
No inverno, Xan tiña que esforzarse en atopar crebas xa que había moi poucas, un día chamou a un "moino" que mercaba chatarra e quedou para a noite xunta unha caseta vella no muelle pra venderlle uns alpeos e mais unha cadea gorda, e cando estaban a cargar todo no camión, caeulles a garda civil e levounos ao cuartel, e vai Xan e dixolle ao sarxento - bueno,señor sarxento, ¿ podese saber por que me traen a min aquí?,o sarxento dille enerxicamente - ¡ Bueno señor ! no me diga que no lo sabe, o acaso me quiere hacer tonto, pués hubo una denuncia de que estaban robando material del señor Garcia y efectivamente los cogimos a ustedes con las manos en la masa. Vai nese intre sáltalle Xan, - Pois mire señor, boulle a explicar coma foi, o sarxento respondelle - hable señor, hable. - pois mire, como fai mal tempo dende ai varios dias eu como usted xa sabrá iba a plaia a buscar haber si saira algo, xa que teño tres pequerrechos e non paran de decirme que teñen fame, entón ao pasar polo muelle vin a o moino ese e díxome - ¡ señó ! ¿ puede usted venir a echarme una mano con esto y le doi cinco duros ?, e vai eu pensando nos meus cativos dixen - vale ,e como vera usted pensei que o mercara ao señor García, xúrollo pola almiña dos meus pequenos. nesto o sarxento fruncindo o ceño,mira pra Xan, que tiña unha cara de que non mataba nin unha mosca, e díxolle a un guardía - ¡ Sanchez ! ,acompañe a este señor hasta la puerta y a usted le digo que no lo vuelva a ver más por aquí. Xan todo contento saío decindolle - gracias señor sarxento teña vostede a tranquilidade que a Xan " das crebas" non o virá mais por aqui. Ao pobre moino que o colleron ca mercancía e mais o camion caelle un ano de cadea e mais perdío os trinta pesos que lle dera a Xan polo ferro.
Uns dias mais tarde ( continuará )
Uns dias mais tarde ( continuará )
1 comentario:
Nunca había leido un blog en gallego me sorprendiste¡¡¡
Saludos Xusto¡¡¡
Publicar un comentario