Os Ostrenimyos eran un pobo pequeno,e coma todos tiña a necesidade de facerse forte, grande e numeroso por ter medo de ser absorbido polos outros pobos conquistadores, asentáronse no val de Duggium, e como era importante que as suas mulleres fecundaran e deran novos guerreiros, esto buscaronno nas montañas dos altos seos, que era o promontorio visto dende o val o cal parecían os seos dunha muller cos seos pezon listos pra ser amamantados. Subiron a ela e levantaron un altar o "Ara Solis" o altar ao sol fecundo ,este estaba formado por catro columnas de pedra rematando nunha cúpula semicircular, esta cúpula era a primeira en recibir os raios de sol ao sair polo monte do Pindo, recibía tamén os raios cando estaba o sol no mediodía, pero, estes raios debilitábanse cando ia o sol morrendo no mar, o que, para os Ostrenimyos interrumpía o proceso de fecundidade, xa que, o " Ara Solis" tiña que recibir os raios do sol dende o seo nacemento ata a sua morte no mar. Para elo alinearon sobre a ladeira do monte que da cara o ocaso do sol, montículos de pedras de forma que levasen cara o "Ara Solis",os raios do sol cando ía camiño do seo ocaso. As pedras foron postas en catro montículos de dito monte que recibe os últimos raios solares, para que, en distintas épocas do ano, levasen os raios do sol ao outro seo, o cal tiña que amamantar o último acto da fertilidade, e que, o monte non se fora oscurescendo ata que o "Ara Solis" recibirá os últimos raios de sol.
As mulleres que non eran fertiles, eran levalas ao "Ara Solis" pra ser fecundadas mentres éste recibía os raios do sol. O fruto, si non vía a luz ca cal fora bendito, a muller sería sacrificada. Estas ainda terían unha segunda oportunidade, levábanas as montañas das pedras sagradas e poñíanas entre duas grandes rochas, si estas se movían terían outra oportunidade de fecundar e si non serían sacrificadas. A muller será posta nunha cova cuberta de grandes pedras na cal estaba chea de serpes e culebras as cales darían morte a condenada.
Bibliografía consultada: Mar tenebroso: "a costa da morte do sol" .RamónAllegue Martínez.
| ||
1 comentario:
Amigo Xusto:
Debesme outro capitulo xa de xan... que quero saber a onde vai...
E interesante todo o que contas da historia da vila, imaxino que non tes a verdade absoluta (coma outros blogueros XD) pero os datos que aportas son curiosos e amenos... non parecen testamentos...
O bo da historia e que co paso do tempo ninguen sabe a ciencia certa como empezou...
Publicar un comentario