Etiquetas

Rexistrado en Safe Creative ______________________________

jueves, 1 de julio de 2010

Gran Soleiro II: Un rescate, unha perda...

Era o día 24 de Abril do 1987, cando despois de faenar, o barco Playa da Cruz, dirixíase cara o porto de Muxía. Había mar de sudoeste, levaba posto o canal 16 de VHF, cando…escoitou un aviso de Protección Civil, indicando que un barco, dera volta no coido de Touriñán, sen dubidalo un intre, o patrón, puxo rumbo cara o lugar do naufraxio, alertou a sua tripulación e doulle avante a toda, o tempo... como el ben sabía, era crucial para efectuar o salvamento. Mentres, a tripulación preparaba na cuberta os cabos e aros salvavidas, sabedores de que, farían falta. Chegaron ao lugar, e viron o barco volteando con cada golpe de mar, tamén divisaron efectivos de protección Civil por terra. Ollaron, entre a escuma e divisaron dous homes, pero…había bastantes cabos do barco aboiando, tamén había vento do sur en contra, a manobra era arriscada…non era intre de dubidar... a eses homes, había que quitalos do mar.
Un destes naúfragos, debido os golpes de mar era empuxado cara a terra, ollaron pra o outro e, decidiron ir a por el e, tiraronlle un aro salvavidas amarrado con un cabo…o mar e o vento alonxábano, o pobre, case sin folgos non podía loitar en contra do vento, quería pero… non era capaz, mentres, o aro salvavidas, era lanzado repetidas veces ,máis…era case imposible. Un dos tripulantes ofreceuse a tirarse o mar amarrado con un cabo para rescatalo, entón foi cando…logrou asirse o aro, foise tirando pouco a pouco por.. si se soltase tivese o aro máis preto, así, foronno arrimando ao barco, mentres o que estaba máis preto de terra, era rescatado por Protección Civil. O naúfrago, chegou ao costado do barco e... cando o puxeron a bordo, ollou pra eles... a sua expresión decíao todo, agradeciulles aos seos rescatadore e…desmallouse, voltaba en sí e desmallábase, sufría de hipotermia debido ao tempo que estivo na auga, os mariñeiros do Playa da cruz, apresuraronse a quitarlle a roupa e envolvelo en mantas, puxeronno no sitio mais quente do barco, ao lado do motor, mentres, o barco dirixíase ao porto. Os mariñeiros dabanlle ánimos, decíndolle que estaban preto de terra…,que xa chegaban, que todo ía ben, máis... o que non sabían, era ...que un terceiro tripulante que ía cos naúfragos xa non voltaría, que os dous que se salvaron, cando sufriron o accidente mantíñano a flote debido a que pouco sabía nadar, pero…foise, entre o tempo que levaban na auga, e, os golpes de mar estos soltáronse, e… cada un tivo que preocuparse da sua propia vida. Esto todo, era observado por un pescador que estaba nas rochas no momento do percance do Gran Soleiro II, e foi el, o que, dou aviso a Protección Civil, a manobra do Praya da Cruz, foi meritoria e arriscada, máis, valio a pena. Salvou a Ambrosio Carril Martínez de 28 anos, mentres que fixo o mesmo Protección Civil con Francisco Carril Martínez de 30 anos, non poidendo ter a mesma sorte o primo de ambos, Marcos Samil Carril, todos eles de Camariñas.


Unha vez máis a Costa da Morte fixo honrra ao seo nome…

8 comentarios:

Barka dijo...

Xusto parabéns coma sempre... daslle un matiz distinto ó narrar estas historias tan duras.
Unha aperta!

Anónimo dijo...

Todo esto está muy bien, pero me gustaría saber qué autoridad tienes para hablar de esto. Para que me entiendas: ¿De dónde sacas tú toda esta información? ¿Quién te la entrega? ¿Cuál es tu fuente? y... lo que es más importante: ¿Qué objetivos tiene la persona que te da esos datos al permitir que seas tú el que los publicas?
No sé, en toda esta historia creo que hay gato encerrado.
Saludos

Anónimo dijo...

Creo que estamos en un pais democrático,donde se puede hablar libremente,siempre que no se le falte el respeto a nadie.Las fuentes de información que tenga quien escribe,no es o que nos debe preocupar a los demás .... no sé eñ porque.... pero ese comentario me suena a envidia....
Xusto sigue escribiendo y no hagas caso de os comentarios anónimos,que ni valor tienen a poner su nombre.Enhorabuena y un saludo desde Muros.Pacola González Campelo

Xusto Fisterra dijo...

Graciñas Barka, e tamen Pacola, e a anónimo decirlle soamente que as fontes son a xente que se pon en contacto anmigo pra que lle escriba os seos sentimentos, algunhas queren dar os seos nomes e outras non ,soamentes eso.

Barka dijo...

Completamente de acordo con Pacola.
Xusto o que ti escribes son relatos, vividos por xente da nosa costa querida.
Nin que non estiveramos nun país libre!! Parece un interrogatorio anónimo!! Xusto unha aperta e sempre para adiante!!

Anónimo dijo...

Esta persona non sabe que este pais ai libertade de expresion e cada un
contamos os nosos casos as personas que realmente conten o que nos lle contamos sin cambiar nada do que lle decimos e Xusto e unha delas,ánimo e sorte.

Antonio

Marisé dijo...

A Anónimo le gustaría saber una serie de cosas sobre lo que escribes. A mí me gustaría saber ¿ quién es él /ella para hacerte esas preguntas ? ¿ quién la ha dotado de esa autoridad de la que habla para dirigirse a tí de ese modo ?¿ tan cobarde es para qu escudarse en el anonimato ?.
Como lectora tuya te animo a seguir escribiendo como lo haces y contándonos todas esas historias que como hijas, esposa o familia de mar hemos escuchado muchas veces.
Apertas desde Castilla Marisé

homesdepedra dijo...

Moi ben relatada a historia,Xusto.
E o que non lle guste que non lea.

Una aperta e sigue así, falo moi ben