Etiquetas

Rexistrado en Safe Creative ______________________________

jueves, 12 de agosto de 2010

O "BARITO"- unha morte predecible

      Polas emisoras de radio, oíase falar do achegamento dos restos dun novo ciclón... o Klaus, cando, non había moitos dias, fixera o mesmo o Hortensia. Era o día 15 de Novembro do 1984, o Barito, un pequeno barco duns 5 metros de eslora  estaba recollendo as nasas pola zona da "illa de Santa Catalina" en Tal,.Había mar de fondo, cando.. un golpe de mar dalle volta de quilla o barco, os dous tripulantes caen o mar, Antonio Domingo Lado "Cuco" de 17, ao sair a superficie non vio ao patrón, Ángel .Lestón Formoso de  48 anos, entón foi cando se puxo nadar pra terra en busca de axuda, ao chegar foi como pudo a unha casa  chamou por teléfono a muller do patrón dandolle a mala nova. Púxose en marcha un mecanismo de busca, aparecendo horas máis tarde o corpo de Angel Lestón Formoso, máis coñecido como "Gelito",  era moi querido na vila de Muros, xa que, foi un dos fundadores do club de remo de Muros, sendo Antonio, tamen remeiro do club, e, asi son  as cousas da vida,  un poco tempo despois,  moi preto de onde morrera o seo presidente, perden a vidas, outros tres remeiros máis nun accidente de circulación.
     A súa viuda Socorro Leal recorda o suceso como algo horrible pero ,ó mesmo tempo, incluso previsible,  xa que,  "...era un home que non lle tiña medo a nada,  por que a súa complexión fisica forte facíao moi confiado. Levaba toda a vida no mar ca experiencia de ter pasado por distintos tipos de barcos e, ademais, nadaba como un peixe pero pese a ser un home de mar faltáballe a cualidade mais importante que debe ter un mariñeiro,...respetalo  mar. Téñolle berrado en multitude de ocasións por sair a faenar co noso fillo Lito cando so tiña uns 10 anos de idade en condicións meteorolóxicas moi adversas,  e,  o propio Lito tenme contado que moitas veces pasaran mais dun apuro intentando evitar que o barco lles volcase.
    O día do accidente serían as 12 da mañá cando recibín a fatídica noticia a través dunha chamada telefónica do tripulante Antonio Domingo que traballaba con él, dentro do lóxico estado de shock no que quedei, de seguido, avisei tanto á Comandancia de Marina como a familiares e veciños. lembro que, chovía e ventaba moito,  pero en poucos minutos xa se xuntaran todos pra... en coche, desplazarse ata  as proximidades do lugar do naufraxio.
    A miña cabeza empezou a asumir que as posibilidades de topalo con vida, eran poucas, pero... ainda así, pra o descanso da familia, o feito de que atopen o corpo é un pequeno alivio pra evitar volverse tolo.
    So tiveron que pasar unhas poucas horas pra certificarla mala nova... ¡acababan de topalo corpo do meu home sin vida!. Non so acababa de perder a persoa ca que formara unha familia, si non que, ademais, xa non estaba o motor do sustento da mesma, e, polo tanto, sentía que estaba embarcando nun navío que se iba polo mar abaixo, sen viveres ...e con catro fillos que sacar adiante. Grazas a Deus, a mente, moi pouco a pouco fai que vaiamos topando o bo rumbo da vida e sigamos loitando polos nosos seres queridos. A pesar das adversidades, unha das cousas que máis me desafogou foi... comenzar a escribir pensamentos,que logo se convertirian en poesías, sen moito valor literario pero con moita carga emocional, que fixeron que recargase forzas para posteriormente facer todo tipo de actividades ca xente da miña idade. Seguir adiante e moi duro, pero é a mellor terapia para que a cabeza comence a descargar tensións e sigamos o curso da vida axudando ós fillos e non condenandoos tamén a eles a ir a pique.
     Hoxe por sorte os meus catro fillos teñen a súa vida e os seus traballos do que eu estou moi orgullosa, pero sei que, eles tamén o están de min, por que, sempre que teñen oportunidade, me recordan como unha cualidade persoal o meu espíritu de loita e sacrificio."
   
    O mar, o que tanto da, pero que...tanto nos quita, cobrouse unha nova vida, ¿podíase predecir?, non  sabemos, máis, o que sabemos é ...que ao mar, non se lle pode perder o medo, cando...iso pasa, estaremos sendo unhas víctimas en potencia, un día u outro...convertirémonos noutra victima que engadir a larga lista de ....náufragos do mar.....

1 comentario:

Paco Portela dijo...

Impresionante a testimuña desta muller. Di verdades como puños. Hai que respetalo mar. Non se pode un fiar del. Nin do mar nin de nada. Sempre pode haber algo que che perda. Pero esta muller tivo arrestos para seguir adiante e atopou unha boa terapia, dende logo. Escribir é unha gran terapia, como me pasa a min. Se non fose pola literatura, polo meu blog, porque estou empezando un relato, non sei que faría da miña vida, da miña enfermidade, pero iso é o que fai tirar a un para diante. Ten que ser moi forte esta muller, Socorro Leal. É, dende logo, de sacarse o sombreiro diante de ela. Xa poden estar ben orgullosos os fillos da nai que teñen.