Etiquetas

Rexistrado en Safe Creative ______________________________
Mostrando entradas con la etiqueta Xan das Crebas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Xan das Crebas. Mostrar todas las entradas

lunes, 20 de diciembre de 2010

Xan das Crebas (XVIII)

       Seguío camiñando por medio dun pinar, Xan meditaba nas cousas que tiña a vida, dos misterios, e de que a noite, sempre fora cómplice das fechorias e misterios. Nisto, escoitou como un pequeno golpe, algo así como se caera un animal dunha árbole, Xan acercóuse a zona por donde oira o ruido e... remexendo entre a fieita, ollou unha cousa de cor verde crara e, con un gorro de cor azul, movendo a cabeza dun lado para outro como si se quixera espabilar. -¡ un trasno! dixo Xan, mais, este non era un trasno normal, xa que os trasnos non poden ser vistos por persoas adultas, é viven nas casa e cunetas facendo fechorías,ademáis o gorro e de cor bermella e iste tiñao azul. Nesto que o trasno ao decatarse da presencia de Xan, quixo esconderse, máis nun acto de reflexos, Xan agarrouno por unha perna - ben pra co non te escapes, o trasno dixo- deixeme señor home, non pode verme ou non debería - Xan repostoulle - pois, que eu sepa, estonche a ver, é polo que me contaron ti es un trasno.Ao verse atrapado, aquel trasno esomenzou a relatar a historia - levo miles de anos pola costa da morte facendo trasnadas, como moitos dos meos amigos, metémonos coa xente e rímonos moito, máis, non sei que me pasou hoxe que estando nesa árbole de aí, doume como un aire, un alento e,
caín, agora  que me coñece señor home, pídolle de favor.....¿ gárdame o 
segredo?. Nisto, Xan respostándolle- ¡como non! trataríanme por tolo, podes quedar tranquilo, e xirou a cabeza cara o lugar onde se atopaba aquel trasno, o cal xa non estaba alí.


Tendida na branca area da praia
mirando as formas das nubes,
e o murmullo do mar
deixeime levar polo soño.

Máis de súpeto....
sentín un ruido,
era un golpe místico
que viña hacia min.

O que eu nunca pensara!!!
atopar aquel ser o meu lado,
era un trasno,pequeniño e orelludo
non o podía contar....

Ver,escoitar e calar
Quen creería a Xan das Crebas
que topara un trasno,
no seu andar???

Cousas que pasan nesta vida
cousas que nin podes contar
pois parecen increíbles
e por tolo vanche tomar!!!

Mellor seguir o camiño
e non mirar atrás,
pois pra diante sempre atopas
algo novo pra loitar!!! *


      Xan proseguío o seo camiño baixando por un camiño cara a costa, a cal estaba sin tanto misterios nin personaxes, as praias que ollaba ao lonxe eran amplia con bancos de area, síntoma de que se estaba acercando a desembocadura dun rio,e que se atopaba nunha zona onde podía haber crebas, apaisaxe como case todas da costa era fermosa, foi baixando cara a praia  onde se atopou cuns homes nunha embarcación que o que estaban a facer era preparando un boliche pra lanzalo na praía , este aparello consiste nun aparello en forma de copo, con un brazos laterais que rematan en unhas cordas polas cales se tiran de elas, eses homen ían lanzalo, é dixeronlle a Xan si lle botaba unha man, el aceptou xa que quería comer peixe e así era unha boa maneira de facelo. A chalana levou o aparello deixando un cabo en terra cos homes, alonxouse un pouco de terra e foi lanzando o aparello en paralelo a costa, e, o rematar o aparello foi buscando a orilla do mar entregandolle o outro extremo aos homes que estaban aló, asi pois, Xan e máis tres homes estaban a dereita cunha corda na man e a uns cincuenta metros a esquerda os demais con outra corda,o patrón dou a orden e escomenzaron a tirar, as cordas tiñan cada certa distancia unha marca, a cal, cando chegaba as mans  se cantaba decindo- ¡marca!! e agardando a que os do outro lado cantaran a sua, así o aparello vería en igualdade de distancia por ambos extremos, tamén nas marcas, uns e outros se axuntaban máis, pechando asi o aparello de cada vez, así cando faltaba pouco ambos grupos de homes estaban a tan so un metro e tirando a rás de area quitaban o cope da auga, o cal viña cheo de peixes e outros animais mariños que se atopaban no camiño do boliche........


Poesía de Pacola González Campelo

martes, 21 de septiembre de 2010

Xan das crebas (XVII)

Xan, esa noite, durmio na casa do amigo, a mañan seguinte, era despertado por uns berros que viñan da rua, rapidamente, vestiose e dirinxíndose cara a porta da casa, atopouse co amigo, o cal, xa viña da rua na procura del, contoulle que, un vello estaba co seo neto nunha leira, e, que este, tiña moita fame, o vello mandouno enton pra casa, pero, o neno dirixíose cara o camiño do monte entre lamentos, o vello, ao chegar a casa non atopou ao neno, e, agora habia que ir na sua procura. Xan acompañou ao amigo e máis a varios veciños, e puxéronse a buscar o rapaz, non quedou toxo, nin xesta que non fose mirado, máis ...nada. A busca non deo resultados, pasaron nove dias e Xan, que quedara no pobo pra axudar aos veciños, íase marchar, a espranza de atopalo decaera. Xan, collio o camiño, e, despendíndonse dos veciños  daquel pobo botouse a andar, levaba un treito andando cando... vio un neno, o cal, estaba arañado, fraco e a sua cara parecía dun defunto, naquel intre, decatouse que sería o rapaz que andaban na sua procura, acercouse máis e, o rapaz dixolle - ¡¡ dame pan...!!!

  Como pensa moita xente
 aínda nos tempos que estamos
  que lles vale un meniño
  pra facerlle  mal o anciano.

  Mala xente que non  pensa,
  nin teñen resignación,
  malos sapos e culebras,
  que non teñen nin corazón.

  A inocencia aproveitan,
  con enganos e mentiras,
  levando unha criatura
  pra facer as súas "bruxerías".*

   Xan abreo o saco e rebuscou entre as suas cousas, quitando un cacho de brona  e máis un anaco de carne que lle deran no pobo, o rapaz escomenzou a comer, mentras Xan, collío nos seos brazos e, preguntoulle que lle pasara, o rapaz entre baguas e sollozos contoulle que, cando marchara da leira, collío o camiño do monte pra distraerse, unha muller saíolle o paso e preguntoulle que lle pasaba, o rapaz dixo que tiña fame i ela fixo que o acompañara ca promesa de darlle uns bos miolos con codias. O rapaz dixo que unha morea de mulleres o tiñan preso, estas bailaban o redor dunha fogueira, facendo extranos ritos e pronunciando palabras que el non entendia. Xan, ao chegar o pobo via como lle saían os veciños que o felicitaban e alegrábanse de ver o rapaz, o avó e máis os pais do rapaz logo chegaron, o neno estaba canso e levaronno durmir, mentres Xan contáballes o que pasara, escointándose entre murmullos que aquelo era cousa de meigallo, era ...¡un akerrale!!, non sabian, en que lugar sería ,xa que as meigas, non deixan rastro. Aquel suceso entroulle moi adentro a Xan, pensaba que eso non pasaba que as meigas non existian, máis botou a mirada o chan, pechou os ollos e, pensando pra sí dixo - "pero...habelas ainas", e, collendo o camiño, botouse, esta vez sí, camiño de novas aventuras....

*Poesía de Pacola Campelo

martes, 7 de septiembre de 2010

Xan das crebas (XVI)

     Mentres remexían e falaban, non se decataban, que, ía ser un dos  mellores dias que tiveran, ao irse arrimando cara o norte da praía,  ollaron, que, na rompente, flotaban uns botes, Xan díxolle o compañeiro - ¡oe, olla pra lo! pra rompiente, penso que...son botes de pintura-. O compañeiro quedou parado, ollou pra un lado e pra outro, non vendo a ninguen, e soltou un - ¡siiiiiii, e, estamos sos na praía, aprobeitemos antes de que apareza máis xente-. Corrreron a caron do sitio onde estaban os botes de pintura. Xan, que tiña esperiencia niso, dirixio o acopio do "material", sendo el, o que, carrexara dende o mar ata terra, e, o compañeiro, quen fixera o mesmo hasta por a salvo a totalidade dos botes. Levaron bastante tempo carreteando, e, cando se decataron xa non estaban sos, un dos aldeans que estaba cas vacas, ollounnos, e, dou a voz de alerta, xuntándose a xente, aínda que, eles, tiñan a malloría do cargamento, por iso, e ante o temor de que lle colleran algún, deron por finalizado o acopio, quedando uns cuantos botes para que se entretiran colléndoos os lugareños.
                                                         
O noso mar as veces
traianos algún regaliño,
que recollían os das praias
outras veces os veciños.
  
Sempre apareceu de todo
non nomearei o malo...
pero madeiras de rija
hasta saian dos barcos.
  
Esta vez foron os botes,
todos a encher con presa,
posto cos lugareiros
estaban xa a colleita.
  
  Antes non se ollaba
nin a fecha de caducidade
nin o nome do que contiñan,
así que todo o pobo a branquear.
  
