
María del Carmen Couso, muller de Benito Carabelos Rosales, un dos mariñeiros desaparecidos cóntame como foi, como viviu, e que sentío, dende o momento da chamada, ata o día que ...tivo que decirllo a sua filla de 9 anos:
"A mín chamáronme por teléfono da oficina de Pesca Arosa, decindome que o barco tiña a radio estropeada e perderan a comunicación con eles. Xa me puxen nerviosa e, busquéi quen me levara a Vilagarcía, lugar onde estaba a oficina, pero...mentres, encendín a tele, e... estaban a decir que o Frank C, fora a pique no Gran Sol, non podía cos nervios e, chamei a un familiar contándolle a triste nova, pero este creío que eu toleara e que, non era posible. Máis, eu tiña ansia de respostas a tantas preguntas que me pasaban pola cabeza, marchei pra oficina e alí buscaba a persoa que tivera respostas as miñas preguntas, máis.....¡ non había!. Sentía dor... .moita dor, pensando como sería o que lle pasara, a miña vida, parecía que se me ía con el, o meo home, o meo compañeiro, o pai da miña pequena...non volvería máis. Así, estiben dun lado pra outro pola oficina durante duas semanas, movendo a xente que sabía, pero, sempre cos mesmos resultados.
A miña pequena, xa a mandara o primer día, pra casa da miña cuñada, deixándolle dito que ninguén lle contara nada do sucedido ao pai, que llo quería contar eu, i....... ¡ese día chegóu!, ían case duas semanas dende o naufraxio, xa rematara a busca, a pouca espraza xa se esvaecera, pero...¿como explicarlle a unha filla o que, nin eu podía ou quería creer? ¿como decirlle que seu pai, polo que tiña tanta adoración, non voltaría máis?. Foi entón, cando pensei en darlle forma de conto pra que, así o fose asimilando, díxenlle, o principio, que seguramente o seu pai estaría nunha isla deserta, esperando que o rescataran, que estaría ben, e que, faría unha casiña de troncos, que cazaría.....pero..¡non!, non o entendía, quería que, seu pai viñera pra casa, que o fóramos a buscar...¡entón!..era hora de contarlle a verdade. Díxenlle, que, o barco tivera un problema moi grande, que se perdera no mar, e que Deus, levara a seu pai pra xunta del, ela... gritaba de dor, seguíalle decindolle que como era tan bo, que Deus o quería ter o seu lado, pero ela choraba .. gritaba de dor, decia, por que Deus o levou, si era tan bo, tería que deixalo aquí con nos....como ía entender unha nena de 9 anos, unha cousa que, nin eu entendía....choraba... daba patadas...gritaba...,eu... sentíame impotente, xa que non podía aliviar a sua dor, a nena estaba muy unida o seo pai, eran como unha mesma persona...e así pasandoo mal levou moito, moito tempo...ata que, pouco a pouco fomos falando do acontecido, e...fomos encontrando un pouco de paz. aínda hoxe... ilusa de mín, penso que, en calquer intre vai entrar pola porta..."
Priscila Carabelos, a filla, lémbranos os recordos bonitos ,as mostras de cariño...:
"O primer día que fun o colexio, estaban todas miñas amigas esperándome, na mán tiñan unha cartiñas, e ademáis cada unha delas tiña un paquetiño con un lazo pra mín. Fíxome moita ilusión, foi un xesto moi bonito, inocente e sincero, como unhas nenas de 9 anos demostráronme, a sua maneira, que estaban aí, conmigo. Nunca me esquecerei.
Estaba muy unida a meo pai, por pouco tempo que el pasara na casa, os poucos dias que estaba, non me separaba do seu lado, íamos a casa da sua nai a coller peras de san xoan, subiame de pe enrribas del e collias, lembrome da sua canción favorita " a lambada", de que xogábamos moito a supermán e supermana, tamén...dos chichos que se deixaba facer, ca cinta de "carrocero", dous a cada lado da cabeza e un enrriba facendo unha palmeriña....cando íamos pescar, un día.. deixeme os dentes nas pedras, cando collío un peixe tan grande que non cabía na cesta, emocioneime tanto que fun correndo e...todolos dentes de "sombrilla". Ou cando ía a esperalo o muelle, que non lle daba tempo a que o barco atracase de todo, pra tirarme, colléndome os seus compañeiros i eu corría por aquel barco pra abrazalo.
