Hoxe contaréi a historia de un naufraxio no cal quedou pra posteridade unha lámina cos protagonistas do rescate.
No atardecer do día 20 do mes de San Xoan do 1882, a néboa viña facendo acto de presenza pola punta do cabo do mundo, dándose presa, recollían os aparellos, José Dominguez Pazos e máis os seus dous fillos, que, aínda rapaciños, ningún deles pasaba dos doce anos,de súpeto viron a que pasaba moi preto deles un gran barco, e minutos máis tarde sentiron un gran cruxido e...gristos e lamentos.José mandou a seus fillos apurar e que armaran os remos, bogaron rápidamente cara a onde procedían as voces, ao chegar viron ao Sunrise escorado e con claros signos de irse a pique, acababa de quellar encallado nos baixos de Duyo, quitaron da auga ao maquinista Charles Hall e despois ao mariñeiro Guillermo Castles, este último ao estar medio espido deulle José parte da sua roupa, os demaís tripulantes estaban en dous botes que lle dera tempo de arriar, en total foron 33 os naúfragos daquel barco de 1382 toneladas, encabezando a marcha cara a terra firme ía a lancha de José, atrás viñan as outras duas, era xa de noite cando chegaron. Non se sabe que motivo levou a estes naúfragos a non querer a axuda que lle ofreceo a xente cando estaban en terra.Uns días máis tarde o goberno Inglés recompensóu a este mariñeiro con 124,5 pesetas, algo máis doulle a Sociedade Española de Salvamento de Naúfragos, que lle otorgou unha medalla de bronce e máis 150 pesetas, que boa
falta lle facían xa que este mariñeiro fisterrán tiña sete fillos e a sua dona enferma encamada facía xa catro anos, ademáis el tamen estaba enfermo pero tiña que traballar pra que a súa familia non pasase moitas necesidades.
No hay comentarios:
Publicar un comentario