Fíxome gracia a historia,
pois son anécdotas do Xan
non sei onde se toparía,
pero ésta "foi realidade".*
       O compañeiro e máis Xan, estaban a pensar e como carretar todos ese botes ata o pobo, viron baixar un home cun carro de vacas, e díxolle Xan que, si lles levaba ao pobo o seo cargamento, daríanlle uns cinco dos trinta botes que tiñan, o home contestoulle - mire, eu veño a carretar unha gran boia de ferro que topou o meo xenrro, se me cabe, non ai problema, agarden vostedes eiquí. Non tardou moito tempo en aparecer o aldean co carro de vacas, traía unha gran boia de ferro, o seo carón, ía o xenrro, Xan díxolle - ti tamen levas o día gañado, esa boia vale polos menos cuarenta ou cincuenta pesos, contestándolle o home - ¡sí, polo menos!, entre todos cargaron no carro os trinta botes e foron camiño do pobo, os homes tiñan que ir andando, non era doado subir a mercancía, as veces enterrabase na area e, tiñan que facer grandes esforzos en desenterralo. Cando ían atravesando a "area d´arriba", cruzóuselles un dos que baixaba, quedando parado, dixo -¡oes... ollade que iso que levades e... ¡unha mina!,  ben sei de que falo, que, non fai moito vin do Ferrol de facer a marina .- Os homes, quedaron de pedra, decidiron deixar alo a mina e dar parte a os carabineros, así foi, quedou o xenrro de garda mentres os homes e o cargamento collían camiño do pobo.
        Cando, chegaron alo, e mentres Xan máis o compañeiro vendían a pintura aun comerciante local, o paisano marchaba co carro e cos cinco botes de pintura a dar aviso as autoridades. Alo pouco de que os dous homes abandoaran a tenda, xa estaba a xente facendo cola pra mercar aquela pintura, foron o bar a tomar algo, e, partiron os cuarenta pesos que lles deran, logo despois, foron a levarlle algo ao home que quedou facendo garda da mina, chegaron aló, máis...non viron a ninguén, so había un saco cheo, sen pensalo, Xan ergueu, máis, escomenzou a moverse, Xan asustado tirou ao chan, a sorpresa foi grande, o saco non tiña ningun tesouro, so tiña un carabinero que se puxo durmir  dento do saco, os dous homes puxeronse rir, o carabinero caíalle a cara de vergoña, e, pediulles que non dixeran nada, xa que, estaba agardar aos da mariña que viñan a buscar a mina, e estivera a noite de garda e doulle o sono. Eles proseguiron o camiño, e, baixaron a praia, máis, xa estaba toda limpa de botes de pintura. Voltaron camiño do pobo, o sol  ía baixo, cada vez que se acercaban, máis berros sentían, ollaron pras casas e... tiñan as ventans e portas pintadas, máis....non so era pintura o que tiñan, acercáronse a unha porta e....¡estaba toda cuberta de moscas e outros insectos!, preguntaron e dixéronlle, -os botes que topachedes vos, non era pintura, era...¡leite condensada! unha leite especial, díxonolo o señor Manolo cando veo da Cruña, el xa o vira antes, cando estivo en Alemania, e dixo -¡que carallo fixechedes as casas....!¡meu Deus!¡pintáchelas de leite condensada, e... claro agora cargaron de moscas! Xan e o seo compañeiro marcharon ríndose cara  o bar,  decindo en alto - ¡leite condensada! se souperamos iso en vez de cuarenta pedíamos medio cento, jajajajaaja.....

* poesía de Pacola Campelo

viernes, 20 de agosto de 2010

Xan "das crebas" (XV)

Mentres, botouse a fumar un pitillo. Axitou a cabeza dun lado pra outro, como querendo facerse borrar da sua memoría eses pensamentos, Xan, non quería, nin debía namorarse....el non era así. Deveron ser os asubios dos paxaros cando baixaba polo camiño, o que, lle fixera porse melancólico. Apurou o pitillo, e dirixíose a escomenzar remexer na procura de algunha cousa de valor que o mar arroxara. Ademáis, esquecería aqueles pensamentos que lle viñan a cabeza. Seguía buscando entre tablas e demáis obxectos que o mar trouxera, alzou a vista ,ollando, como unha persona viña facendo o mesmo  dende a outra punta, non era raro atoparse con algún crebeiro deses de cando en vez, máis ao ollar pra forma de remexer  daquela persoa, notaba Xan que era un crebeiro profesional, sabía o que facía. Mentres, Xan volteaba os algazos, na procura de algo que poidera vender. O home acercabase máis, Xan, parando, alzou a vista , agardando a que chegase a sua altura, cando isto sucedeo, Xan saudouno dando os bos dias, o home, repostoulle co mesmo saudo. Logo dunha pequena pausa proseguio aquel home decindo - vexo que vostede se adica a esto, e, nunca antes o vira por estes lugares, ¿dedícase vostede as crebas?. Xan contestoulle - ¡si! xa levo uns anos adicándome a isto, e agora vou por toda a costa, na procura de crebas, así deleitome coa paixase e máis coa forma de ser da xente - o home contestoulle botándolle un sonrriso, mentres axitaba a cabeza afirmando aquelas verbas, logo, dixo - ¡asi me justa!, a iso, chámalle a miña dona, andar a rascar o nabo polo mundo adiante, jajajaja - riuse, logo voltou a falar - pois sí, eu tamen me adico a procura de crebas dende xa fai tempo, esta praia e moi boa pra isto, as correntes do  mar favorecen que salgan moitas, ainda que, como ben  podes saber, as que frotan non son as mellores, o metal pagano ben.

Soando van os murmullos
que con mala fe, ían contando,
sabedores que nas súas casas,
tiñan as galiñas cun galo.
   Non se pode facer caso
nin vivir das faladurías,
pois moita xente alégrase
e danar, é a súa enerxía.
   Xuzgan sen saber nada,
basándose duns contos,.
que lle traen coma un dedo
coma un brazo mailo hombro.
   Traicioneira que é a envexa
e non o queren evitar,
viven na hipocresía
e no mundo da maldade *

    Xan, díxolle - eso mesmo, máis eu polo momento non teño queixa, fun quitandolle algo de cando en vez. O home escomenzoulle a falar de que, efectivamente el tamén vivia diso, ainda que con unha diferencia...¡estaba casado!. Enton o home escomenzou a falar - boulle  decir unha cousa, nos pobos e aldeas pequenas coñecémonos todos,e... as malas linguas, non deixan desenrrolar con normalidade un oficio coma iste, a miña dona xa esta cansa de tanta faladuría. - Xan díxolle - mire...sentémonos a fumar un pitillo que lle invito eu e explicolle como é o tema ese. Aquel home aceptou o ofrecemento de Xan, sentáronse enrriba duns dos troncos que sairan a praia, sacando o tabaco de picadura máis o papel de liar,  Xan botouse a facer un par de pitillos mentres falaba con aquel home  - pois...como lle ía decindo, a xente ao coñecerse xuzga o comportamento dos demáis, como unha norma de control sobor da vida social da aldea ou pobo, entón así, a xente, por medo a esa crítica  procura comportarse dun xeito que non estean nas bocas da xente. Asi mesmo tamen o fan algúns ca bruxería, así calquera que se comporta dun xeito raro, é sospeitoso de bruxería, e ninguen quere que se lle relacione con ela, xa que, está vencellada co demo. Así, podolle nomear varios, como o mal de ollo, que din que ten un enrriba cando, por envexa, a xente di que esa persoa  provoca emfermedades e trastornos, así en sitios é coñecido o mal de ollo como envexa. Esa é unhas das funcións do mal de ollo , o de que a xente controle a envexa dos seos veciños. E así, contrólase que a xente, por medio do sentimento da vergoña, se comporte socialmente, ninguén quere ser acusado de ter mal de ollo ou de ser bruxo, por eso unha persoa que cumpre as normas de convivencia dise dela que é vergoñenta. - ¡que tanta razón ten vostede! - exclamou aquel home - debe de ter estudiado na escola. - Xan respostoulle  - sí, estudiei na escola, pero...na escola da vida, esa é, a mellor escola que temos a xente probe. - ¡pois sabe vostede moito! - exclamou o home - Xan erguéndose mentras sacudía o pantalón comentou - pra vivir neste mundo ai que espabilar e non durmirse, e, ter medo dos vivos non dos finados, que, eses si que non fan nada os probes, aínda que culpas levan dabondas. O outro home xa se erguera e poñéndose en camiño seguiron os dous remexendo en buscas de crebas...

*Poesía de Pacola González

jueves, 5 de agosto de 2010

Xan "das crebas" (XIV)


..anduvo un bo treito, logo, púxose a descansar debaixo dun carballo que estaba ao pe do camiño, meditaba sobre a xente que ...coñecera, e que, a pesar de ser un descoñecido, sempre había quen lle puxese unha man. Do seo chaquetón quitou unha caixiña con tabaco de picadura máis papel de fumar,dispoñíase a liar un pitillo, cando...polo camiño, acercábase unha persoa, Xan, xirando a cabeza, ollou pra ela, era un home delgado, tiña unha boina na cabeza e vestía roupa de festa, camiñaba coa mirada perdida nas pedras do camiño, Xan, ao pasar o home por onde el estaba saudounno  - ¡bos dias! - o home sobresaltouse, non se decatara da sua presenza, e, con unha voz profunda respostoulle - ¡nos de Deus! - proseguindo despois - vostede ¿ non é deste lugar? - Xan dixo - non, eu sou de máis ao sur - o home voltoulle a falar - pois... de por alo veño eu, ía a ver si me curaba das miñas doenzas o "sabio de Villastose", pero, ca mala sorte de que xa Deus dera conta del, morrera, unha magua,  érache... bo curandeiro ese home, sabía todalas artimañas pra descubrir os tramposos, ademáis de curandeiro, pero... ¡ e a vida! , agora  no seu sitio ai un rapaz novo - Xan díxolle - sí, oira falar del, pero xa ai moito tempo... E vai Xan e pónselle a cantar unha pequena copla a aquel home:
   No lugar de Villastose
ai un cura moi cabal,
tanto descubre o tramposo
como che cura un mal.
   Un dia duas mulleres
levabanlle duas ducias de ovos,
na metade do camiño
gardaron unha  nos toxos.
   Ao rematar a consulta
con aquel cura tan sabio,
entregaronlle os doce ovos
 e díxolles el de contado:
     ¡vaianse,vaianse, señoras
 que fanvos máis falta a vos,
 arrimádeos xunto da outra
 que no camiño quedou...

- o home díxolle a Xan  -  moi bonita esa copla nunca a oira - Xan respostoulle - cantábama a finada de miña nai cando era un cativo, o home volveo a decirlle -moi ben  e...¿ vostede vai cara a aldea?, ao que Xan respostou - Sí, si se refiren cara ese lado do camiño, sí, vou. entón o home pediolle que fose con el , así contarian cousas polo camiño, e, irían máis entretidos. Erguéndose, Xan botouse a andar , o home que o acompañaba escomenzoulle falar  -  pois, ¿vostede, a que se dedica? - Xan díxolle  - sou un crebeiro, e ando pola costa en busca de crebas   - o home volveo a falar - pois mire, un pouco máis adiante ai unha gran praia, e sempre sae algo nela. Mentres andaban, pasaron por unha igrexa , o home díxolle - esta igrexa, e famosa por un caso que pasara con un soldado dalo de escocia, pois o moi pillo entrou  nela , quería roubar o copón de prata, onde el pensaba que estaba o Santísimo Sacramento, pero...non o atopou, e así comio todas sagradas formas que este contiña no seo interior, dándolle, alo ao pouco, unha grande dor que tivo que arrastrarse pola igrexa, rabeando como un can e...morrendo pouco despois. Cando os veciños voltaron, atoparonno,i enterraronno nun buraco, cubrindo con pedras ao finado, pero, ¿ que fixeron? despois foi peor , o cheiro tan grande que despedía fixo que en moito tempo non se poidese facer misa. - Xan dixo - en cada sitio que vou, sempre atopo cousas raras que pasaron, bueno meo home, vexo que a praia está preto e xa o deixo, voume ver si atopo algo - o home respostou - encantado de coñecelo e que sexa un bo dia pra vostede. Xan, collio un camiño de pe e baixou por el cara a praia, tiña que pasar por preto dunha lagoa na que estaba chea de paxaros de todos tipos, ao chegar a praia, deixou a seo saco na area, e foi cara a beira do mar, había bastantes cousas que truxera o mar e tiña que remexer entre elas,  pero Xan ese dia non tiña presa, estaba melancólico,  sentouse enrriba dunha caixa e...botouse ollar o mar, ese mar que tanto lle dera, que tanto lle quería, e pensou na xente que deixara atras, por segunda vez,  e... na viuva, aquela boa muller que o salvara dunha morte segura...non sei eu, pero Xan...estábase a namorar...

viernes, 23 de julio de 2010

Xan "das crebas" (XIII)

...ollou como a beira do camiño había uns edificios longos, el xa vira antes algúns. Foi a ollalo ,xa que, tiña curiosidade, uns homes estaban a levar unhas ancarellas de sardiñas pra o seo interior, saludou a aqueles homes - ¡boas!, ¿podería ollar dentro?, a resposta foi rápida - pase señor , ¿ quer ver como se traballa?    - pois, a verdade e que, si vostedes queren mostrarme ...- contestou Xan - non ai problema, eu mesmo o acompaño, agarde que deixe este peixe e levou ,xa que, por hoxe non entra máis. Xan agardou  por aquel home observando o interior daquela fábrica. Había como uns pozos enterrados e outros mais altos, enseguida regresou aquel home, e díxolle - ¡mire!, veña conmigo, Xan acompañou e, o home comenzou a explicar o proceso de salazón da fábrica -


Como se foron perdendo
as facetas da conservación
antes todo aproveitaban
e utilizaban a salazón.

Homes e máis mulleres
postos a traballar
uns o peixe recollendo
outros postos a salar.

Fábricas con traballo
pras casas alimentar
agora non queda nada
nin traballo,nin o pan!! *


pois voulle decir o proceso que levamos acabo nos, primeiramente, como xa vio, ten que vir o peixe, nos traemos sardiña, tamen o sal e a madeira pra facer os envases, logo o peixe botámolo nas batiportes, onde o vamos remexendo ben co sal, normalmente botamos por cada paxe de peixe unha patela de sal que seran unhas 28 libras mais ou menos,despois de estar ben remexido, botámolo nos píos eses, botandolle mais sal, cubrindo ben o peixe. - ¿e canto peixe levará cada pío destes?- preguntou Xan - pois ...unhas noventa mil pezas, e si, e pouco o que entra, poñémolo nunhas lagaretas, as cales son máis pequenas -contestoulle o home, o cal proseguío a sua explicación - aquí ten que estar o peixe unhas duas semans, ao remate dese tempo,  rompemos a capa de sal,  facéndolle un burato e botando por el medio bocoi de de salmoeira,  remexese ben, logo,  sácase con uns trueles o peixe e, esténdese nesas mesas onde unhas mulleres van enfiando o peixe en varas de madeira, dende as garxas ata  a boca, ao estar enfiadas unhas vintecinco, temos, o que lle chamamos unha vara, que a poñemos no carrillo de pé, ai,  lávanse e escurrense, despois...¡veña vostede pra aco!- díxolle o home a Xan, o cal quedaba ollando como enfiaban as sardiñas  - ¡mire! aquí estas mulleres,  estan a botar nos cascos estes redondos, as sardiñas que xa estan escurridas, aios de varios tamaños, o rabo queda apuntando ao interior e vanse colocando de cinco en cinco,ao estar cheo, levámolo a prensa esa, a cal prensa o peixe,  escurrindo o aceite, auga ,vetc. Este líquido chamase o saín, que o vendemos despois -¡sí,  xa sei! o saín usámolo pras lámparas e máis pra engraxar o coiro -díxolle Xan -¡eso mesmo! respostou o que o acompañaba, proseguindo logo coa sua explicación - ao rematar todo procedemos a porlle o fondo os cascos, botándolle un papel de estraza, logo,  a peza de madeira, e apretase ben  e cérrase, e xa está todo proceso, agora, veña conmigo que lle dou un tabai que pra vostede chégalle, e así, con unha botella de viño, xa vai comendo...Xan, agradecío a amabilidade daquel home, collío o tabai e marchouse pola porta, subío por unha pequena costa e púxose andar......

* poesía de Pacola González Campelo

viernes, 9 de julio de 2010

Xan "das Crebas" (XII)

..foi andando, pensativo, estaba nun lugar onde, por oidas, faláronlle da existencia de raqueiros, e da "vaca farol", oira que, eran desalmados, non querian testemuñas e... polo botín, atraían os barcos, póndolle un farol nos cornos as vacas. Mentres camiñaba levaba isto no seo pensamento, cando...a uns trescentros metros del, case que, na baixada  a unha ribeira, vio un grupo de homes conversando axitadamente. Xan, por reflexo, tirouse o un lado do camiño, ocultándose detras dunhas xestas, a discusión  estábase a producir entre duas persoas, as de maior idade. Xan abrío un pouquiño as xestas e ollou como  o grupo atendía aquela discusión, pero, o que non se decatara, era que, unha persoa das que estaban en pé, ollarao e viña cara el gritando - ¡oiga vostede! ¿que esta a facer...? Xan ergéndose, e... facendo amago de amarrar o cordel que lle suxetaba o pantalón, repostoulle - Mire..eu...ía cara a praia e....- vale, vale - díxolle o home - ¡veña pra xunto nós!. Xan, non as levaba todas consigo, a sua cara  estaba a tornarse pálida, entón foi cando un dos que discutían díxolle - ¡boas! ¿vostede non é de por aquí? - Xan quedou pensando e díxolle -¡non señor! eu, son de máis o sur, e, ando por estes lares en busca de algunha creba que sae nas ribeiras e praias. O home exclamou - ¡bén! ¿entón naide sabe que está aquí?.


Os contos que camiñan sóos,
as veces van rola ,rola
xentiña,coidado cos contos
que poñen a un nunha ponla.

Crecen polo camiño
remátase por se crer
cando chegan o seu sitio
quei lle deron de comer!!!

