Hoxe non tiña pensado editar nada pero por mor dun enlace que me levou a páxina do concello de Muxía,e para ser mais preciso a "Crónicas de primeira peregrinación do ano2010",púxenme a ollala e vín : "...En Olveiroa puidemos comprobar o que cambiou esta aldea desde que se abríu aquí o albergue para peregrinos no ano 2000.E aquí estaba o alcalde de Dumbría e Puri,a encargada do albergue e unha das persoas que pode direccionar aos peregrinos.E Xosé Manuel Pequeño dixo que o concello de Dumbría estaba interesado nesta aventura muxiá, pois neste ano empezaban as obras dun novo albergue na capital do seu Concello e o éxito do mesmo dependerá dos peregrinos que opten por ir a Muxía.Desexámoslle pois moitos éxitos." O sexa queren direccionar aos peregrinos cara a Muxía,esto a min non me colleo de sorpresa xa que por circunstancia do traballo tocoume traballar no albergue aló por o ano 2001,e a encargada do albergue xa direccionaba a algún peregrino decindo de "Muxía era moi bonita ",era o único motivo que lles daba,Pero o que me sorprendeu é que o puxesen por escrito na páxina do concello,ademais Pequeño estaba interesado,non era mellor que o señor Pequello lle dixera señor Porto remate en Fisterra por que alo e o Fín do camiño,e o lema da camiseta era mellor que puxera " Muxía no Camiño",ademais decirlle xuntemonos todos os concellos ( esto digo eu que son tachado de localista ),e fagamos por promocionar o camiño a Fisterra,pasando polos nosos concellos ademais de Cee e Corcubión para rematar no único fin do camiño: Fisterra.Non non o dixo.... Mais adiante o señor Manuel Vilar segue escribindo: "Sen Muxía o camiño a este Cabo do Mundo
estaría coxo,faltaríalle algo, a parte relacionada lendariamente co culto xacobeo e coa presenza do Apóstolo na nosa terra."¿ A que cabo do mundo se refire?, ¿quen dixo que Muxía quedaba fora ? acaso ¿onde deixástedes a Fisterra?, ademais sin Fisterra ¿ como estaría o camiño en cadeira de rodas?,deixemonos de tanto egoismo e de levar as ascuas a nosa sardiña,de acusar as victimas de localistas por defender unha agresión a nosa historia,ben o dixo o príncipe "...hasta Finisterre",non dixo los Finisterres nin el Finisterre,dixo como tiña que decilo Finisterre, e non lledean mais volta a tortilla.
No hay comentarios:
Publicar un comentario