este mariñeiro fisterrán tiña sete fillos e a sua dona enferma encamada facía xa catro anos, ademáis el tamen estaba enfermo pero tiña que traballar pra que a súa familia non pasase moitas necesidades.
viernes, 12 de marzo de 2010
O " Madeleine Reig " e a venganza da costa
Hoxe contaréi unha historia ocurrida na primeira metade do século pasado, concretamente esta historia e especial, xa que, algunhas veces esta costa garda con paciencia a sua venganza.
Erache unha noite de fevreiro, case a raxor do día 12 do ano 1938,un pequeno veleiro que navegaba rumbo a Camariñas con catro tripulantes e un cargamento de tellas e ladrillos, navegaba pola altura de Nemiña aquel velero chamabase Ocho Hermanos, o vento esa noite escaseaba e cerrara de neboa,de súpito, na proa apareceron unhas luces dun gran barco, o patrón gritalle a tripulación que encendan os candiles e toquen a rebato,canto mais tocaban,máis se ve viña enrriba aquel vapor,hasta que... pasou limpamente por riba deles, capitán do vapor notando que algo pasara, mandou aminorar a marcha e mandou a tripulacion que miraran cara o mar por ambos costados,e alí estaban, encima dos restos, os catro naúfragos, arriaronlles escalas e cabos e subíronnos a bordo, aquel vapor era o Madeleine Reig , de nacionalidade alemana que viña de Casablanca, con un cargamento de cebada rumbo a Bremen, ao chegar a Coruña entrou no porto e deixou aos naúfragos.
Pasaron vinte anos e nunha noite moi parecida case ao raxor do dia 30 de maio do 1957, con cerrazón de neboa e sin que ninguén se decatase,o mesmo vapor o Madeleine Reig, que levara por diante a aquel veleiro na mesma zona,camiñando a media marcha foi dereito a pedra do Farelo, preto do coido de Nemiña, deixando cravada a proa,o que sentenciou o seo posterior fundimento, os 23 tripulantes entre os que estaba a filla do capitán foron recollidos por los barcos de Muxía Sofía e mais o Yolanda levandoos para Camariñas, aquela costa estaba agardando a venganza daquel pequeno veleiro galego que anos antes vira afundirse preto dela, o bo desta historia foi que en ningún dos debanditos naufráxios houbo víctimas, pero si que quedou unha bela anécdota para lembrar.

lunes, 22 de febrero de 2010
O " MARIA BENITA "
Libros e comentarios de naufraxios ai moitos, pero hoxe comentaréi un do que me falou o meu amigo Gabriel Satti, e un dos típicos naufráxios sin victimas dos que non se soe falar moito pero con unha cousa que o fai especial, que a pesares de ser no 1947 quedounos un documento fotográfico para o recordo,este barco era o "María Benita " tiña once metros de eslora e unhas dez toneladas de rexistro bruto, outra peculiaridade é que era uns dos primeiros no porto de Fisterra en ter un motor a gasoil, o armador e patrón era o xuiz de paz de Fisterra por aquel tempo chamabanlle Juan "de Benita", tamen iban o seo irmán Pepe, Manolo "de cuello", o seu sobriño Victorino, Juan "da cova", Jose "de cusculias", Segundo "da chona" e de motorista iba Roque Insua.
Aquel día, a tripulación estaba preparando os palangres do concro para despois ao redor das once da noite sair cara o "mar d´area ", mar de fora a largalos e ter o asexo. Despóis de darlle unhas catro horas,,foron a recollelos pero o vento e a chuvía arreciaban, vestiron o sudeste, pero o vento iba a máis, Juan "de Benita", mandóu refuxiarse aos seos homes no rancho do medio, e puxo rumbo a casa. Sobre as oito e media da mañan,estaban frente ao faro do cabo Fisterra, vixíabaos dende este o sobriño de Juan que estaba a facer o servicio militar, o barco subía e baixaba, a auga entráballe as máquinas cando se puxo de través para virar,do golpe que le deu saltaronlle as tapas dos cuarteles,logo deulle a popa e enfilou cara Fisterra, tiña que parar a veces a marcha para non embalarse na "popada",xa que de facelo podíase meter a proa na rutía que o precedía,e.....xa non subiría o barco quedando a merced da seguinte. Sobre as dez menos cuarto pasan frente a cabanas, achicando a auga que entraba pola borda, lentamente avanzaba, quedáballes unha milla pra chegar, e sobre as once,viran a babor e encallan o barco na práia da Ribeira, alí estabanos agardando case que todo o pobo, lágrimas, risas, e sobre todo este documento fotográfico que nos lembra o que sucedeo o un de Fevreiro do ano 47.
Esta historia, vai dedicada a todos os que perderon a vida nestas augas.
Tamén quero darlle un agradecemento especial a meo amigo Gabriel por facilitarme esta documentación.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)