Etiquetas

Rexistrado en Safe Creative ______________________________

viernes, 12 de marzo de 2010

O " Madeleine Reig " e a venganza da costa

Hoxe contaréi unha historia ocurrida na primeira metade do século pasado, concretamente esta historia e especial, xa que, algunhas veces esta costa garda con paciencia a sua venganza.
   Erache unha noite de fevreiro, case a raxor  do día 12 do ano 1938,un pequeno veleiro que navegaba rumbo a Camariñas con catro tripulantes e un cargamento de tellas e ladrillos, navegaba pola altura de Nemiña aquel velero chamabase Ocho Hermanos, o vento esa noite escaseaba e cerrara de neboa,de súpito, na proa apareceron unhas luces dun gran barco, o patrón gritalle a tripulación  que encendan os candiles e toquen a rebato,canto mais tocaban,máis se ve viña enrriba aquel vapor,hasta que... pasou limpamente por riba deles, capitán do vapor notando que algo pasara, mandou aminorar a marcha e mandou a tripulacion que miraran cara o mar por ambos costados,e alí estaban, encima dos restos, os catro naúfragos, arriaronlles escalas e cabos e subíronnos a bordo, aquel vapor era o Madeleine Reig , de nacionalidade alemana que viña de Casablanca, con un cargamento de cebada rumbo a Bremen, ao chegar a Coruña entrou no porto e deixou aos naúfragos.
   Pasaron vinte anos e nunha noite moi parecida case ao raxor do dia 30 de maio do 1957, con cerrazón de neboa e sin que ninguén se decatase,o mesmo vapor o Madeleine Reig, que levara por diante a aquel veleiro na mesma zona,camiñando a media marcha foi dereito a pedra do Farelo, preto do coido de Nemiña, deixando cravada a proa,o que sentenciou o seo posterior fundimento, os  23 tripulantes entre os que estaba a filla do capitán foron recollidos por los barcos de Muxía Sofía e mais o Yolanda levandoos para Camariñas, aquela costa estaba agardando a venganza daquel pequeno veleiro galego que anos antes vira afundirse preto dela, o bo desta historia foi que en ningún dos debanditos naufráxios houbo víctimas, pero si que quedou unha bela anécdota para lembrar.

No hay comentarios: