Etiquetas

Rexistrado en Safe Creative ______________________________

domingo, 5 de diciembre de 2010

Cando ves a morte os ollos , no primeiro que lembras é....

   Dende fai tempo, leva rondando pola miña cabeza escribir un artigo sobre este tema, o certo é que dende que escoitei na Radio Galega, nun programa de Xusto López Carril, a un percebeiro de Muxía decindo .." os que din de que cando ves a morte os ollos, lembraste da muller ou dos fillos, é mentira, do que te lemras é ... a que sitio vin morrer, ou a onde vin acabar...". Eu xa nese intre deille a razón, xa que nos percances cercanos a morte que tiven nun barcos no me lembrei deles, nin de ningún santo, lémbrome que, era día de reis, nunca fora o mar ese día siñalado, o primeiro que me pasou pola mente foi....a única vez que viñen o mar o dia de reis, vou morrer afogado, despois lembreime do sitio en onde ía morrer. Noutros percances na carretera, e no máis preto ai uns dias, o pensamento e algo distinto, cando, te ves "vendido", soltas unha palabrota, despois so te lembras no sitio onde a vas a palmar, nunca se me pasou pola mente , nin a familia nin os santos, nin nada parecido, só, o sitio onde tes a tua.  con isto, non quero decir que, nun accidente no cal se está moito tempo de angustia, se pode lembrar na familia que deixas, ou suplicar a intercesión dalgún santo, máis, non en primeiro lugar, eso nos primeiros momentos non pasa pola mente, queda moi ben de cara a galería, decir que se lembra nos fillos ou na muller.
   Tamén con esto quero recalcar máis que o destino xa o temos escrito, é que cada un ten a sua no sitio, o meo do outro día fixo que, a pesares de ir uns centos de metros derrapando,esquivando ao probe do home que me avisaba, o cal ao correr cando vio que me ía esnafrar cara onde estaban os outros coches, caío na carretera, e que fora o coche que, máis arriba quedara, nun sitio privilexiado ,facendo que, o meo cometido fora en alertar os coches que entraban naquela ratoneira, minimizando así os daños causados,ese mesmo destino foi  que fixo que, cando asumín de que o impacto co coche ía ser nun intre ou noutro, gardase a calma e, así,controlar a situación.Con este artigo quero deixar clara a miña opinión sobre dous temas; que no primeiro que se pensa non é na familia (pódese pensar décimas despois ), senón no sitio, no dia,etc. é que, o destino de cada un témolo escrito, sei que  a miña opinión vai traer diferencias, máis so é eso....unha opinión.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

o q falou na radio e meu pai,gracias por faselo publico.ten mais historias

Xusto Fisterra dijo...

lémbrome de -".... vou morrer en jatopelado"", pois xa sabes contacta conmigo e escribireinas de lindo gusto, tes o meo enlace de face a dereita, e se non por correo, graciñas