Na metade do século pasado había en case todos pobos costeiros da Costa da Morte xente que se adicaba, a patear as plaias en busca de obxectos que a bravura deste mar arroxara nelas. Estes homes eran os "crebeiros", habíaos que o facían ocasionalmente cando a furia do inverno deixaba aos mariñeiros moitos dias sin ir a pescar, e sin ter un corrocho de pan que levarlle aos fillos, e tamén , había quenes eran semiprofesionais que combinaban esta laboura coa do campo.
Xan das crebas, era un destes últimos, tiña un gran renome na bisbarra, sempre que ia a plaia atopaba algo, ben fora tablons, caixas, botes de manteiga, e restos dalgún naufráxio que por desgracia abundaban naqueles anos. Xan, era forte e alto, pero tamen teimudo, e non lle gustaba nada que lle "enbalaran o mar". Cando, chegaba a praia antes da raxor do día e decatábase que non era o primeiro, argallaba algunha fechoría pra "espantar" aos outros crebeiros,claro que, xa levaba pensado o que facer ( esto hoxe en día chamase o plan "B" ). Pois, un dia de inverno duro, estando Xan baixando pra praía, sentío que se lle viña acercando unha
persoa que traía unha caixa bastante pesada, douse conta por que sentíao respirar moi apresa , tanto que case afogaba ." ¡Moi ben! ",pensou Xan, hoxe vaime ser doado, e nisto tirouse ao chan, desabrochou a camisa e deixando que o mar lle mollara asta os tobillos, fixose o morto. O outro home ao chegar a sua altura dixo: -¡arredemo, un morto! , ao mesmo tempo que arroxaba a caixa e correndo como si vira a mesmisima "rolda" marchose co pasmo no corpo, levou dous dias sin verse por as praias. Así era Xan, pero non creades que non tiña sentimentos, pois dunha vez atopou a un crebeiro chorando no camiño a praia.....( continuará )
1 comentario:
Venga va!! Continua!!
Publicar un comentario