Etiquetas

Rexistrado en Safe Creative ______________________________

jueves, 27 de mayo de 2010

O naufraxio do "Urlea"

Era o día 28 de Marzo do 1984. Como todolas noites que non tiña garda, él deixaba a roupa de faena encartada xunto a cama por si había unha chamada de socorro, xa prendera no sono cando sentío o inconfundible son do teléfono. Erguéuse e, avalanzouse sobre o mesmo, o seu interlocutor comentoulle que habían recibido un S.O.S. dun barco que se estaba indo a pique cerca da "Muniz". Deulle a interruptor pero non había luz, vestiuse sabedor de onde tiña a roupa de faena, e saío correndo pra base de salvamento. A noite era moi oscura, con forte vento do suroeste e chovía con forza. Ao chegar a base o compañeiro que estaba nela entregoulle o parte da incidencia onde iba escrito tanto o nome como as coordenadas e todo referente ao aviso, tamen comounicoulle que xa estaban todos avisados e cando viñera un foran pra lancha de salvamento e a puxeran en marcha pra axilizar a salida cara o lugar do sinistro. Ollou a folla fijandose no nome do barco, era o Urlea, que por mor dun forte golpe de mar, a altura da "muniz", sufrio un corrimento da carga, producindolle unha escora moi pronunciada e que ían proceder ao abandono do buque, ¿pero ese non era?,  pensou, xa mirareí. Mentres outro membro do equipo de rescate chegaba, abandonando ambos os dous a base para  preparar a lancha, ao non haber luz e ser unha noite cerrada con forte  vento e choiva, os dous membros tiñan que ir collidos das mans por medo a que se desviaran e caeran ao mar. Chegaron a rambla e colleron unha das gamelas que alo estaban amarradas, púxose un a cada remo e bogaron forte pra chegar a lancha de salvamento que distaba uns vinte metros de terra. Atracaron nesta e, abriron a ponte de mando, activaron as baterias e abriron os grifos de fondo, arrancando os dous motores  i encenderon todolos equipos  electrónicos, tamén se encendio un dos reflectores enfocándolles o camiño os demais membros da tripulación que viñan a toda presa, sairon a buscalos e logo de embarcalos, vestiron os equipos de supervivencia e púxose en contacto ca base comunicándolles ésta que o abandono do buque xa se produxera e un mercante que estaba cerca do lugar  o Loredo, estaba chegando a xunto onde se atopaba a balsa salvavidas. A lancha xa se atopaba cerca do cabo de Fisterra, o mar era unha blancura, esta ía a toda máquina e por mor das ondas tocaba coas antenas no mar..subía e ... o baixar, metía a proa, chocando as rutías cos cristales da ponte, as veces os limpias paraban por mor dos impactos, o Loredo, comunicou que  xa avistara a balsa  e  que lle estaban a facer abrigo a espera de que chegara a lancha de salvamento, éste dixolle que estarían a unhas sete millas pero que debido o temporal que iba arreciando tiñan que abrirse moito do cabo Fisterra pra despois facer un xiro de 180º, debido a esto, terían que botarlle o costado as fortes ondas durante un tempo que, o patrón da lancha quería fora o menor posible,  xa que,  podía facerlle moito daño a lancha. Xa estaban bastante abaixo cando o patrón dicía que lle comunicara ao Loredo que os rescataran eles, que nos non eramos capaces.... él insistíalle que fixera o posible, que os tiñamos aí, pero ...non  era seguro, e xa que, estaba aló que os collera o mercante. Comunicóuse co mercante decíndolles que procederan eles co rescate, respostándolles éste que como ían facer, que era dificil, él díxolle que se puxeran a sotavento da balsa salvavidas, e que se viñera ganando a barlovento, ao chegar a altura da balsa que lles mandaran tres ou catro cabos, que algún deles collerían e despois facerlle abrigo co barco e acercar a balsa, ademáis quedaba a  lancha en "standby" hasta que os rescataran, que si non, arriscarianse. Mentres a lancha estaba "capeando", mantíñanse as comunicacións, tanto ca base, ca costeira, como co Loredo,a cabo dun tempo,  este último dixo que acababan de rescatar aos tripulantes, pero que, estes lles dixeran que cando se producío o abandono do buque, o segundo maquinista Jerónimo Berlés Boronat, non foi quen de chegar a balsa e dandoo por desaparecido, sendo encontrado dias despois no coido de touriñán. Os tripulantes serían levados polo Loredo, hasta Leixoes, donde serían desembarcados. Sendo por esta acción de salvamento condecorados todos os tripulantes do Loredo, ca medalla de plata  da S.E.S.N.

   O barco afundido Urlea, fora o que na madrugada do 17 de xaneiro do 1977, cando entraba no porto de Barcelona, atopouse con unha lancha de desembarco, a LCM 6, que saía dun lado do muelle e levaba uns 140 marines dos  barcos Trento e Guam, de regreso a seus barcos e ao tratar de esquivalo, os soldados arrimaronse a unha banda, e ao levatarse ésta, foi arrastrada polo costado do Urlea, dando volta e afundíndose. Neste tráxico episodio morreron 48 marines e 1 desaparecido.
  

1 comentario:

Katya dijo...

Os naufragios son terribles, eiquí en burela ouvo varios , pero o más reciente foi o do "Sempre Casina"...nunca se me olvidará porque ia xente que coñecia eu, e para mín foi moi impactante...