
airiños de maldición,
entran,sin cós chames,
rasgando o corazón.
Malas serpes de envexa
non paran de nos danar,
se fosen pra unha rexa
xa sería outro cantar.
Nesta vida van levar
unha pouca de mistura,
do que están a sembrar,
que sóo trae amargura. *
Xan, díxolle o vello - vostede tiña xa preparadas as espadanas, ¿pasa moito isto por eiquí? - non moito - contestoulle o vello - pero eu sempre o día do Sacramento recollo un feixe de espadanas despois de pasar o Santísimo, e botoas a secar por si acaso fan falla, e, desta vez, fixoo. Xan asentou coa cabeza e seguio conversando con el - eu, aprendino da miña avoa que cando era máis nova facía destas cousas. - Pois eu - dixo o vello- son o primoxénito de cinco irmáns e entre outras cousas tocoume o aprender isto, e máis tamén me tocou a "capa dos enterros" como lle chamo eu, que a usamos cando morre alguen é, ademais temos que asistir os velorios cunha vela, a cal depositamola nunha taboa que ten os furados pra por estas, e os homes temos que levar unha capa negra, eu non tiven que mercala xa que o ser o primoxénito correspóndeme a do meo pai, e antes de sair o enterro do finado facemos fora unha lumerada con carozos, e cada un de nos, os homes, polo turno que nos toque, saltámola e ,no intre de saltar, abaneamos a capa pra escorrentar os malos fados. E... algún espabilado no abanea ben e despois pasan estas cousas. Despois de saltar todos os homes, saímos cara o camposanto e tras nosa veñen as choronas, ademais cando remata o enterro, temos unha enchenta na casa do finado, que...as veces, rematan algúns cantando.
Xan, despois de isto, deulle as grazas tanto a el como a sua filla, e díxolle que tiña que seguir a sua andaina, que quería sair de día, collío as suas pertenzas e botounas o lombo. Collío un camiño que daba o faro polo cal xa fora cando lle ocurreo a desgraza e... pasoú por unha torre grande que estaba nuha cima do monte. Seguío camiñando por un paraxe inóspito, ata atopar unha pequena aldea, o primeiro que lle pasou pola cabeza e que, o debío camiñar moito, ou... algo pasaba, xa que, case a maioría dos que alo vivian, ¡eran loiros, e...tiñan a pel branca!, igualiño a un monte que vira por aló, preguntou a un dos veciños e díxolle que non sabía.... que xa llo tiñan dito, o seo antepasado sería algún dos que se salvaran en algún dos moitos naufraxios que por esa zona había. Despois desta conversa Xan encarou cara o lado do mar e.... (continuará)
* Poesía de Pacola González Campelo
No hay comentarios:
Publicar un comentario