Van baixando pola ladeira norte do Corpiño, era mais descansada que pola que subiron antes, Xan ollaba pra unha ermida que se vía na beira do mar, ollou ao seo amigo e dí :
as ondas asolagan a memoria
e descenden lentas
no aturuxo da tarde
" un acerbo ronsel
de escuma
coita a brisa
e só o silencio
—temeridade nosa—
é un devalar errante
onde se perde o norte
e o naufraxio
existe " *
de súpeto un gran estrondo sintese ao lonxe,xemidos e gritos de xente que desesperadas buscan unha táboa de salvación,os dous homes corren, as feridas do costado de Xan non lle deixan ir mais depresa o mar estaba bastante malo,pasaron por preto do santuario cando ven o que temían, un pequeno barco de carga encallóu nos baixos preto da costa, o mar, cando viña, azoutaba con forza na amura de estribor facendo que escorase mais botandou a mercede das ondas, un tripulante que estaba na proa lanzoulle un cabo cara os dous homes logrando estes collelo e amarrárono nunha pedra que quedaba máis arriba, os tripulantes tensaron a corda e un deles pasóu cara terra traendo outro cabo, entre os tres improvisaron un andaribel polo cal rescataron aos demais membros da tripulación. Puxéronse a descansar encima dunha gran laxa de pedra que...,de súpeto escomenzóu a balancear, os homes asustados erguéronse - ¡ tranquilos ! non vos preocupedes,dixo o amigo de Xan, esta é a pedra que antiguamente servía como pedra de xustícia, na que, os druidas, determinaban as veracidades ou mentiras si esta se movía ou non .-Xan contestoulle - entón esta e a famosa ...... - ¡ sí ! Xan si, córtalle a palabra o seo amigo eso é, e aquela na cal amarramos a corda e a outra. Xan botandose a mirar cara o santuario quita a gorra e santíguase facendo o mesmo a tripulación do barco, o capitán con gran sentimento dí - mandaréi facer unha maqueta do barco e donareina a este santuario como mostra de agradecemento. O amigo de Xan pasalle a man polo lombo e decíndolle - ¡ vamos ! que a noite está preto. Colleron un camiño e pasaron a carón dunha furna que lle chaman da rechinla, un nome que recibe deste paxaro que cria todos los anos en ela, mais adiante había unha fonte onde beberon e limparon as feridas,despois seguiron cara o pobo, o chegar Xan e o amigo fanlle saber as autoridades o sucedido deixando a tripulación baixo a sua custódia e mentres os dous homes foron cara a casa do amigo para tomar algo e pasar a noite.....( continuará )
*poesía extraída de PUNTA ARNELA, Lento bruar de Modesto Fraga
2 comentarios:
Estimado Xusto :
Acabo de escribir un post en mi blog, O FARO DE FISTERRA.
Alli digo lo mucho que me gusta tu blog. Solamente me gustaria que agrupases tus temas por etiquetas. Para que asi, cuando me gusta un tema, seguirlo a fondo.
Un abrazo afectuoso (desde muy cerca)
Muchas gracias José, por la puntualización, ya hice las etiquetas,un saludo
Publicar un comentario