Non se pode facer caso
de algo que non se ve
pois as veces traen fracaso
pra quen vai a boa fe.... *

Nese intre, Xan decatábase que, estaba perdido, que...a sua imprudencia e os nervos o venceran, levando a man a faciana, pasouna frotando nela ao mesmo tempo que facia un movemento de negación. O home que estaba a ollar pra el, proseguío - ¿pois...querra gañar unhas perras?.Aquelas palabras a Xan soaronlle a alivio, non, non o ía matar, pero....¡querían que formase parte da banda!. Eso tampouco era bo, pero tamén,  era a única forma de salvarse das garras dos saqueadores, abrío a boca e...balbuceando dixo - ss..í, sí, sen problema. Entón o home díxolle - pois nos, somos dunha empresa de salvamento maritimo que esta no pobo, e.... Ao oir aquelas palabras, Xan cambiou de cor a sua tez,esta, xa ía sendo vermella, inspirou profundamente e, despois...soplou - o home proseguía ca sua locución - ...temos que coller unha mercancía que está nesta ribeira  e, nos sos, non damos conta dela. Xan collío máis ánimo e díxolle - ¡sen problema! máis eu, pensaba que vostedes eran raqueiros, e tiña medo que me fixeran dano - jajajajajajajajaja
soaron unhas forte risas naquela ribeira, un deles díxolle - pois sí,  meo home,  falan moito diso destas costas pero nada mais lonxe da realidade, ai xente como vostede, que vive do que sae nas praias, e as veces son eles quen salvan as probes xentes dos barcos, e ...¿como non? cando un barco encalla e a sua tripulación este a salvo, ou, morrera a xente, van coller si poden algo do que saia, xa que, nestas costas ai moita fame, i eso dos raqueiros, e un conto que se inventan pra que non veña a xente, así, os máis valentes, recollen as cousas e, teñen tempo xa que non ai quen lles faga a competencia, pero nada máis leixos de ser saqueadores e menos o da "vaca farol "esa, pois mira, si vostede ven pola costa ollou un cerrado de pedra con unha caseta, nese cerrado, están os probes dos mariñeiros dun barco que, foron saíndo a costa e recollidos por esa xente que falo, ademáis de veciños dos pobos,que lles deron sepultura nese sitio, e..moi preto, aló, ai unha furna que ten o nome de  "furna dos difuntos queimados", que, naquela furna, ai anos, xa  mo contaba o meo avó, sairan uns corpos mezclados con cabos e máis cera que levaba o barco e... ao ser case imposible  separar os corpos, decidiron queimalos entre aquel amasijo de cerumen, así, meo home, pódolle nomear centos, por iso, fixeron no pobo  unha base de salvamento, pra rescatar os barcos e mais a carga, xa que, por desgraza encallan moitos por estos paraxes. Xan asentou coa cabeza , mentres o xefe ordenou proseguir cos traballos , botoulles unha man, e, despois foron todos pra  o pobo, o cal era pequeno, pero tamen o único que contaba cunha base de salvamento privada, o rematar de cobrar e tomar algo, Xan decidío dormir na vila, así o día seguinte marchouse ,despedíndose de todos, en busca das suas preciadas crebas, subío polo camiño e ....( continuará)

*poesía de Pacola González Campelo

martes, 22 de junio de 2010

Xan " das crebas "( XI )

      ...Esa dor no peito matabao, aínda era cedo pra facer esforzos, máis el, sentía berrar  n´outro lado da casa, Foi acercándose  cara onde procedían os sons, e, vio a nai berrándolle a un dos pequenos, Xán, preguntóulle cal era o motivo de tal discusión, e contéstoulle que o neno xa había dias que non comía, que estaba debil...entón Xan, díxolle - agardade aí que vou  volto agora, e, dirixíndose cara a porta marchou... Ao remate de unha hora e pico ala chegou, na man traía  algo e ...pousouno no chan e collío unhas espadanas secas que vira debaixo do cabazo, prendéndolles fogo, o vello que estaba fora díxolle - ¡Xan! agarda un intre que te poño unha man, xa sei que vas facer...eu...xa llo dixen pero ela nin caso. Xan e máis o vello  mentres fumeaban aquelas espadanas, foron buscar ao rapaz, o cal pasaron varias veces polo fume...¡estaban a facer o rito do meigallo!.

    Airiños ,airiños aires...
airiños de maldición,
entran,sin cós chames,
rasgando o corazón.

Malas serpes de envexa
non paran de nos danar,
se fosen pra unha rexa
xa sería outro cantar.

Nesta vida van levar
unha pouca de mistura,
do que están a sembrar,
que sóo trae amargura. *
  
Xan, díxolle o vello - vostede tiña xa preparadas as espadanas, ¿pasa moito isto por eiquí? - non moito - contestoulle o vello - pero eu sempre o día do Sacramento recollo un feixe de espadanas despois de pasar o Santísimo, e botoas a secar por si acaso fan falla,  e, desta vez, fixoo. Xan asentou coa cabeza e seguio conversando con el - eu, aprendino da miña avoa que cando era máis nova facía destas cousas. - Pois eu - dixo o vello- son o primoxénito de cinco irmáns e entre outras cousas tocoume o aprender isto, e máis tamén me tocou a "capa dos enterros" como lle chamo eu, que a usamos cando morre alguen é, ademais  temos que asistir os velorios cunha vela, a cal depositamola nunha taboa que ten os furados pra por estas, e os homes temos que levar unha capa negra, eu non tiven que mercala xa que o ser o primoxénito correspóndeme a do meo pai, e antes de sair o enterro do finado facemos fora unha lumerada con carozos, e cada un de nos, os homes, polo turno que nos toque, saltámola e ,no intre de saltar, abaneamos a capa pra escorrentar os malos fados. E... algún espabilado no abanea ben e despois pasan estas cousas. Despois de saltar todos os homes, saímos cara o camposanto e tras nosa veñen as choronas, ademais cando remata o enterro,  temos unha enchenta na casa do finado, que...as veces, rematan algúns cantando.
    Xan, despois de isto, deulle as grazas tanto a el como a sua filla, e díxolle que tiña que seguir a sua andaina, que quería sair de día, collío as suas pertenzas e botounas o lombo. Collío un camiño que daba o faro polo cal  xa fora cando lle ocurreo a desgraza e... pasoú por unha torre grande que estaba nuha cima do monte. Seguío camiñando por un paraxe inóspito, ata atopar unha pequena aldea, o primeiro que lle pasou pola cabeza e que, o debío camiñar moito, ou... algo pasaba, xa que, case a maioría dos que alo vivian, ¡eran loiros, e...tiñan a pel branca!, igualiño a un monte que vira por aló, preguntou a un dos veciños e díxolle que non sabía.... que xa llo tiñan dito, o  seo antepasado sería algún dos que se salvaran en algún dos moitos  naufraxios que por esa zona había. Despois desta conversa Xan encarou cara o lado do mar e.... (continuará)

* Poesía de Pacola González Campelo

jueves, 3 de junio de 2010

Xan "das crebas" ( X )