Aínda hoxe, non me acerco moito os muelles, un día subime a un mercante e...¡ de súpeto, escomenzóuseme a encoller, absorvíame, non podía respirar, tiveronme que baixar do barco. soño con el, avísame en soños de cousas malas que van pasar, ainda que pareza mentira....soño con un fuselaxe, e, o día seguinte estrelase un avión, soño con que vamos nun tren, e descarrila un o día seguinte, érgome chorando da angustia de non poder facer nada pra salvar a esa xente.
O último día que vin a meo pai...foi...¡ na miña primeira comunión!, ¡sí!, os demáis nenos fixéronna no vrán, i eu e máis outra nena agardamos a que nosos pais chegaran do mar. Sí, ese foi o último día que vin a meo pai..."
Dende aquí, quero agradecer a Mary, e a sua filla Priscila, que se fixaran en mín, pra que, fose o que lle redactara a crónica dos seus sentimentos, que esto, axude a ambas a superalo. Tamén, dende aquí quería facer un chamamento, para que, polo menos nos camposantos dos pobos mariñeiros, axa un sitio no cal os familiares dos desaparecidos no mar, podanlle levar unhas frores, e, rezarlles unhas plegarias polas almas deles.
Remato pondo a lista de persoas desaparecidas no Frank C, tiñan entre 16 e 40 anos :
Manfred Appeizoler capitán Alemania
Jorge López Baña patrón pesca A coruña
Javier Cabaleiro Juncal primer mecánico Bueu
Manuel Piñeiro Pastoriza segundo mecánico Bueu
Severo Malvido Parcero engrasador Cangas
Jaime Gestido Cabanelas cociñeiro Cangas
José Manuel Otero Vilas mariñeiro MarínAgustín Soaje Paz " Bueu
Jose A. Rodriguez Marta " Carballo
Benito Carabelos Rosales " Marín
Vicente Rios Pena Moaña apareceu despois dun tempo
José Antonio Rodriguez Verdía Carballo
Celestino Faría Santomé " Moaña
Jaime Sánchez Gallego " Moaña
Antonio López Cardero " Moaña
Nelson Brown Surafrica
9 comentarios:
Un relato impresionante sobre a traxedia dun grupo de homes que deixaron a súa vida no mar, tratado con moita ternura e unha sensibilidade encomiable.
Noraboa Xusto.
Grazas Xulio, e tamen pola foto que me deixaches copiar,puxenna en lapis porque ía mellor e non distraía moito,unha apreta
Sensacións encontradas... Revolta de sentimentos...
Noraboa!!!
hace 20 años de todo esto y aun hoy en dia lo paso mal, nunca olvidare lo que hoy estais leyendo, es un pequeño fragmento de todas las emociones que con palabras se pueden explicar.
gracias xusto por no difuminar nada de lo que te contamos, esta todo tal cual parece que estar describiendo cada momento y situacion,y tratandolo con tanto respeto.muchas gracias. pris.
Graciñas Barca, e graciñas Priscila, a ti e a tua nai teño que agredecer a confianza que depositástedes en min, pra que dera forma as expresións e sentimentos que tivechedes...
sin palabras.
Vinte anos, unha marea larga. Xa ai que ir pensando que o barco non atracará máis no peirao.
Vinte anos, duas historias, unha viva, outra, esta nunha mara larga...
Non fai 20 anos...,o día 1 de outubro son 19 exactamente...,foi no 1991,e o máis vello do barco cumplira 41 anos dous días antes. Para mín, é como se fose onte, nunca se supera, pq sempre hai momentos na túa vida na que desexarias q teu pai estivese aquí para compartilos con él...,eu xa levo maís da mitade da miña vida sin él...,e sigo votándoo de menos tódolos días...,e sigue poñéndoseme a pel de galiña cando vexo ese nome escrito...Frank C. E como explicarlle a un neno de 9 anos recién cumplidos q seu pai non vai volver…,sei ben q é moi difícil…,dende aquel día é rarísimo q fale de papá con nós…,pero sei q sigue vivo no seu pensamento e q se enche de orgullo cando fala del ca súa moza. Detrás de cada home q ía nese barco hai unha historia diferente..,pero co mesmo final..,o mar quedouse co q máis queríamos.
Hoxe o mar volve amosar a súa faciana máis cruenta. Estamos con vós mariñeiros, familiares e amigos. Qué sería a nosa Galiza sen o voso traballo? Galiza é mar, mar galego.
Apertas
Publicar un comentario