Etiquetas

Rexistrado en Safe Creative ______________________________

lunes, 22 de febrero de 2010

O " MARIA BENITA "

Libros e comentarios de naufraxios ai moitos, pero hoxe comentaréi un do que me falou o meu amigo Gabriel Satti, e un dos típicos naufráxios sin victimas dos que non se soe falar moito pero con unha cousa que o fai especial, que a pesares de ser no 1947 quedounos un documento fotográfico para o recordo,este barco era o "María Benita " tiña once metros de eslora e unhas dez toneladas de rexistro bruto, outra peculiaridade é que era uns dos primeiros no porto de Fisterra en ter un motor a gasoil, o armador e patrón era o xuiz de paz de Fisterra por aquel tempo chamabanlle Juan "de Benita", tamen iban o seo irmán Pepe, Manolo "de cuello", o seu sobriño Victorino, Juan "da cova", Jose "de cusculias", Segundo "da chona" e de motorista iba Roque Insua.
   Aquel día, a tripulación estaba preparando os palangres do concro para despois ao redor das once da noite sair cara  o "mar d´area ", mar de fora a largalos e ter o asexo. Despóis de darlle unhas catro horas,,foron a recollelos pero o vento e a chuvía arreciaban, vestiron o sudeste, pero o vento iba a máis, Juan "de Benita", mandóu refuxiarse aos seos homes no rancho do medio, e puxo rumbo a casa. Sobre as oito e media da mañan,estaban frente ao faro do cabo Fisterra, vixíabaos dende este o sobriño de Juan que estaba a facer o servicio militar, o barco subía e baixaba, a auga entráballe as máquinas cando se puxo de través para virar,do golpe que le deu saltaronlle as tapas dos cuarteles,logo deulle a popa e enfilou cara Fisterra, tiña que parar a veces a marcha para non embalarse na "popada",xa que de facelo podíase meter a proa na rutía que o precedía,e.....xa non subiría o barco quedando a  merced da seguinte. Sobre as dez menos cuarto pasan frente a cabanas, achicando a auga que entraba pola borda, lentamente avanzaba, quedáballes unha milla pra chegar, e sobre as once,viran a babor e encallan o barco na práia da Ribeira, alí estabanos agardando case que todo o pobo, lágrimas, risas, e sobre todo este documento fotográfico que nos lembra o que sucedeo o un de Fevreiro do ano 47.
   
    Esta historia, vai dedicada a todos os que perderon a vida nestas augas.
    Tamén quero darlle un agradecemento especial a meo amigo Gabriel por facilitarme esta documentación.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Me encanta tu forma de escribir y expresar Galicia coma lo expresas. Siento no escribirlo en gallego, mas mi vergüenza y atrevimiento no dan para más. Te leo desde Valencia, aúnque mi alma es Betanceira. Y el leer, o leerte no es nunca una perdida del tiempo.
He descubierto este blog, gracias a una buena amiga de A Coruña.
saludos.