...pois..., foise acercándo pouco a pouco, e buscando ver a "creba" que viña aos sons das ondas, a escuma tapábaa de cando en vez, e logo saía a superficie, máis...pola forma que tiña, non podía ser outra cousa  que...¡un baul!, sí, eso era, pensou pra sí. Corrío cara o baul, como si lle fora a vida nelo, metíose na auga, e ... ao querer porlle a man enrriba, éste co impulso dun golpe de mar petoulle no peito e pasoulle por riba. Xan, nese intre... perdeu o coñecemento, quedando flotando a uns metros de terra firme. Outro golpe de mar fixo que o baul encallase na area. Xan, sangraba pola frente, e,  xa estaba agonizando, nun día como ese que ía estar por alo. Outro golpe de mar fixo que Xan quedase tamén encallado preto da sua "creba", mais....se non espertara pronto, outra onda podía levalo pra fora. Pero.... o golpe era forte, si, bastante forte. Unha terceira onda golpealle na cara, facendo que a Xan entraralle auga pola boca,, esto, ademáis fixo que voltara en sí, e ...abrio os ollos, a vista, nublábase, máis el sentía o mar nos pes, decatándose que, se quedaba alo podía levalo o mar. Intentou erguerse.....unha  forte dor no peito fixo que caese de novo a area, os pinchazos esos non eran boa siñal......arrastrouse fincando os dedos nas areas, axudándose dos xeonllos, ata que, estivo libre da forza do mar, xiróuse quedando boca arriba... nese intre, debido tamén o esforzo feito pra porse a salvo, volveo perder o coñecemento............Unha caricia na cara,  fixo que, voltara abrir os ollos, ollou un fermoso sonrriso,  entón dixo - ...moi..tas  grazas.. señora... serea, - a muller, que lle sostiña a cabeza, e que,  uns intres antes xa lla vendara cuns panos, os cales, atoparaos no baul, respostoulle - non son unha serea señor, sonche, unha muller a que, este... mar, deixou ..viuva, e, con dous pequerrechos, ademáis de meu pai ,que, xa  o probiño vai vello e non pode ir o mar, e, para poder comer, ando as veces buscando "crebas" polas praias .... tivo sorte señor, que,  xa vira o baul cando estaba no alto, e, ao chegar aquí atopeime isto, ¿elogo, vostede e naúfrago dun barco? - Xan respostoulle - ¡non!..señora, eu... ando vagando polos lugares en busca de "crebas", e...ao estar abrigado do chubasco vin que se acercaba unha, e ..parecía boa, entón, sain correndo pra collela ca mala sorte de que se me botou enrriba..¡aaah!... esta dor.. no peito.- ¡non se apure! non teña presa...que eu,  teño aí un carro con un burro, xa que,  traio sempre que veño as crebas, ademáis este baúl soio traía roupa de muller, a cal  xa levei pro carro, o baul queda aco xa que e moi pesado - contestou ela. E así,  Xan, foi axudado pola muller que o levou  ata a casa  do medico da vila, o cal lle fixo as curas e vendoulle o peito porque tiña un par de costelas rotas. Este, dixo que tiña que ter uns dias de repouso, e a muller contestoulle que podia poñelo na cama dos nenos, que estes dormirian con seu avó.
     Era xa cerca das tres da tarde do seguinte día cando xan abrío os ollos, alo se topou con uns pequenos que o estaban axexando dende a porta, o mais vello escapou correndo chamando a sua nai decindolle que xa espertara o señor, esta logo chegou acompañada dun vello, e díxolle a Xan - ¿dormio vostede ben?, Xan  asentiu coa cabeza, ela volveo decirlle mire traiolle agora un caldiño, tomeo e descanse  e xa vera mañan como se encontra mellor. Así foi, e do caldo que lle trouxera, Xan tomou case todo, voltando quedar durmido ata o dia seguinte, mentres, entre a muller e o ancián facian turnos pra vixiar o forasteiro.
    O día seguinte, Xan xa se atopara mellor e ata se ergueu da cama, agradeceu a muller e o vello o que lle fixeran, e dixo que non sabía como ía a pagarlles, eles repostanronlle que non tiña porque darlles nada. Logo entablou unha conversa co vello falando de cousas de mar. Este decía que o oficio que el andara era ao xeito e... púxose a contarlle como facían pra "encascar as pesas":
    Pois nós, íamos o xeito cas "pesas" de algodón, e, cando había moito nordés  o patrón aproveitaba pra secarlas, entón, nos colliamos as "pesas" da lancha e lavámolas, palmeámolas unha a unha, collendo cada duas ou tres brazas e ...¡un, dous,tres!, golpeámolas contra o mar pra quitarlle as escamas e mais os restos das cabezas de sardiña que ían prendidas. Así seguido ata rematar unha "pesa", ésta collíana os outros e levábana pra praia a estirar na area, e así ata rematar a "casea". Logo, cando estiveran secas, normalmente era o seguinte día, collíamos un barril con auga e metíamolo ferver, añadíamos cascas de pino, e de aí ben o de "encascar as pesas", removíamolo, e facía unha pasta. As pesas secas metíamolas nunha "vacía", na cal vaciábamos o contido daquela coción, é removíamos os aparellos ata lograr que todo pano se impregnara daquela pasta,e así meu filliño, quedaba o algodón das mallas revestido con ésta, e, sería mais forte ,non rompéndose tan facilmente.
     Xan, agredecío moito os contos que lle contaba aquel vello, alegrábase que se topara con xente tan boa no seo vagar pola costa, e despois disto quixo erguerse pra marchar,  pero... ( continuará )

miércoles, 19 de mayo de 2010

Xan "das Crebas" ( IX )


Despóis de descansar un pouco, e picar algo, Xan dirixíose cara a costa, o vento de sudoeste ía arreciando, acercóuse a un valado e quitóu unha picadura e máis papel e púxose a liar un pitillo, botóu a man no peto sacando un chisqueiro que, logo prendío o cigarro, eran o que tiñan de bo ese mecheros, que canto máis vento facía, máis prendían. Mentres estaba fumando, apareceron unhas mulleres que parecían levaban presa, logo chegaron a altura del, déronlle os bos días ao que Xan lles respostou - ¡nos de Deus!. Ían falando entre  elas,  pero... o único que lle oíra Xan, era que falaban da Manolita e máis da Rosa. Xan pensóu pra sí de que, estarían falando de mulleres, o único que lle extrañaba era como ían con tamaño temporal por aquel camiño. Proseguío a súa marcha non moi lonxe delas, as cales, aló arriba colleron cara o monte. Xan seguíoas, haber que ían facer naquel sitio, xa che lle entrara un pouco a curiosidade, ao chegar arriba, vío unha pequena capela,  aquelas mulleres que ían diante del, colleron unha escala que estaba deitada no chan, erguendoa e botándose unha a escalar por ela, a Xan quedoulle a cara de parvo, a muller que estaba subida movio unha tella botándoa dun xeito que non era lóxico, Xan acercouse a elas e dixolles - ¡perdoen vostedes!, non é que eu sepa moito de "retellador", pero a min paréceme que si viñeron aquí porque chovía na capela, ¡tal como poñen vostedes as tellas, vai diluviar dentro!. Ao que lle contesta unha das mulleres que estaba tremendo da escala - ¡cale señor!, que non estamos pra bromas, que están no mar os nosos homes e fillos e collios este temporal, e, as lanchas con este vento non poden vir ben pra terra e viñemos "a cambiar a tella", pra que a nosa Virxe do Monte nos mande un vento mellor, e así os nosos homes e fillos  poidan vir sans pra terra. -¡Disculpen Vostedes!, e que,  nunca antes vira esta maneira de pedir un bo vento - contestou Xan, ao que lle resposta outra das alí presentes - ¡mire señor!, a  nosa Virxen do Monte, e moi milagreira, xa dende moito antes de nacer as nosas avoas, un home que lle chamaban......,¿como era Carmen?- preguntou, e contéstalle outra das mulleres - Fernando Mendez, que ía no San Antonio e Ánimas, ao chegar pola altura desta costa formóuselle un grande temporal con moito cerrazón e ofrecendose a nosa virxen,  pra que lle descubrise terra, e según rematou a sua petición clarexou,¡ai Pepa!, cando vas a aprender o conto, - ¡nunca!, si xa o sabes ti, abóndame, respostoulle a outra muller . Xan, dandolle as grazas, marchou cara o outro lado da capela, dende alí, viase o monte onde él e o seo amigo foran, e que, lle causara tan grande impresión. Ruborizouse un pouco ca lembranza dese día, e acercando a man aos ollos, limpou as baguas, e dixo:

Aló, o outro lado da ria,
no alto d´aquel penedo,
tiven a sensación
de estar cerca do ceo.

Deixei un gran amigo,
pra mín, máis que un irmán,
estaba só no mundo,
ata coller a sua amistad.

Adeus, monte Corpiño
xa nos voltaremos ver,
que xunto ao meu amigo
eu sei que e de volver.

  Con esto, volvéu sobre os seus pasos, as mulleres xa non estaban, o vento, seguía soprando con forza, e baixou a unha praía que vira cando subío, ao chegar, vio que abondaban as "crebas" cativas, esas que flotan na auga e non valen pra moito, tamén había madeira, pero non tiña Xan ganas de cargar, pra catro perras que lle podían dar, ademáis non estaba no seu pobo, e pra facer viaxes longos, mellor era buscar algo máis doado de levar, ou se cadra maís valioso, aínda que....se non atopaba teríase que conformarse ca madeira. De pronto.... un forte chubasco fixo cambiar o vento,e.... nese intre, pensou que as mulleres que vira antes tiñan razón. Buscóu un abrigo mentres pasaba o chubasco,para despois seguir remexendo haber si atopaba algo. Mentres estaba sacudíndo a roupa algo lle fixo que puxera a mirada cara o mar, pero....sería o que se estaba imaxinando....( continuará)

miércoles, 5 de mayo de 2010

Xan "das crebas" ( VIII )

Pasóu unhas casas de pedra que estaban a beira do rio, e seguío camiñando, alonxándose daquel lugar. Chegóu a unha aldea cercana e botouse a durmir ao refuxio dun muro de pedra a carón do camiño. Aínda non saíra a raxor e xa se erguera, foi a lavarse a unha fonte cercana e púxose  a camiñar buscando o seguinte pobo, ao chegar a entrada sorprendéuse ao ver nalgunhas portas a mulleres laboreándo cuns paos cheos de fíos, os cales,  facían xirar formándo uns bonitos debuxos . Acercóuse a unha vellina que estaba  entretenida ca sua labor cantando:


Palilleira que palillas
no cordón da almofada,
dime tí, palilleiriña,
a quen tés palabra dada.


O amor da palilleira
non o queiras meo irmán,
porque leva todo o día
sempre sentada no chan.


