
que con mala fe, ían contando,
sabedores que nas súas casas,
tiñan as galiñas cun galo.
Non se pode facer caso
nin vivir das faladurías,
pois moita xente alégrase
e danar, é a súa enerxía.
Xuzgan sen saber nada,
basándose duns contos,.
que lle traen coma un dedo
coma un brazo mailo hombro.
Traicioneira que é a envexa
e non o queren evitar,
viven na hipocresía
e no mundo da maldade *
Xan, díxolle - eso mesmo, máis eu polo momento non teño queixa, fun quitandolle algo de cando en vez. O home escomenzoulle a falar de que, efectivamente el tamén vivia diso, ainda que con unha diferencia...¡estaba casado!. Enton o home escomenzou a falar - boulle decir unha cousa, nos pobos e aldeas pequenas coñecémonos todos,e... as malas linguas, non deixan desenrrolar con normalidade un oficio coma iste, a miña dona xa esta cansa de tanta faladuría. - Xan díxolle - mire...sentémonos a fumar un pitillo que lle invito eu e explicolle como é o tema ese. Aquel home aceptou o ofrecemento de Xan, sentáronse enrriba duns dos troncos que sairan a praia, sacando o tabaco de picadura máis o papel de liar, Xan botouse a facer un par de pitillos mentres falaba con aquel home - pois...como lle ía decindo, a xente ao coñecerse xuzga o comportamento dos demáis, como unha norma de control sobor da vida social da aldea ou pobo, entón así, a xente, por medo a esa crítica procura comportarse dun xeito que non estean nas bocas da xente. Asi mesmo tamen o fan algúns ca bruxería, así calquera que se comporta dun xeito raro, é sospeitoso de bruxería, e ninguen quere que se lle relacione con ela, xa que, está vencellada co demo. Así, podolle nomear varios, como o mal de ollo, que din que ten un enrriba cando, por envexa, a xente di que esa persoa provoca emfermedades e trastornos, así en sitios é coñecido o mal de ollo como envexa. Esa é unhas das funcións do mal de ollo , o de que a xente controle a envexa dos seos veciños. E así, contrólase que a xente, por medio do sentimento da vergoña, se comporte socialmente, ninguén quere ser acusado de ter mal de ollo ou de ser bruxo, por eso unha persoa que cumpre as normas de convivencia dise dela que é vergoñenta. - ¡que tanta razón ten vostede! - exclamou aquel home - debe de ter estudiado na escola. - Xan respostoulle - sí, estudiei na escola, pero...na escola da vida, esa é, a mellor escola que temos a xente probe. - ¡pois sabe vostede moito! - exclamou o home - Xan erguéndose mentras sacudía o pantalón comentou - pra vivir neste mundo ai que espabilar e non durmirse, e, ter medo dos vivos non dos finados, que, eses si que non fan nada os probes, aínda que culpas levan dabondas. O outro home xa se erguera e poñéndose en camiño seguiron os dous remexendo en buscas de crebas...
*Poesía de Pacola González
1 comentario:
Hola Xusto , tienes un blog precioso ...me encanta..aún no lo pude leer todo , pero estoy poco a poco y me encanta, además escribes mucho sobre el mar y el mar me apasiona..el mar es mi vida, no sabria vivir sin él.....no podria vivir en un sitio que no tuviera mar, me relaja, reconforta , me quita el estrés, en una palabra "me gusta el mar"
Publicar un comentario