Era unha noite de forte temporal de sudoeste, concretamente a do 19 de decembro do 1983, estaba ceando xa que, o día seguinte tocáballe garda, de súpeto....,chámalle o presidente da Cruz Vermella local, pra... que saíra o máis axíña posible a base, ¡un barco embarrancou en Talón!. Saío correndo, o chegar, os curiosos dificultábanlle o acceso aos equipos de transmisión, polos altavoces oíase a costeira falando en varios idiomas pra intentar restablecer a comunicación perdida. El, comunícase con esta, a cal o informa da situación e nome do barco, por mor dunha avería eléctrica o Good Lion, foi encallar a punta de Talón, e que se perdera a comunicación, contestándolle este que se ía comunicar no código "Q". Así foi, escomenzóu decindo:

a segunda vez que o dí , síntese polos altavoces:
- QRA*, Good Lion,Good Lion,Good Lion
rompendo nunha gran ovación e aplausos os curiosos que alo estaban. El, seguío falando co barco sinestrado o cal díxolle que tiña unha avería eléctrica, unha escora de 25º a estribor, e que, querían ser rescatados por mar.
Organizóuse o salvamento, sairon o patrón , o motorista, tres mariñeiros, mais él cara a lancha de salvamento Arasolis, poñendo rumbo a zona do embarrancamento. Había moito mar de fondo, e moito vento, un barco que viña do Gran Sol e ía para Vigo ofreceu axuda, a cal foi reixetada por mor de que ía ser moi dificil a evacuación por mar, preguntándolle a costera polo tempo que había, díxolle que había sudoeste forza 12 e mar de fondo duns 5 ou 6 metros. Entre estas comunicacións chegaron a preto do barco, o cal era golpeado con furia polo mar, lanzáronlles uns cabos coas pistolas lanzacabos alcanzando a cuberta, e ante a imposibilidade de acercarse a menos de trinta metros, fíxose coa zodiac un andarivel marino, pero......a xente desaparecía, e..os cabos caían ao mar, a lancha, acercábase maís, pero...nada. Collío a radio e comunicouse con eles, respostando ahora que querían ser evacuados por terra. A lancha de salvamento, puxo rumbo o porto, ao chegar a base fixeronse dous equipos, un por terra e outro por mar, ademáis solicitóuselle a Axudantía de Marina de Corcubión un andarivel, repostando esta que tiña que vir de Coruña e tardaría unhas horas, pero que o Axudante e maís o Celador ían cara a zona a dirigir o rescate por terra. Estándo na base, volveron os mandos do Good Lion, solicitar ser evacuados por mar, no cal, voltaron a lancha e dirixíronse cara o lugar do acidente. O mar cada vez estaba peor, lanzoulle os cabos, pero nada....,estes non eran recollidos en cuberta. O equipo de terra composto de xente do pobo, improvisou un andarivel con cordas, no cal os tripulantes do barco escomenzaron a pasarlles as maletas, ao chegar a terra a terceira ou cuarta , foi tirada ao mar, xa que a xente quería que fose a tripulación quen abandonase o barco, e que, as maletas xa as collerían cando poidensen subir de novo, pero eles seguían insistindo:
- ¡Valija...valija..!
ao que lle contestaban de terra:
- ¡Valija no,valija no....vosotros...!
Mentres tanto , a lancha de salvamento seguía intentándoo por mar. El, foi un momento a sala da cuberta inferior da lancha a sentarse un pouco e tomar un café, alí estaba outro compañeiro sentado, de súpeto....... escomenzaron a dar voltas e chocar con todo, subiron pra ponte, e , alí dixénronlles que un forte golpe de mar fixo que a lancha case dera volta de quilla ( aínda que esto sucedese, voltaría a porse dereita, xa que a quilla de mercurio facía contrapeso coma se fose un boneco "tentempés"). Nesto recibíuse unha comunicación do axudante de marina que fosen pra terra que non se arriscaran máis, xa que a xente estaba sendo evacuada polos efectivos que se desplazaran por terra. Acatóuse a orden e mentres a lancha dirixíase a porto, os tripulantes eran postos a salvo un a un , sendo trasladados a un hotel de Fisterra onde pasarían o que quedaba de noite, xa que eran as cinco da mañán. Xa en terra e reunidos todos efectivos que fixeron o salvamento, os membros da tripulación da Arasolis, foron felicitados polas autoridades militares, aínda que recalcaron que en proximos salvamentos fosen mais cautos e non se arriscasen tanto, ao que el lles contestóu:
- hay que estar no sitio... e ver e sentir aos naúfragos para non facer todo posible por salvalos.
Contestandolle os os xefes con uns simples movementos de cabeza afirmativos...
*QTQ - desexo comunicarme con vostede polo codigo "Q"
*QRA - chámome...
2 comentarios:
Noraboa Xusto, tes uns relatos moi bos...
Unha curiosidade vivistelo? Contaroncho?
Unha aperta!
Barca
Pois.....ti mesma, éste naufráxio como algún outro que porei máis adiante, nunca foron contados por ninguen, e digo contar,non nomear o barco como o sitio, senón narrar como se desenvolveron os devanditos naufráxios, os que me seguides veredes narracións tanto de naufraxios como de outra índole inéditas, graciñas por seguirme
Publicar un comentario