Eu nacín en Camariñas,
unha vila mariñeira,
onde teño os meus amores
cunha nena palilleira. *


 e preguntóulle - ¡Bos dias teña vostede señora!, ¿podía decirme que e iso que está a facer ?. - ¡encaixe señor...!, estóu a facer encaixe de bolillos entón..,¿vostede non o vira nunca?, contestóulle ela,  - ¡ pois non !, a verdade e que non - exclamóu Xan - Pois mire, díxolle a muller, esto ben de vello cando aquí na vila vivía un mozo que estába prendido dunha moza moi juapa, pero.. ¿que quere?, os probiños non tiñan nin peso pra casarse e o mociño pasaba os dias que non ía o pescar, aló nas pedras mirando pra o mar, un día, saíolle unha serea que lle dixo que estaba namorado del, e quixo que fora con ela, ¿pero como ía marchar o meo probiño, si de quen estaba namorado era da moza do pobo?, o probe mozo, cóntalle o conto polo cal non pode ir con ela, decíndolle ademáis o motivo polo que non podían casarse. E vai nesto... meo filliño, ela sacóu unha caracola tan bonitíña..., era bonita,  era..., estabache feita de estrelas, escuma e aljas, o mozo ao chejar a xunta da moza,  regaloulla,  e contoulle o conto, ela miróu ben pra caracola,  e púxose a escoitala o cal inspiroa a facer encaixe, e cada vez que a oía,  viñalle a cabeza un novo deseño, e,  así facendo encaixe e vendendo foí a maneira de se casaren despóis  - ¡ moi bo conto ! . díxolle Xan  -  a vella algo enoxada repóstalle - ¿oío?...non che é un conto, que é verdade.- ¡ xa, xa ! señora, digo que é moi bonita a lenda, mire.... ¿ e moi dificil aprender a facer iso? - preguntóu  Xan - meu filliño, aiche que ir a escola... non é moi doado, non - repostóu a muller - ¿escola?- díxolle Xan - sí meu filliño, as escolas esas chamámoslles "palilladas", aiche varias no pobo , a de Carmen, a de Manuela ..., bueno, varias, e fanse na "sala" da casa que é a habitación máis grande, botándose as veteranas nun lado e as mais novas enfrente, e se é de noite encenden o carburo no medio. Tamén as mozas novas justalle vir, por que así falan cos seos mozos , eles poñense na ventana e cantan coplas que lles respostan elas, pero tamen teñen que facer as puntíllas que marca a jefa , que si non.... ¡ai leña!, e as fillas botánse ao lado das nais, así, estas poden correxílas no seo aprendisaxe, e.....  asi  é señor - dixo a vella - bueno moitas grazas señora, e deíxoa en paz que se non hoxe non fai nada pola miña culpa - repostóu Xan,- de nada meu filliño, de nada, ¡ala veña! - contestóulle a vella. Con esto Xan botóu o saco ao lombo e proseguío cara o centro do pobo entrando nun bar para tomar unha copa , sentarse un pouco e picar calquera cousa que tivera, antes de proseguir na árdua procura de crebas.... ( continuará )

* cantíga popular

miércoles, 21 de abril de 2010

Xan "das crebas" ( VII )

Ao mencer o amigo de Xoan levóu a éste a un secadoiro de concro  que estaba no camiño do santuario, chegaron alí e púxose a explicarlle a Xan como facían pra secalos, ao principio quitabanlle os raxos abrindo o concro, así non estaría gordo, logo esmunifábano, esa técnica chamáballe a atención a Xan, xa que, facían furados por toda a peza, - mira Xan, dixo o amigo así con estes buratos pasa o aire por eles pra secalo e despóis cando haxa vento do nordeste colgámolos fora, vixiando que non nos chova, non coma hoxe, que hai moita chuva e vento. Marcharon os dous cara a casa do amigo e Xan díxolle que xa se tiña que marchar, o amigo insistía que se quedara,  pero.... dixolle que tiña aínda moito que percorrer , collío as suas pertenzas e despendíndose deles marchóu cara a entrada do pobo, foi recitando un poema:


  " D'o mar n-a praya, sobr'a branca area
Morren as ondas, cómo ayer morrían,
Bordando a orela y-as escuras penas
C'o seu freque d'escuma nacarina.
  

As mesmas nubes cubren o seu ceo,
As mesmas barcas cruzan pol-a ría,
Os mesmos cantos se ôn d'os 
mariñeiros
E sobr'o mar as mesmas aves

chían." *                   
                                                                     
Como o día non estaba bo,e pronto escomenzóu a chover con intensidade, Xan foise a protexer a unha cova que estaba na praia, afondouse nela pero ao pouco, tivo que coller do saco un candil o cal prendío e a luz mostroulle que a cova afondábase máis, Xan seguío adiante, as filtracions da auga caíanlle polo corpo, de pronto... a luz do candil escomenzóu a oscilar, Xan pensóu que iso era un mijiño de  aire, asi que, esta cova debe ter unha saida,  foise adentrándose mais e ... de pronto, atopóuse con un colgante, era un cruxifijo de plata con incrustacións de pedras collíoa e limpóa , seguío adiante e había unhas pedras postas como formando escaleira, foi subindo pero topóuse con unha tapa de metal, empuxóuna e saío xunta un santuario antigo, pousóu o saco, collío unha pequena corda, na cal, puxo o cruxifixo botandóo despois no pescozo, rezóu unhas oracions diante da igrexa e marchóu camiñando cara unha praia que estaba mais o norte. Ao chegar a esta,  Xan púxose a buscar crebas, ainda que era unha praia de ria, ben podía haber algo, é,  ao chegar a punta que divide esta, no sainte, vío unha cousa rechamante, foise acercando e,  aló enfurnada estaba unha bola bermella, puxo as dúas mans e  conseguío arrincala das pedras, miróa ben e dixo pra sí, - e unha cousa ben rara, redonda , escurridiza  e... aínda pesa uns tres ou catro kilos, botóa no saco e púxose andar en busca do poblado mais preto, chegando a él case a noitiña, buscóu un comerciante que llo mercara, entróu nunha tenda e preguntóulle ao tendeiro si quería mercar aquela cousa, o tendeiro ao ver que Xan non sabía o que era  díxolle - ¡Meu Deus! ese debe ser unha bomba das novas que inventaron os ingleses, deixema aquí que lla faréi chegar as autoridades o máis axiña. Xan, aínda que, fose unha bomba quería sacar algo, xa que tiña falta de cartos, e díxolle ao comerciante - será o que diga vostede señor, pero... ¿polo menos unha recompensa a de valer?. - Vai, vai.. que va, pero mire, doulle 15 pesos por ela. Xan  aceptou, por un lado conseguía desfacerse da "bomba" , e por outro non estaba mal os cartos que lle daba. Vendendollo, e  foi tomar unha copa a un bar cercano. O comerciante ao Xan marchar pola porta chamou a sua dona - ¡ Pepiiiiita, ven aquí !, a dona indo a pe del dille  - ¿ que queres Ramón ?,contestándolle él - Mira que tamaño queso de bola lle merquei a ese parvo que acaba de sair pola porta por 15 pesos decíndolle que era unha " bomba ", contestandolle a muller - Ti sempre facendo o mesmo, mira que un día vaite castigar Deus polas trapalladas que fas.
       Xan ao rematar de beber no bar buscóu un abrigo onde durmir....( continuará )

* Poesía de Amador Montenegro

viernes, 9 de abril de 2010

Xan "das crebas" ( VI )

Van baixando pola ladeira norte do Corpiño, era mais descansada que pola que subiron antes, Xan ollaba pra unha ermida que se vía na beira do mar, ollou ao seo amigo e dí :
as ondas asolagan a memoria
e descenden lentas
no aturuxo da tarde

" un acerbo ronsel
de escuma
coita a brisa

e só o silencio
—temeridade nosa—
é un devalar errante
onde se perde o norte

e o naufraxio
existe " *

de súpeto un gran estrondo sintese ao lonxe,xemidos e gritos de xente que desesperadas buscan unha táboa de salvación,os dous homes corren, as feridas do costado de Xan non lle deixan ir mais depresa o mar estaba bastante malo,pasaron por preto do santuario cando ven o que temían, un pequeno barco de carga encallóu nos baixos preto da costa, o mar, cando viña, azoutaba con forza na amura de estribor facendo que escorase mais botandou a mercede das ondas, un tripulante que estaba na proa lanzoulle un cabo cara os dous homes logrando estes collelo e amarrárono nunha pedra que quedaba máis arriba, os tripulantes tensaron a corda e un deles pasóu cara terra traendo outro cabo, entre os tres improvisaron un andaribel polo cal rescataron aos demais membros da tripulación. Puxéronse a descansar encima dunha gran laxa de pedra que...,de súpeto escomenzóu a balancear, os homes asustados erguéronse - ¡ tranquilos ! non vos preocupedes,dixo o amigo de Xan,  esta é a pedra que  antiguamente servía como pedra de xustícia, na que, os druidas, determinaban as veracidades ou mentiras si esta se movía ou non .-Xan contestoulle - entón esta e a famosa ...... - ¡ sí ! Xan si, córtalle a palabra o seo amigo eso é, e aquela na cal amarramos a corda e a outra. Xan botandose a mirar cara o santuario  quita a gorra e santíguase facendo o mesmo a tripulación do barco, o capitán con gran sentimento dí - mandaréi facer unha maqueta do barco e donareina a este santuario como mostra de agradecemento. O amigo de Xan pasalle a man polo lombo e decíndolle  - ¡ vamos ! que a noite está preto. Colleron un camiño e pasaron a carón dunha furna que lle chaman da rechinla, un nome que recibe deste paxaro que cria todos los anos en ela, mais adiante había unha fonte onde beberon e limparon as feridas,despois seguiron cara o pobo, o chegar Xan e o amigo fanlle saber as autoridades o sucedido deixando a tripulación baixo a sua custódia e mentres os dous homes foron cara a casa do amigo para tomar algo e pasar a noite.....( continuará )

