Etiquetas

Rexistrado en Safe Creative ______________________________

jueves, 5 de agosto de 2010

Xan "das crebas" (XIV)


..anduvo un bo treito, logo, púxose a descansar debaixo dun carballo que estaba ao pe do camiño, meditaba sobre a xente que ...coñecera, e que, a pesar de ser un descoñecido, sempre había quen lle puxese unha man. Do seo chaquetón quitou unha caixiña con tabaco de picadura máis papel de fumar,dispoñíase a liar un pitillo, cando...polo camiño, acercábase unha persoa, Xan, xirando a cabeza, ollou pra ela, era un home delgado, tiña unha boina na cabeza e vestía roupa de festa, camiñaba coa mirada perdida nas pedras do camiño, Xan, ao pasar o home por onde el estaba saudounno  - ¡bos dias! - o home sobresaltouse, non se decatara da sua presenza, e, con unha voz profunda respostoulle - ¡nos de Deus! - proseguindo despois - vostede ¿ non é deste lugar? - Xan dixo - non, eu sou de máis ao sur - o home voltoulle a falar - pois... de por alo veño eu, ía a ver si me curaba das miñas doenzas o "sabio de Villastose", pero, ca mala sorte de que xa Deus dera conta del, morrera, unha magua,  érache... bo curandeiro ese home, sabía todalas artimañas pra descubrir os tramposos, ademáis de curandeiro, pero... ¡ e a vida! , agora  no seu sitio ai un rapaz novo - Xan díxolle - sí, oira falar del, pero xa ai moito tempo... E vai Xan e pónselle a cantar unha pequena copla a aquel home:
   No lugar de Villastose
ai un cura moi cabal,
tanto descubre o tramposo
como che cura un mal.
   Un dia duas mulleres
levabanlle duas ducias de ovos,
na metade do camiño
gardaron unha  nos toxos.
   Ao rematar a consulta
con aquel cura tan sabio,
entregaronlle os doce ovos
 e díxolles el de contado:
     ¡vaianse,vaianse, señoras
 que fanvos máis falta a vos,
 arrimádeos xunto da outra
 que no camiño quedou...

- o home díxolle a Xan  -  moi bonita esa copla nunca a oira - Xan respostoulle - cantábama a finada de miña nai cando era un cativo, o home volveo a decirlle -moi ben  e...¿ vostede vai cara a aldea?, ao que Xan respostou - Sí, si se refiren cara ese lado do camiño, sí, vou. entón o home pediolle que fose con el , así contarian cousas polo camiño, e, irían máis entretidos. Erguéndose, Xan botouse a andar , o home que o acompañaba escomenzoulle falar  -  pois, ¿vostede, a que se dedica? - Xan díxolle  - sou un crebeiro, e ando pola costa en busca de crebas   - o home volveo a falar - pois mire, un pouco máis adiante ai unha gran praia, e sempre sae algo nela. Mentres andaban, pasaron por unha igrexa , o home díxolle - esta igrexa, e famosa por un caso que pasara con un soldado dalo de escocia, pois o moi pillo entrou  nela , quería roubar o copón de prata, onde el pensaba que estaba o Santísimo Sacramento, pero...non o atopou, e así comio todas sagradas formas que este contiña no seo interior, dándolle, alo ao pouco, unha grande dor que tivo que arrastrarse pola igrexa, rabeando como un can e...morrendo pouco despois. Cando os veciños voltaron, atoparonno,i enterraronno nun buraco, cubrindo con pedras ao finado, pero, ¿ que fixeron? despois foi peor , o cheiro tan grande que despedía fixo que en moito tempo non se poidese facer misa. - Xan dixo - en cada sitio que vou, sempre atopo cousas raras que pasaron, bueno meo home, vexo que a praia está preto e xa o deixo, voume ver si atopo algo - o home respostou - encantado de coñecelo e que sexa un bo dia pra vostede. Xan, collio un camiño de pe e baixou por el cara a praia, tiña que pasar por preto dunha lagoa na que estaba chea de paxaros de todos tipos, ao chegar a praia, deixou a seo saco na area, e foi cara a beira do mar, había bastantes cousas que truxera o mar e tiña que remexer entre elas,  pero Xan ese dia non tiña presa, estaba melancólico,  sentouse enrriba dunha caixa e...botouse ollar o mar, ese mar que tanto lle dera, que tanto lle quería, e pensou na xente que deixara atras, por segunda vez,  e... na viuva, aquela boa muller que o salvara dunha morte segura...non sei eu, pero Xan...estábase a namorar...

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Bueno, son unha fiel seguidora das aventuras de Xan, pero non esperaba atopar entre elas ó noso Cura Sabio de Villastose. Foi unha persoa culta e moi interesante. Na web de Casa de Trillo (www.casadetrillo.com)gardamos algunha das suas historias. Tamén temos curiosas anotacións súas, debuxos e poemas ¡en galego!. Se me das permiso, Xusto, engado un link con este precioso conto de Xan das Crebas. Rosa

Xusto Fisterra dijo...

Podes por o que queiras, e alégrome que che guste o meo conto,visitarei a páxina, graciñas, unha aperta