*poesía extraída de PUNTA ARNELA, Lento bruar de Modesto Fraga

sábado, 27 de marzo de 2010

Xan " das crebas " ( V )

Aló foi Xan baixando cara a costa, chegóu a unha praia e púxose buscar crebas, co temporal que facía aquela noite ben podía sair algo, nun intre vio unha luz que se lle acercaba e cando pasóu por el dixolle  o que a portaba - ¡ Boas noites !, ao cal contéstalle Xan - nos de Deus, - ¿Vostede, non é de por aquí non ?,díxolle o home - non, señor, estóu de paso e veño a ver si sae algo na praia pra facer uns cartiños que boa falta  me fan, -contestou Xan -¡ pois mira que ven !, eu... aló na parte de norte atopéi unha cousa grande que... si me botára unha man vendíamolo mañán ao chatarreiro- volveo engadir o home - non ai problema,- contestou Xan, -¡ imos logo!. Foron camiñando e Xan, que ainda que no seo pobo non era dado a compartir as crebas, aquí estaba fora e ... unha axuda esta ben, ademáis por aló solo ía estar un tempo. Chegaron as pedras, e xa viron un depósito de metal que ía e viña por mor dos golpes de mar, - ¡Amárralle ese cabo!, gritou Xan - lanzándollo ao novo compañeiro, --e, pásallo por baixo, - o compañeiro fixo o que decía Xan, pero... de súpeto un golpe de mar doulle aos dous e máis o depósito que os batéo contra as pedras,- ¿estas ben?- dixolle a Xan o compañeiro  - o cal, tivo a sorte de agarrarse ao depósito, - ¡ sí ! ,ainda que .... no costado estou sangrando, fixéronme daño os arneirons, boulle botar un pano que teño no saco e axúdoche a levalo, - ¡vale!, logo cando cheguemos a miña casa, direille a miña dona que lle faga as curas, contestoulle o compañeiro. Así botaronse a andar tirando do depósito. Xan, de cando en vez pegaba un berrido xa que lle molestaba a ferida. Era xa o mencer cando chegaron ao pobo, - espera aqui que aviso ao chatarrero e xa o vendemos- díxolle o caompañeiro -, Xan, medio dolorido, sentóuse enrriba  do depósito a descansar, ao pouco chegou o compañeiro con outro home que lle dixo - ¡bos días!, bueno, por esto dareibos ... vinte pesos e xa ides ben , Xan repostoulle - Vostede sabe que ben vale cuarenta, pero si nos da trinta e séu, o chatarreiro aceptóu, o compañeiro todo contento levou a Xan a sua casa que quedaba a pe dun monte, - ese monte chamanlle O Corpiño, despóis de tomar algo e facer as curas lévote- díxolle o compañeiro. Entraron na casa e alí estaba a dona con dous pequerrechos, - ¡muller!, ponnos  un trago de aguardente e máis fai o favor de atenderlle as feridas a este home, - ¿elogo, que pasou?, - contestou a muller - nada muller,e que topamos unha creba e o mar deunos cando a estábamos quitando e uns arneirons rascaronlle no costado,- respostoulle o seo home - Xan estirouse no banco e levantóu a camisa, - sangra bastante pero non e profunda, - dixo Xan, lavaronlla e desinfectaronlla e o rematar dille o home - ¡ala vamos!, boute levar enrriba do Corpiño xa verás. Sairon pola porta e furon subindo cara un monte que predominaba a aquel pobo, había xente polas ladeiras facendo peches das fincas coas pedras que ían traendo da caron do mar, e ao ser encostado enchian con terra, e así ,entre os muros e as pedras facían hortas, seguiron subindo e entre os toxos estaban uns rapaces xogando con un chisqueiro prendendollo lume as toxeiras, o home que acompañaba a Xan chamoulle a atención - ¡ nenos !, non vedes que vos ides emborrallar todos e vos van pegar ao chegar a casa, ademáis, hoxe non faí bo día que estan humedos. Os rapaces ríronse e escaparon correndo perdendose cara o pobo. Seguiron camiñando e, chegaron ao alto, había unhas pedras coroando a cima como si na antiguedade hubera aquí un castro o un enterramento, no alto dunha dela mirando cara o pobo había unha cruz, - esta é a cruz do alto do Corpiño que nos protexe, e, aquela que ve aló, e a que lle chaman a"pedra do verdugo", e dende aquí divísase todo o pobo, a ría, o santuario.. - Que bonito esto,- contestou Xan ,- e proseguío - " vas a sentir o vento na cara, o calor do sol, o ladrar dos cans o berro da xente, e ... dis que sitio seá este, e da igual, porque si sintes todo eso....estás no paraiso". - ¡ Que bonito ! exclamou o home;- boas vistas e gran sentimento o estar eiquí, pero ¿ porque lle chaman así ? dixo Xan. O home sentóuse, púxose a liar un pitillo, ofreceúllo a Xan , e logo de liar outro pra el dixo - un día antes de marchare meu pariente pra Arxentina quixo que subíramos aquí e estando onde nos atopamos dixo " quero levar esta sensación de libertade, purificación e..cando esté ao outro lado deste océano sentir que meu corpo esté aquí,  formando así unha unitutolidade", por iso lle poden chamar así a este monte por que cando nos temos que ir fora do pobo a traballar, nalgún momento do día pensas, cando estabas aquí, recreandote da paixase e sentes a liberdade mentres os teus ollos se enchen de baguas......Xan, botándolle a man por riba do hombro dille - ¡Vamos ! que aínda che quedan cousas por mostrarme...( continuará )

miércoles, 17 de marzo de 2010

Xan " das crebas" ( IV )

Uns dias mais tarde, Xan, que levaba tempo sin ganar  moito, decidío poñerse a andar e, dixo no pobo que ía cara outros lugares durante algún tempo, e, que non se preocuparan, ía ver si collía máis crebas, botouse a andar levando sobre as costas un saco con comida, algo de roupa, e outros enseres.Como era a mediodía, púxose a andar antes  de que, lle viñera a noite enrriba e haber si encontraba algo... o  vento soplaba de costas, e ,de cando en vez, caía un chubasco forte, Xan buscaba refuxo nas pedras e covas que ía encontrando, de súpeto no medio do ruido das ondas e do vento, sentío unha dulce voz, dou varias veces a cabeza e situouse ben cara onde procedía o son e....., efectivamente eran cantos, pero...¿ sereas?, ¡non!, a voz era masculina, pero ¿como ía cantar un home no mar?, si as que cantan son as sereas pra namorar os mariñeiros, según tiña oido contar os máis vellos cando era mozo. Foise arrimando cara a costa e...cada vez oía máis claro os cánticos daquel home, baixóu a aquela furna escarpada na que o mar entraba con forza, con gran axilidade foi baixando pero ese día estaba o mar moi bravo, desitío, e...botouse a andar cara unhas luces que se vían o leixos; - ¡ carallo!, pois sí que me puxen nervioso e todo, botou a man por dentro do abrigo e quitando unha petaca doulle un trago ao  aguardente que lle dera a sua irmán Lela, seguío andando e o chegar as casas petóu nunha que tiña luz e contestáronlle -¡ quen ven a estas horas! e vai Xan dixo - Sou un home que vai de camiño e, o chegar a unha furna que esta alo embaixo escomencei a escoitar uns cantos dun home e..., naquel intre abrese a porta aparecendo o rostro dun ancian que lle dixo - pase vostede home, e..quéntese ao lado da pota, Xan entrou, e, botandose ao lado da chimenea,estirou as mans e púxose  a quentalas, - bueno señor, dixolle o vello,¿que fai vostede por estes lugares nunha noite coma esta?. E vai Xan contoulle o conto, o vello movendo a cabeza afirmando as palabras de Xan díxolle - Sí señor, sí, e verdade o que oío, xa que, no sítio que me dí pasou según conta a lenda, unha tráxica historia, o dono dun castro que está alo enrriba, tiña unha filla chamada Frolinda, e, un día, apareceu un trovador e quedaron os dous namorados, o chegar o pai de loitar  e vendo que era verdade aquel amorío, pecha a sua filla e expulsa ao xuglar. Pero cada noite, o xoven dende os outeiros dedicáballe cantos de amor, entón enfurecido o pai, ordena arroxar ao xoven dende o alto dun penedo a unha furna da costa, ao saber a noticia do tráxico final, Frolinda enloqueceu e, escomenzóu a deambular día e noite polas ribeiras chamando ao seo amor. Unha noite, un criado levoulle a mala nova o pai, que viran a sua filla chamando ao seo amor no alto dunha furna escoitando unha cántiga do infortunado, veulle un golpe de mar desfeito en espuma, chegando ata onde estaba Frolinda e tomando a forma de Buseran, o trovador, envolvea nun abrazo desaparecendo con ela no fondo na furna."
E dende esa, as veces, escoitanse as cántigas de Buserán, por iso a furna esa chámase, a furna da Buserana. Xan dixolle - graciñas polo calor que lle collín e máis por contarme esa fermosa historia, pero teño que botarme a andar que teño que traballar esta noite - e onde traballa meu home, e vai Xan, pon o abrigo, colle o saco e dille - señor, eu traballo vendendo o que me dea o mar esa noite, pero....creo que eses fermosos cantos, non os poderei coller, e nesto alexouse cara a costa...( continuará )

viernes, 5 de marzo de 2010

Xan "das crebas" ( III )

Un día de temporal Xan como case sempre que facía malo,ergueuse da cama, e logo de se vestir collío camiño da praía, o mar esa noite sentíase dende lonxe, iba camiñando cando...., de pronto, unha forza tirouno para atras, el intentou seguir pero había como unha especie de muro invisible que non o deixaba avanzar, intentouno por varias veces sin conseguilo, e logo marchouse pra casa, estaba tan nervioso que cando chegou dixolle a sua dona - Xan,¿ que che pasou ?, el contestoulle - ¡ nada !, e botouse a dormir. Pola mañan cando se despertou, e viña a sua dona de mercar o pan díxolle - Xan, acabo de oir que esta noite Paco dos bois e mais o seu curmán Luis foron atopados na praia afogados, que foran as crebas e polo que escoitei, viñeronlle uns golpes de mar tan grandes que non poideron escapar,atoparannos aos dous xuntos alo dous metros pra riba da pleamar..,Xan, que estaba sentado, cerrou os ollos, apretou os puños e..respirou profundamente e dixo - vaia por Deus, sabes que onte pasoume esto, e contandolle o conto rematolle decindo, ¿ porque a min  non me deixou ir a praia e a eles si ?,- non cho sei Xan, contestoulle a dona, pero por algo sería...
   No inverno, Xan tiña que esforzarse en atopar crebas xa que había moi poucas, un día chamou a un "moino" que mercaba chatarra e quedou para a noite xunta unha caseta vella no muelle pra venderlle uns alpeos e mais unha cadea gorda, e cando estaban a cargar todo no camión, caeulles a garda civil e levounos ao cuartel, e vai Xan  e dixolle ao sarxento - bueno,señor sarxento, ¿ podese saber por que me traen a min aquí?,o sarxento dille enerxicamente - ¡ Bueno señor ! no me diga que no lo sabe, o acaso me quiere hacer tonto, pués hubo una denuncia de que estaban robando material del señor Garcia y efectivamente los cogimos a ustedes con las manos en la masa. Vai nese intre sáltalle Xan, - Pois mire señor, boulle a explicar coma foi, o sarxento respondelle - hable señor, hable. - pois mire, como fai mal tempo dende ai varios dias eu como usted xa sabrá iba a plaia a buscar haber si saira algo, xa que teño tres pequerrechos e non paran de decirme que teñen fame, entón ao pasar polo muelle vin a o moino ese e díxome - ¡ señó ! ¿ puede usted venir a echarme una mano con esto y le doi cinco duros ?, e vai eu pensando nos meus cativos dixen  - vale ,e como vera usted pensei que o mercara ao señor García, xúrollo pola almiña dos meus pequenos. nesto o sarxento fruncindo o ceño,mira pra Xan, que tiña unha cara de que non mataba nin unha mosca, e díxolle a un guardía - ¡ Sanchez ! ,acompañe a este señor hasta la puerta y a usted le digo que no lo vuelva a ver más por aquí. Xan todo contento saío decindolle - gracias señor sarxento teña vostede a tranquilidade que a Xan " das crebas" non o virá mais por aqui. Ao pobre moino que o colleron ca mercancía e mais o camion caelle un ano de cadea e mais perdío os trinta pesos que lle dera a Xan polo ferro.
  Uns dias mais tarde ( continuará )

jueves, 18 de febrero de 2010

Xan "das crebas" ( II )

 .....Xan dixolle: - ¿que tes Suso, morreuche aljen?,Suso contestoulle: -non Xan,e que levan os meus rapaces un par de días sin ter que botar a boca, e... na praia tampouco saío nada. - ¡anda!,ven conmijo que pra min non pateaches ben a praia. Suso insistiolle que pateara a praia duas veces,pero Xan recalcaballe que ian atopar algo. Ao final e tras convencelo, Xan levouno a xunta un aserradero que había preto da praia, collio un par de tablons de uns tres metros, levounos a beira do mar, mollounos, tiroulle area por riba, e botoulle un poutado de piche, frotounos tan ben que parecía que aqueles tablons anduberan uns cinco meses polo mar adiante, púxolle un no lombo de Suso i el  erguío o outro, e collendo camiño da casa dixolle a Suso :- e disto nin chio......
      Así era Xan das crebas, teimudo, boa persoa no fondo e....¿supersticioso?, bueno vos diredes si era, logo de leer o que lle pasara , por que, unha noite do mes das flores, estaba Xan caminando pra praía cando, ....sentío como un ruído ao lonxe, case alo no alto, xunta o cruce que vai ao monte... entón escomenzou a cavilar...."a noite e oscura, sin lua e cando paseí pola casa do Antón sentín ladrar uns cans.... e, agora lémbrome dos contos do meu avó, que na paz descanse, contabame que nas  noites así anda  a "Rolda" na procura das ánimas dos mozos que  se cruzan con ela, tamen me dixo que as veces, non sempre, escoitase a campanilla con que o espíritu que vai diante avisa da sua presenza e ademais verse as luces das candeas desa lúgubre procesión. E si un se atopa con eles, o que vai diante daralle unha cruz, é dende entón, será el o que encabece o macabro desfile no cal a sua ánima irá cada noite mentres enflaquece,volvese a de cor pálida e verdosa e logo morre". Naquel intre, Xan, ollou que efectivamente acercábase unha luz ondulante seguida doutras que non se daban acabado, e, dirixíanse cara el,
en vez de correr dixo - ¡pois moi ben!, agora bou saber que pintas teñen estas ánimas, xa que nunca vin unha e si me agocho tras estas pedras non che me han de ver ( a eso chamolle eu ter un bo "paquete" ). Así o fixo, e canto mais se acercaban, mais lle resultaba familiar a cara do que ía diante,- "paréceme que xa colleron a un",pensou. Ao pasar xusto onde el estaba, recoñecío a ánima que abría a procesión, mentres que aos demais non lograba velos, sin dudalo un intre dixo -¡Manolo,Manolo do crejo!¿a onde che levan?, sobresaltado, e con un susto que case lle da un ataque contestalle Manolo - X..a..n.,X..a..n, ¿ e.s tí ?, e Xan dille - ¡arredemo que sou eu! e, como non che deixen marchar, larjolles uns fumeirasos que van enterrarse eles soiños, - pero..... Xan, si vou eu soamente,contestoulle, - elojo esas luces todas, ¿queremes decir que non vas ca "Rolda"?,voltoulle a decir Xan, - ¡ ai Xanciño!, como estas, o que pasa e que onte extravióuseme unha ovella, e ía a ver si a procuraba,  e como non atopaba o candil, e facía tanto vento,  para que se me aguantara a vela encendida tívenlle que poñer un anáco de plástico e ao queimarseme solta unhas pingas deixando unha estela de luces, - pois..., ¡ menudo susto me destes! que  si son outro e dou volta...xa decía mañá que vira a " rolda" a pasear por estes lares....
   Un día de temporal Xan como case sempre....( continuará)

domingo, 14 de febrero de 2010

Xan "das crebas" ( I )

   Na metade do século pasado había en case todos pobos costeiros da Costa da Morte xente que se adicaba, a patear as plaias en busca de obxectos que a bravura deste mar arroxara nelas. Estes homes eran os "crebeiros", habíaos que o facían ocasionalmente cando a furia do inverno deixaba aos mariñeiros moitos dias sin ir a pescar, e sin ter un corrocho de pan que levarlle aos fillos, e tamén , había quenes eran semiprofesionais que combinaban esta laboura coa do campo.
   Xan das crebas, era un destes últimos, tiña un gran renome na bisbarra, sempre que ia a plaia atopaba algo, ben fora tablons, caixas, botes de manteiga, e restos dalgún naufráxio que por desgracia abundaban naqueles anos. Xan, era forte e alto, pero tamen teimudo, e non lle gustaba nada que lle "enbalaran o mar". Cando, chegaba a praia antes da raxor do día  e  decatábase que non era o primeiro, argallaba algunha  fechoría pra "espantar" aos outros crebeiros,claro que, xa levaba pensado o que facer ( esto hoxe en día chamase o plan "B" ). Pois, un dia de inverno duro, estando Xan  baixando pra praía, sentío que se lle viña acercando unha
persoa que traía unha caixa  bastante pesada, douse conta por que sentíao respirar moi apresa , tanto que case afogaba ." ¡Moi ben! ",pensou Xan, hoxe vaime ser doado, e nisto tirouse ao chan, desabrochou a camisa e deixando que o mar lle mollara asta os tobillos, fixose o morto. O outro home ao chegar a sua altura dixo: -¡arredemo, un morto! , ao mesmo tempo que arroxaba a caixa e correndo como si vira a mesmisima "rolda" marchose co pasmo no corpo, levou dous dias sin verse por as praias. Así era Xan, pero non creades que non tiña sentimentos, pois dunha vez atopou a un crebeiro chorando no camiño a praia.....( continuará )